Filmoteca
Ciclo Imaxinario
Extra: IV Ciclo de cine e medicina
Sesión especial
Durante a ocupación das fábricas e as reivindicacións obreiras de finais da década dos sesenta nas localidades francesas de Sochaux e Besançon, un grupo de cineastas, liderado por Chris Marker, Jean-Luc Godard e Bruno Muel, achegáronse a filmar aos activistas obreiros. O rexeitamento que os filmes produciron nos obreiros levou aos realizadores militantes a propoñerlles que se filmaran eles mesmos. Así xurdiron Os Grupos Medvedkin, ou "Numax presenta" de Joaquin Jordá, e logo un cento de cineastas que construíron un imaxinario social instituínte e autónomo... como diría Edgar Morin o imaxinario explícase de xeito que un homo sapiens é tamén un homo demens. A sociedade críase ao través de imaxinarios sociais que vinculan aos homes e mulleres e dan sentido ao seu accionar.
Así as relixións, ideoloxías ou as utopías políticas proporcionan crenzas comúns que estruturan un vínculo social a través dun imaxinario colectivamente compartido. Esas son precisamente parte das historias que presentamos neste novo ciclo, unha serie de transformacións sobre o real grazas á imaxinación.
Antes de pensar? imaxina! A imaxinación é o proceso de creación e de deformación das imaxes...en silencio e ás escuras nunha sala cinematográfica, como se dunha catedral fose, pode voltarnos inmortais; o noso corazón pode ter esperanzas e expectativas, pode namorarse e viaxar por moito tempo, como as sensacións que transmite a música que acompaña o avance visual [.mp4 • 20'7 MB] da programación, baseado dunha canción orixinal da compositora brasileira Zélia Duncan, interpretado con apenas 19 anos por Tanita Tikaram no seu primeiro disco. Que vos preste. Ollo aos horarios...
(Sesións diferentes ao habitual; 10, 15 de xaneiro, 2, 5 e 7 de febreiro)