27/09/17

Outubro de 2017

Sesións de outubro

Filmoteca CGAI


A Revolución rusa é un dos acontecementos máis importantes do século XX, non só polo que supuxo para o Imperio ruso, que pasou a ser a URSS, senón pola transformación radical da economía e a sociedade soviética.

Detemos a mirada, en tres filmes sobre a historia rusa, xunto cos últimos filmes cataláns e unha xoia, recuperada do cine checo de ciencia ficción.





«Outubro 1917-2017» · cartel deseñado por Iñaki Nóvoa (cineclupePF)


Persuadidos da situación doente e case revolucionaria actual, concordamos con Manu Chao, na letra de "Outro mundo"...soñei outro mundo tan lonxe e tan preto...e serve de ambientación musical, ao avance visual [.mp4 • 20'7 MB] da programación que vos presentamos, que ocupará o mes de outubro ata o OUFF, e que volverá oportunamente, despois do mesmo.


(Atentos, aos horarios do 17 e 19 de outubro)

Agardamos gocen.





2 Out. 2017
Lun.

«Belle Dormant» Bela dormente

Dirixido por · (2016)
No reino de Letonia, o novo príncipe Egon pasa as súas noites tocando a batería. De día, só unha idea rolda a súa cabeza: internarse no reino de Kentz para atopar á Bela Dormente e romper o feitizo. Pero o seu pai, o rei, incrédulo das lendas, oponse totalmente. Será Maggie, arqueóloga da UNESCO, quen lle proporcionará a clave.

SESIÓN:
COTA:
  20:30 e 23 h. (CUT+1)
  socios/as 2  (consultar non asociados/as).



  4 Out. 2017
Mérc.

«Estiu 1993» Verán 1993

Dirixido por · (2017)
Frida (Laia Artigas), unha nena de seis anos, afronta o primeiro verán da súa vida coa súa nova familia adoptiva trala morte da súa nai. Lonxe da súa contorna próxima, en pleno campo, a nena deberá adaptarse á súa nova vida.

Premios
2017: Festival de Berlín: Mellor ópera novel, Gran Premio do Xurado Int. (Secc. KPlus)
2017: Festival de Málaga: Biznaga de ouro, Premio Feroz da crítica


SESIÓNS:
COTA:
 18, 20:30e 23 h. (CUT+1)
  socios/as 4  (consultar non asociados/as). Posibilidade de desconto



9 Out. 2017
Lun.

«The Duke of Burgundy»

Dirixido por · (2014)
A paixón dunha muller polo estudo das bolboretas e as trazas pon a proba a relación coa súa amante. Día tras día, Cynthia (Sidse Babett Knudsen) e Evelyn (Chiara D'Anna) interpretan un provocativo ritual que que consiste en castigar a Evelyn cunha sesión de pracer e sadomasoquismo fetichista. Cando unha das dúas desexa unha relación máis convencional, entón a obsesión erótica da outra convértese nunha adicción incontrolable.

Premios
2015: Premios do Cinema Europeo: Mellor música
2014: Festival de Mar del Plata: Selección oficial longametraxes a concurso


SESIÓN:
COTA:
  20:30 e 23 h. (CUT+1)
  socios/as 2  (consultar non asociados/as).



  11 Out. 2017
Mérc.

«Júlia Ist»

Dirixido por · (2017)
Antes de irse a Berlín de Erasmus, o futuro parecía moi claro para Júlia, unha estudante de arquitectura de 21 anos. Unha vez alí, completamente soa por primeira vez, dáse conta de que non se coñece tan ben a si mesma como pensaba e que non ten nin idea do que quere facer. Terá que asumir o reto de construírse unha nova vida nunha cidade enorme e chea de xente.



SESIÓNS:
COTA:
 18 · 20:30 e 23 h. (CUT+1)
  socios/as 4  (consultar non asociados/as). Posibilidade de desconto



16 Out. 2017
Lun.

«Ikarie XB 1» (Viaxe á fin do mundo)

Dirixido por · (1963)
A tripulación dunha nave espacial busca un planeta que estea menos podrecido que aquel de onde proveñen. Durante a súa travesía descobren unha nave abandonada manexada por cadáveres.

SESIÓN:
COTA:
  20:30 e 23 h. (CUT+1)
  socios/as 2  (consultar non asociados/as).



17 Out. 2017
Mart.

«Oktyabr» · Outubro

Dirixido por e · (1928)
Reconstrución dos acontecementos ocorridos desde Febreiro ata Outubro de 1917. Unha película na que, seguindo a filosofía comunista, non había personaxes principais.

(Acompañamento musical en vivo, do grupo CASPERVEK TRIO)

A habilidade de Eisenstein e a súa experiencia vese nos rápidos movementos e no ritmo na montaxe, así como na construción de intensas secuencias que non foron ben entendidas polas novas xeracións rusas. O estreo atrasouse ata 1928 debido á presión dalgúns grupos influentes e, ademais, cortáronse algunhas escenas. Aparecen no filme moitos dos protagonistas da revolución: os Gardas Vermellos, os soldados e os mariñeiros.

SESIÓNS:
COTA:
 20:30 h. (CUT+1)
  socios/as de balde  (consultar non asociados/as). Sen posibilidade de desconto



18 Out. 2017
Mérc.

«Russkiy kovcheg» · A Arca Rusa

Dirixido por · (2002)
O Marqués de Coustine, un diplomático francés do século XVIII cunha relación de amor/odio cara a Rusia atópase nunha viaxe no tempo no Palacio de Inverno de San Petersburgo -desde os tempos de Pedro o Grande ata os nosos días. Con él, un invisible realizador ruso (en off), que está confuso sobre a posición de Rusia en Europa.

Premios
2002: Festival de Cannes: Nomeada á Palma de Ouro (mellor película)
2002: 2 nominacións nos Premios do Cine Europeo: Mellor director, mellor fotografía


SESIÓNS:
COTA:
 18 · 20:30 e 23 h. (CUT+1)
  socios/as 4  (consultar non asociados/as). Posibilidade de desconto



19 Out. 2017
Xov.

«Doctor Zhivago» · Doutor Zhivago

Dirixido por (1965)
Rusia, revolución bolchevique (1917). A guerra civil que segue á revolución mantén ao país profundamente dividido. No medio do conflito, asistimos ao drama íntimo dun home que loita por sobrevivir. Este home é Zhivago, poeta e ciruxán, marido e amante, cuxa vida trastornada pola guerra afecta ás vidas doutros, incluída Tonia, a súa esposa, e Lara, a muller da que se namora apaixonadamente.

Premios
1965: 5 Oscars: mellor guión adaptado, dirección artística, fotografía, BSO e vestiario
1965: 5 Globos de Ouro: mellor drama, director, actor (Sharif), guión e música
1965: Círculo de críticos de Nova York: Nomeada a Mellor director
1966: Festival de Cannes: Nomeada á Palma de Ouro (mellor película)


SESIÓNS:
COTA:
 18 h. (CUT+1)
  socios/as de balde  (consultar non asociados/as). Sen posibilidade de desconto







Todas as proxeccións son en VOSE, na Casa da Cultura, no salón de actos da Biblioteca Pública (rúa Concello 11 - Ourense). Pregamos puntualidade.




Horarios CUT+1




Ningún comentario: