Sipnose:
Os baixos fondos de Estocolmo son un sumidoiro ao que van todos os refugallos da sociedade sueca. Todos queren defender o seu territorio e lucrarse a calquera prezo. A enigmática desaparición dunha muller, será o nexo de unión de tres criminais cun obxectivo común: vingarse do gran capo Radovan. Jorge, JW e Mrado forman parte da fisonomía dos baixos fondos de Estocolmo.
Premios e mencións: 2010 · Premios Guldbagge (Suecia): Mellor actor (Joel Kinnaman) e fotografía
Crítica:
"Este melodrama jazzístico-criminal é apaixoante e estimulante grazas ao impresionante dominio de Espinosa dunha ampla gama de habilidades cinematográficas…" Kenneth Turan (Los Angeles Times)
"Cunha potencia visual distante tanto do modelo clásico dos padriños como da vertente scorsesiana (…) Espinosa utiliza un rosario de historias paralelas que converxen nun protagonista que atrapa pola súa complexidade…" Javier Ocaña (El País)
Non deixedes de comentarnos as impresións que vos suscitan os filmes programados, neste blogue ou nas redes sociais nas que participamos, apreciamos os vosos comentarios.
Pregunta no mostrador de entrada ao salón de actos da Casa da cultura, (onde estaba a Biblioteca) rúa Concello núm. 11 de Ourense, ½ hora antes de cada sesión.
Ningún comentario:
Publicar un comentario