05/12/06

Proxeccións e actividades en decembro 2006


Ciclo «Cinema actual»
Cine Dúplex

Prezo simbólico de entrada: 2,50 eur
Co apoio da Federación de Cineclubes de Galicia e a Secretaría Xeral de Comunicación Audiovisual da Xunta de Galicia

• Martes 12 de decembro de 2006 • Cine Dúplex • 20,30 e 23 h
Camino a Guantánamo

The Road to Guantanamo.
Reino Unido, 2006. Cor, 95 min. • Dirección: Michael Winterbottom e Mat Whitecross • Produción: Andrew Eaton, Melissa Parmenter, Lee Thomas, Michael Winterbottom (Revolution Films, FilmFour, Screen West Midlands) • Guión: Michael Winterbottom e Mat Whitecross • Fotografía: Marcel Zyskind • Montaxe: Michael Winterbottom e Mat Whitecross • Música: Harry Escott, Molly Nyman • Intérpretes: Arfan Usman (Asif), Farhad Harun (Ruhel), Riz Ahmed (Shafiq), Waqar Siddiqui (Monir), Ruhel Ahmed, Shafiq Rasul, Asif Iqbal • Data de estrea en España: 26 de maio de 2006. Versión orixinal con subtítulos en castelán.

Sitio oficial (inglés): http://www.roadtoguantanamomovie.com
Festival de Berlín 2006: Oso de Prata

A historia de catro amigos británicos que en setembro de 2001 viaxaron desde Tipton, nas Midlands inglesas, para asistir á voda dun deles e, de paso, gozar dunhas vacacións en Paquistán. Tardaron dous años e medio en volver á casa. A súa viaxe levounos desde Tipton até Karachi, Kandahar, Kabul e Kunduz, onde foron capturados pola Alianza do Norte (formada por distintas faccións de grupos armados unidos polo obxectivo de derrocar o réxime talibán) e despois pasaron a mans dos estadounidenses, que os conduciron a Kandahar. Desde alí, tres deles (Shafiq, de 23 anos; Asif e Ruhel, ambos de 19 anos) foron trasladados á base norteamericana de Guantánamo, en Cuba, onde permaneceron máis de dous anos prisioneiros, sometidos a incontábeis humillacións e torturas. O 5 de marzo de 2004 foron trasladados ao Reino Unido. En Londres, tras ser interrogados, foron postos en liberdade sen cargos.

En colaboración co grupo local de Amnistía Internacional en Ourense, co apoio da Casa da Xuventude de Ourense e da Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade

• actividade especial: Mércores 13 de decembro de 2006 • Casa da Xuventude • 20 h
«Pechemos Guantánamo»: testemuños directos
Charla coloquio con Ruhel Ahmed e Shafiq Rasul

Dous dos tres rapaces protagonistas dos feitos reais narrados polo filme Camino a Guantánamo
Ás 20.00 horas, no salón de actos da Casa da Xuventude. Entrada libre falarán da súa experiencia.
Organizado polo grupo local de Amnistía Internacional en Ourense, co apoio da Casa da Xuventude de Ourense e da Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade

• Martes 19 de decembro de 2006 • Cine Dúplex • 20,30 e 23 h
Tsotsi

Tsotsi. Reino Unido-Sudáfrica, 2005. Cor, 95 min. Dirección: Gavin Hood • Produción: Sam Bhembe, Joseph D’Morais, Basil Ford, Henrietta Fudakowski, Peter Fudakowski, Alan Howden, Robbie Little, Rupert Lywood, Doug Mankoff (The UK Film & TV Production Company, PLC Industrial Development Corporation of South Africa, The National Film & Video Foundation of SA) • Guión: Gavin Hood • Fotografía: Lance Gewer • Montaxe: Megan Gill • Música: Paul Hepker, Mark Kilian • Intérpretes: Presley Chweneyagae (Tsotsi), Terry Pheto (Miriam), Kenneth Nkosi (Aap), Mothusi Magano (Boston), Zenzo Ngqobe (Butcher), Zola (Fela) • Data de estrea en España: 24 de marzo de 2006 • Versión orixinal con subtítulos en castelán.

Sitio oficial (inglés): http://www.tsotsi.com

Oscar 2006 á Mellor Película de Fala non Inglesa • Festival de Toronto: Premio do Público, Festival de Edimburgo 2005: Premio do Público, Mellor Nova Película Británica • Festival de Denver 2005: Premio do Público • AFI Fest (Los Ánxeles): Premio do Público, Mención especial do xurado • Festival de Salónica: Premio aos Valores Humanos.

Nunha das barriadas ateigadas de miseria que rodean Johannesburgo, Tsotsi, un rapaz de 19 anos orfo desde moi pequeno, borrou calquera recordo da súa conciencia, incluíndo o seu nome real. Tsotsi significa simplemente «matón» o «gánster» na linguaxe de rúa do ghetto. As circunstancias levan a Tsotsi a roubarlle o coche a unha muller sen decatarse de que no asento traseiro descansa un bebé ao cal leva co automóbil. Facendo caso omiso ao seu instinto de supervivencia, que lle aconsella abandonar o pequeno, Tsotsi acaba levándoo e comeza a coidalo e alimentalo en segredo.

• Xoves 21 de decembro de 2006 • Cine Dúplex • 20,30 e 23 h
En la cama
En la cama. Chile-Alemaña, 2005. Cor, 85 min • Dirección: Matías Bize • Produción: Adrián Solar, Christoph Meyer-Wiel (Ceneca Producciones, CMW Films Company) • Guión: Julio Rojas • Fotografía: Cristián Castro e Gabriel Díaz • Montaxe: Paula Talloni • Música: Diego Fontecilla • Intérpretes: Blanca Lewin (Daniela), Gonzalo Valenzuela (Bruno) • Data de estrea en España: 14 de xullo de 2006 • Versión orixinal en castelán.

Sitio oficial: http://www.enlacama.cl

Seminici Valladolid 2005: Espiga de Ouro • Representante chilena aos Oscar • Festival da Habana: Mellor Guión • Festival de Viña del Mar: Mellor Actriz (Blanca Lewin) • Festival de Montevideo: Mellor Película Latinoamericana • Festroia: Premio Fipresci • Festival de Cine Latinoamericano de Toulousse: Premio do Público • Representante chilena aos Goya.

Unhas horas despois de coñecerse nun café, Bruno e Daniela alugan un cuarto nun hotel barato para ter un encontro sexual e pasar a noite xuntos. Non saben nada do outro, nin sequera os seus respectivos nomes, e despois desa cita xamais se volverán ver. Tras o sexo, estes dous estraños perciben que entre ambos se creou certa química. Espontaneamente, os dous comezan a falar, abrindo as portas do seu pasado e a súa intimidade. Nos seus relatos mestúranse lembranzas e soños, verdades e mentiras, desexos e medos, honestidade e traizón, amor e odio.

Ningún comentario: