Volven nas noites de xullo as marxes fílmicas cunha selección de cine clásico de comedia que salpimente unha obrigada nova normalidade.
Esta só é unha pequena mostra dos filmes que avanzan os festexos que estamos a preparar para celebrar os 50 anos do cineclube. Coma sempre antes do teatro da MIT, agardamos veros no patio do Museo Etnolóxico de Ribadavia.
Os filmes proxéctanse na segunda e terceira semana do mes de xullo, os luns e mércores, os días 6, 8, 13 e 15 de xullo do 2020 nunha única sesión, ás 22:00 h. en VOSE e acceso de balde.
De seguido o detalle da programación:
6 xullo 2020
luns
«Whisky Galore!» Whisky a fartar!
Alexander Mackendrick · (Reino Unido, 1949) 82 min.[ND]
Durante a II Guerra Mundial (1939-1945), un barco cargado de whisky naufraga fronte a illa escocesa de Eriskay. Os insulares, que xa levaban un tempo sen catar nin pinga de alcohol -unha traxedia local-, empezan a darlle ao maxín para burlar as autoridades e apoderarse do cargamento. Unha historia baseada en feitos reais -tan lonxe, tan preto- cargada do máis sutil humor inglés
Premios
1949: BAFTA; nomeado ao mellor filme británico
SESIÓN:
COTA:
22:00 h. (CEST)
De balde (até completar o aforo.)
8 xullo 2020
mérc.
«The Odd Couple» A estraña parella
Gene Saks · (EUA, 1968) 105 min. [ND]
Dous divorciados deciden compartir un apartamento en Nova York malia os seus caracteres e estilos de vida, que son absolutamente incompatibles. A obsesión pola limpeza e a orde do meticuloso Felix resulta desesperante para Óscar, un tipo que é quen de pór o apartamento patas arriba á velocidade do raio.
Jack Lemmon e Walter Matthau conforman unha das mellores parellas da comedia.
Jack Lemmon e Walter Matthau conforman unha das mellores parellas da comedia.
Premios
1968:Oscar; 2 nominacións; mellor guión adaptado e montaxe.
1968:Globos de ouro; 3 nominacións, incluíndo mellor filme comedia/musical.
SESIÓN:
COTA:
22:00 h. (CEST)
De balde (até completar o aforo.)
13 xullo 2020
luns
«I soliti ignoti» Rufufú
Mario Monicelli · (Italia, 1958) 100 min. [ND]
Un grupo de ladróns de pouca monta, aconsellados por un vetrerano dese nobre oficio, prepara un gran roubo nas oficinas romanas do Monte de Pietà -institució vinculada historicamente ás esmolas dos pobres-, coa esperanza de saír da miseria en que viven. O xurado do Festival de San Sebastián recoñeceu en 1958 a Monicelli como mellor directorex-aequo (con Hitchcock, por Vértigo).
SESIÓN:
COTA:
22:00 h. (CEST)
De balde (até completar o aforo.)
15 xullo 2020
mérc.
«Duck soup» Sopa de ganso
Leo McCarey · (EUA,1933) 70 min. [ND]
Unha das desputas máis divertidas da historia do cine: a que enfronta a República Democrática de Freedonia, un pequeno país centroeuropeo, a cuxa fronte está "o moi liberal señor Rufus T. Firefly", e Sylvania, un país ditatorial cunha ben merecida fama de mal veciño. Descubriremos a rivalidade territorial a través de Chicolini e Pinky, os espías de Sylvania, ou... ou se cadra non.
SESIÓN:
COTA:
22:00 h. (CEST)
De balde (até completar o aforo.)
Advertimos como sempre no cine ao aire libre, que a programación pode verse condicionada polas circunstancias meteorolóxicas.
Horarios CUT+2
Participa co cineclube, e comentándonos as túas impresións sobre os filmes que proxectamos, neste blogue ou nas redes sociais nas que participamos, apreciamos moito os vosos comentarios.
Todas as proxeccións son en VOSE. A calificación por idades de cada filme sigue o seguinte patrón; [A] apto, [+N] recomendado para maiores da idade que marque N, [ND] Non dispoñible a calificación no ICAA.
Pregamos pontualidade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario