Sesións maxistrais
Sesións de filmoteca
Sesións de ciclo dos mércores
IX Ciclo Colexio de médicos
Sesión especial [+ Info]
No habitual tempo de distraccións que pode producir unha campaña electoral, suxerimos abstraernos por un momento da hiperrealidade representada.
Presentamos unha ducia de filmes que conxugan tenrura, reflexión e emoción. Non temos fe na realidade, mais non somos pesimistas como Calvino. A nosa cidade invisible habita nunha sala escura. Chámase Eutropia e non é unha cidade, senón moitas. Todas as que poidas imaxinar na penumbra, tan só tes que deixarte levar, quedar e voltar.
Non esquezades botarlle un ollo ao avance visual [.mp4 • 23'4 MB], e xa sabedes que tamén temos á vosa dispoción as follas de sala de cada filme.
A continuación o detalle da programación que se estenderá ata a semana santa, co rogo de atención que toda se desenvolve na Casa de cultura (Rúa Concello núm. 11 de Ourense).
Sesións maxistrais
«Aparajito» O invencible
Relata a mocidade de Apu en Benarés, o seu desexo de independizarse e estudar en Calcuta para poder levar unha vida diferente á que coñeceron os seus pais. Segundo filme da "Triloxía de Apu"
[Contexto]
O 15 de agosto de 1947, a India británica deixou de existir. Proclamouse oficialmente a independencia e formáronse dous novos estados soberanos: India e Paquistán. Entre 1947 e 1950 teñen lugar algúns acontecementos como o conflito civil, o problema dos refuxiados, o asasinato de Mahatma Gandhi o 30 de xaneiro de 1948 e a guerra entre India e Paquistán pola cuestión de Caxemira. O período comprendido entre 1950 e 1966 caracterízase polo apoxeo do Partido do Congreso, cos Gobernos de J. Nehru e despois de Shastri. Dedicáronse intensamente á reconstrución e desenvolvemento do país. Nos anos posteriores a India quedou marcada pola súa independencia, o declive político do Partido do Congreso, a firma do Tratado coa URSS en 1971 e a perda das eleccións do Congreso en 1977.
O director estaba profundamente afectado pola xente e as condicións socioeconómicas reinantes en Bengala. Aínda que as súas películas teñen un interese humanista universal, a vida das diversas clases sociais de Bengala, o conflito dos novos e antigos valores, e os efectos das rapidamente cambiantes condicións económicas e políticas da India son algúns dos temas recorrentes na súa obra.
A película forma parte da triloxía composta por "Pather Panchali", "Aparajito" (O invencible) e "Apur Sansar" (O mundo de Apu). As películas —concluídas entre 1955 e 1960— están baseadas nas novelas do bengalí Bibhutibhushan Bandopadhyay. Esta triloxía ten a influencia de Jean Renoir e do neorrealismo italiano. A música da triloxía foi composta por Ravi Shankar.
Premios
1955: Festival de Venecia; León de Ouro
"Desenvolve unha especie de hipnotismo para o espectador sereno e tolerante que é capaz de sentar 1 hora e 48 minutos e deixar que impresionantes imaxes en branco e negro pasen diante dos seus ollos"
(Bosley Crowther, The New York Times)
Filmoteca
«La delgada línea amarilla»
A viaxe de cinco homes que son contratados para pintar a liña divisoria dunha estrada que conecta dous pobos de México. A bordo dunha vella camioneta, cinco solitarios que, por azares do destino, únense co único propósito de gañar uns pesos, pero sen buscalo, esta viaxe cambiará a súa maneira de ver e entender a vida. Ao finalizar o percorrido, comprenderán que existe unha delgada liña entre o ben e o mal; entre a risa e o pranto; entre a vida e a morte. Cada un descubrirá que carga coa súa propia historia, o seu propio soño e como apreciar, odiar e, ao final, amar a vida.
"Formidable e agradable sorpresa. Celso García, que só dirixira curtas, debuta na longametraxe escribindo e dirixindo unha preciosa película, road movie moi especial, que contou entre os seus produtores con Guillermo del Toro."
(CCPF)
IX Ciclo Colexio de médicos
«Un beau matin» Unha fermosa mañá
Unha muller cunha filla de oito anos vive co seu pai, que padece unha enfermidade neurodexenerativa. Mentres loita por conseguir un fogar de anciáns decente, atópase cun amigo co que inicia unha aventura… aínda que este atópase nunha relación.
“Un relato emotivo e triste sobre as dependencias afectivas e filiais”
(Ángel Quintana, Caimán)
+ [ INFO. do resto do ciclo ]
Sesións de ciclo dos mércores
«Robot dreams»
DOG é un can solitario que vive en Manhattan. Un día decide construír un robot, un amigo. A súa amizade medra, até facérense inseparables, ao ritmo do Nova York dos oitenta. Unha noite de verán, Dog con gran pena, vese obrigado a abandonar a ROBOT na praia. Volveranse atopar? Baseada na popular novela gráfica de Sara Varon.
Premios
2023: Goya; Mellor guión adaptado e mellor filme de animación
2023: Cine europeo; Mellor filme de animación
2023: Oscar; Nomeada mellor filme de animación
2023: Festival de Annecy; Gran Premio Contrechamp
2023: Festival de Sitges; Premio do Público
"Abraiante, conmovedora delicia que, desde un debuxo de liña clara e co sentimento a flor de pel, alíñase co mellor da animación xaponesa"
(Sergi Sánchez, La Razón)
Filmoteca
«Femme»
A vida e a carreira de Jules como drag queen quedan destruídas por un brutal ataque homófobo. Pero cando se reencontra nunha sauna gai co seu agresor, Preston, que mantén oculta a súa orientación sexual, preséntaselle a oportunidade de vingarse. Irrecoñecible sen a súa perruca e maquillaxe, Jules infíltrase na vida de Preston e, ao facelo, inicia unha perigosa sedución
"Este thriller erótico queer mantén a tensión ao longo da súa metraxe, expondo cuestións que, aínda que xa moi abordadas na actualidade, non por iso resultan menos relevantes nos tempos que vivimos, onde homes brancos en plena Porta do Sol de Madrid impunemente destrúen bandeiras do orgullo"
(Daniela Urzola, Caimán)
Sesións de ciclo dos mércores
«Perfect days»
Hirayama traballa como limpador de baños en Tokio. Parece contento coa súa vida sinxela. Segue unha rutina estruturada e dedica o seu tempo libre á súa paixón pola música e os libros. Hirayama tamén ten afección polas árbores e mais a fotografía. Máis do seu pasado revélase gradualmente a través dunha serie de encontros inesperados.
Premios
2023: Festival de Cannes; Premio ao mellor actor (Kôji Yakusho)
"Perfect Days acaba sendo a mellor película de Wenders en moitos anos. O cineasta segue silenciosamente coa súa cámara o traballo e os desprazamentos do seu personaxe: un home que parece afastarse da súa vida anterior para reencontrarse a si mesmo noutra existencia. Algúns ecos de Yasujirô Ozu, a quen o director alemán xa rendera a a súa particular homenaxe en Tokyo Ga (1985), fíltranse no estado de espírito, na vibración anímica do filme, na aceptación coa que o protagonista vive o seu traballo e na harmonía coa que se integra nun emprego e nunha tarefa que diríanse propios doutro perfil social, seica menos cultivado e quizais cun status económico moito menor"
(Carlos F. Heredero, Caimán)
Filmoteca
«Á procura da estrela»
Xoel, un fonografista viaxeiro, chega a Serra dá Estrela para rexistrar os sons en vías de extinción da montaña máis alta de Portugal. Unha misteriosa melodía conduciralle a perderse no macizo. A partir dese momento, a viaxe de Xoel converterase nunha fráxil analogía do conto que dá nome á rexión: A lenda do pastor e a Estrela.
"Tomando como referencia a súa paisaxe, a súa climatoloxía e os seus singulares habitantes, o filme conxuga ficción e documental para intentar ilustrar a idiosincrasia do territorio denominado Serra da Estrela"
(Novoscinemas.com)
Sesións de ciclo dos mércores
«Kaibutso» Monstro
Cando o seu fillo Minato empeza a comportarse de maneira estraña, a súa nai sente que algo vai mal. Ao descubrir que o responsable de todo isto é un profesor, irrompe na escola esixindo saber que está a pasar. Pero a medida que a historia se desenvolve a través dos ollos da nai, o profesor e o neno, a verdade vai saíndo á luz, pouco a pouco...
Premios
2023: Festival de Cannes; Mellor guión
"Un poderoso drama social ao estilo 'Rashomon' cun reparto que volver ser excelente"
(Pete Hammond, Deadline)
Sesións maxistrais
«Apur Sansar» O mundo de Apu
Apu, que logrou trágicamente a súa ansiada independencia, sente reforzada a súa ansia de coñecemento. Os seus desexos de escribir, soñar e amar parecen cumprirse cando coñece a Aparna e casa con ela. Terceira e última parte da "triloxía de Apu".
[Contexto]
O 15 de agosto de 1947, a India británica deixou de existir. Proclamouse oficialmente a independencia e formáronse dous novos estados soberanos: India e Paquistán. Entre 1947 e 1950 teñen lugar algúns acontecementos como o conflito civil, o problema dos refuxiados, o asasinato de Mahatma Gandhi o 30 de xaneiro de 1948 e a guerra entre India e Paquistán pola cuestión de Caxemira. O período comprendido entre 1950 e 1966 caracterízase polo apoxeo do Partido do Congreso, cos Gobernos de J. Nehru e despois de Shastri. Dedicáronse intensamente á reconstrución e desenvolvemento do país. Nos anos posteriores a India quedou marcada pola súa independencia, o declive político do Partido do Congreso, a firma do Tratado coa URSS en 1971 e a perda das eleccións do Congreso en 1977.
O director estaba profundamente afectado pola xente e as condicións socioeconómicas reinantes en Bengala. Aínda que as súas películas teñen un interese humanista universal, a vida das diversas clases sociais de Bengala, o conflito dos novos e antigos valores, e os efectos das rapidamente cambiantes condicións económicas e políticas da India son algúns dos temas recorrentes na súa obra.
Última película da triloxía composta por "Pather Panchali", "Aparajito" (O invencible) e "Apur Sansar" (O mundo de Apu). As películas —concluídas entre 1955 e 1960— están baseadas nas novelas do bengalí Bibhutibhushan Bandopadhyay. Esta triloxía ten a influencia de Jean Renoir e do neorrealismo italiano. A música da triloxía foi composta por Ravi Shankar.
"Son películas que hai que ver - cinema humanista na súa mellor versión"
(Alan Morrison, Empire)
Filmoteca
«Iberia, Naturaleza infinita»
Un aguia real, expulsada do seu territorio, emprende unha aventura de supervivencia ao longo e ancho da península ibérica. Partindo desde os altos cumes da cordilleira cantábrica, surcará os ceos nun periplo cheo de historias sorprendentes, ata chegar ás Serras Béticas. Un relato no que estará acompañado por algunhas das especies máis emblemáticas da nosa fauna.
"Un traballo impecable no técnico aproveitándose de toda a tecnoloxía posible, ben sexa a través de cámaras ou a vista de dron"
(elcinedeloqueyotediga.net)
IX Ciclo Colexio de médicos
«Sur L’ Adamant» No Adamant
O Adamant é un centro único. Unha estrutura flotante ubicada no Sena no corazón de París, acolle a adultos que padecen trastornos mentais, ofrecéndolles o tipo de atención que lles ancora no tempo e o espacio. O equipo que o dirixe trata de resistir o deterioro e a deshumanización da psiquiatría.
Premios
2023: Berlinale; Oso de ouro ao mellor filme
“Un delicado prodixio (…) é unha homenaxe clara, transparente, emotivo e moi profundo á sanidade sa, á sanidade responsable, á sanidade con medios, á sanidade pública, á sanidade, como a propia tolemia, de todos. E en todo iso, a denuncia”
(Luis Martínez, El Mundo)
+ [ INFO. do resto do ciclo ]
Sesións de ciclo dos mércores
«Het smelt» O desxeo
Trece anos despois dunha mala experiencia durante nun sufocante verán que se saíu de control, Eva, unha moza de 26 anos, regresa ao seu pobo natal cun bloque de xeo na parte traseira do seu automóbil. Ao volver, terá que adaptarse e afrontar, dunha vez por todas, o seu escuro pasado e enfrontarse aos seus torturadores.
Premios
2023: Festival de Sundance; Premio especial do xurado
"Baetens fai un debut impresionante cunha fascinante adaptación do bestseller de Lize Spit...sostendo coidadosamente o balance entreelementos de thriller e historia iniciática"
(Alan Hunter, Screendaily)
Pregamos puntualidade.
Dada a situación habitual desta época do ano, lembramos usar a máscara de protección dentro da sala para así previr o contaxio de catarros ou de COVID...que aínda sigue!.
Os símbolos desta web son; VO; Versión orixinal, VOS (Versión orixinal subtitulada, en castelán VOSE, en galego VOSG), VD; versión orixinal ou dobrada cos mesmos patróns E español /G galego / CAT catalán / EUS euskera / E-Aame español americano / PT portugués.
A calificación por idades de cada filme sigue o seguinte patrón; [A] apta para todos os públicos, [+7] recomendado para maiores de 7 anos, [+12] recomendado para maiores de 12 anos, [+18] recomendado para maiores de 18 anos, e [ND] Non dispoñible ou [SC] sen clasificación no ICAA.
Tamén podes consultar aquí... a programación extraordinaria na que colabora o cineclube, o blog Sala de máquinas (que da acceso tamén ás follas de sala, organigrama e transparencia), clube de cine Nós #CCPF, a web da Biblioteca pública Nós, os cineclubes de Ourense (que da acceso tamén á Federación de cineclubes de Galicia), á base de datos do ICAA ou ás base de datos de filmaffinity e IMDB.
ADVERTENZAS:
Non se permite o acceso á sala unha vez comenzada a sesión. Tampouco se permite o uso do teléfono móbil unha vez comezada a proxección * sendo motivo en caso contrario de expulsión da sala, sen dereito á reclamación. (En caso de socio/-a será proposto de expulsión da asociación).
(*) Agás para os filmes con audiodescripción, así sinalizados [ AD))) ].
----------
(*) A audiodescripción estará disponible mediante a aplicación gratuita da fundación ONCE; "AUDESCMOBILE".
(Non é preciso software o hardware adicional. O/A usuario/a tan só ten que instalar a aplicación no seu móbil, descargar a audiodescripción da película que quere ver e unha vez na sala de cine, conectar os cascos e reproducir o arquivo. A audiodescripción comenzará e se sincronizará automáticamente coa película)
Ningún comentario:
Publicar un comentario