Sipnose:
Verán. Un lago de augas azul turquesa arredor do cal congréganse un grupo de bañistas. Homes que encontran o seu solaz xuntos na súa beira ou no bosque contiguo. Franck pasa o tempo entre a amizade (ou amor platónico) co bochudo Henri e as aventuras amorosas con Michel, adonis escuro e perigoso.
Premios e mencións: 2013 · Festival de Cannes: mellor director (sección «Un Certain Regard») :: Festival de Sevilla: mellor película e mellor fotografía :: Premios César: mellor actor revelación (Pierre Deladonchamps)
Crítica:
"A pura franqueza de Guiraudie sobre o sexo é refrescante cando tantas películas que supostamente son para adultos confórmanse só con insinuar dun xeito cohibido e con timidez… " Peter Bradshaw (The Guardian)
Lembrade tamén que os luns, temos «sesión de Filmoteca» as 20:30 e 23 h. e cunha cota xeral de entrada de 2 €.
Non deixedes de comentarnos as impresións que vos suscitan os filmes programados, neste blogue ou nas redes sociais nas que participamos, apreciamos os vosos comentarios.
Pregunta no mostrador de entrada ao salón de actos da Casa da cultura, (onde estaba a Biblioteca) rúa Concello núm. 11 de Ourense, ½ hora antes de cada sesión.
Ningún comentario:
Publicar un comentario