Despois da estupenda repercusión do pasado ano, chega unha nova edición do ciclo adicado aos filmes que, sen distribución comercial, ou á marxe das narrativas convencionais, programamos de novo en Ribadavia, froito da complicidade co Museo Etnolóxico de Ribadavia, e nesta ocasión da inestimable colaboración do Instituto Goethe de Madrid.
As sesións serán todos os martes de agosto, ás 20:15 horas no Museo Etnolóxico de Ribadavia (cómo chegar? -mapa-).
A entrada é gratuíta (Polo que pedimos a máxima puntualidade).
Aqui o detalle do programado:
- 6 de agosto de 2013
(Mosconi - oder wem gehört die Welt)
(2007, Alemaña) 78 min
Dirección: Jeanine Meerapfel | Guión: Jeanine Meerapfel | Imaxe: Malena Bystrowicz|Montaxe: Paula Goldstein | Música: FlorosFloridis| Reparto: Documental; José “Pepe“ Fernández, Juan CarlosGipi“ Fernández, Inés Torres, Mari Acosta, Sandra Molina |Produción Malena Filmproduktion GmbH & Co. KG Berlin, in Zusammenarbeit mit dem Goethe-Institut e.V. | Distribuidora: Instituto Goethe Madrid | Idioma: castelán, subtitulada en castelán
General Mosconi, no norte de Arxentina e a poucos quilómetros da fronteira con Bolivia, é unha cidade na que viven 22.000 persoas, a metade delas sen traballo a pesar de tratarse dunha zona rica polas reservas de gas e petróleo. Ata 1993 Mosconi tiña escolas, hospitais, cine e un club social pero todo desvaneceuse coa privatización de YPF. As multinacionais coas súas instalacións contaminan a auga dos ríos e tamén o ar con gases tóxicos que causan enfermidades; os bosques desaparecen para cultivar soia (transxénico) e os pesticidas intoxican as capas freáticas. Os habitantes de Mosconi non aceptaron esta situación e queren recuperar o traballo xenuíno, os lazos sociais e a vida. Os membros da UTD (Unión de Traballadores Desocupados) paliaron a ausencia do Estado creando escolas, dispensarios, hortas comunitarias e traballo autoxestionado.
- 13 agosto de 2013
Princesas (Prinzessinnenbad)
(2006, Alemaña) Documental. 92 min.
Dirección: Bettina Blümner | Guión Bettina Blümner (Konzept) |Imaxe: Mathias Schöningh | Son: Christian Lutz | Montaxe: Inge Schneider | Reparto: Documental; Klara, Mina, Tanutscha |Produción Reverse Angle Factory GmbH (Berlin) | Distribuidora:Instituto Goethe Madrid | Idioma: alemán, subtitulada ao castelán.
Sipnose
Klara, Mina e Tanutscha teñen 15 anos e viven coas súas nais no barrio berlinés de Kreuzberg. Coñécense desde a infancia, van xuntas a festas e pasan os veráns na piscina urbana Prinzenbad (piscina de príncipes). A pesar de ser inseparables comezan a buscar diferentes camiños nas súas vidas: Klara cambia de escola, Mina quere mudarse co seu noivo e Tanutscha esíxelle á súa nai máis independencia.
Observación
O filme retrata a porta á vida dunhas adolescentes que falan por si mesmas, e permite unha percepción que va máis alá das imaxes mediáticas. O ritmo da cidade, a música (Female Rap de Lisi e o dúo turco Bassturk), a expresión dos seus corpos e a mímica da linguaxe outorgan á película, una carácter fascinante.
- 20 de agosto de 2013
En busca da memoria (Auf der Suche nach dem Gedächtnis )
(2008, Austria) 95 min
Directora: Petra Seeger | Imaxe: Robert Winkler, Mario Masini | Música : Walter W. Cikan, Marnix Veenenbos, Petr Spatina, Bernhard Fleischmann |Montaxe: Oliver Neumann | Produción: FilmForm Köln GmbH / WDR / ORF / ARTE / Institute for Science and Technology Austria | Distribuidora: Instituto Goethe Madrid | Idioma: inglés, con partes de Sefardi, subtitulada ao castelán
Eric Kandel, premio Nobel e probablemente o neurocientífico máis importante da actualidade, investiga desde os anos sesenta o funcionamento da memoria a curto e longo prazo e é o home a quen Petra Seeger observa en Nova Iorque, Viena e Cahors. Kandel fala das súas investigacións científicas e da relación destas coa súa vida -de neno viviu o Holocausto-. A aprendizaxe modifica as transmisións sinápticas do cerebro e a memoria mantén a vida mental favorecendo a continuidade da nosa existencia. O filme deixanos a sensación de ter coñecido a un científico marabilloso que manifesta con tristeza: “Os xudeus nunca se recuperarán do Holocausto. Había tantos homes con talento”. Andel, encantador, carismático, con sentido do humor e morriña fala sen amargura.
- 27 de agosto de 2013
O silencio de Gerda (Gerdas Schweigen)
(2008, Alemaña) 89 min
Dirección: Britta Wauer | Guión: Britta Wauer; nach dem gleichnamigen Buch von Knut Elstermann | Redacción e documentación: Birgit Mehler, Rosemarie Wintgen; Gemeinschaftsproduktion von Zeitsprung Entertainment GmbH u. Rundfunk Berlin Brandenburg | Imaxe: Kaspar Köpke, Bob Hanna, Ton: Johannes Schmelzer-Ziringer, Ivo Hannak |Montaxe Berthold Baule | Música Karim Sebastian Elias | Produción Christiane Plum (Produktionsleitung), Andrea Klüting (Producer); Volker Hahn (Herstellungsleitung, Produzent) | Distribuidora: Instituto Goethe Madrid | Idioma: alemán con subtítulos en castelán
Unha charla entre persoas de diferentes xeracións transfórmase nun emocionante documental sobre Gerda, unha sobrevivente do Holocausto que emigrou a Estados Unidos despois da guerra, no que se trata o seu silencio e a difícil historia das súas lembranzas. En 1944, no campo de concentración de Auschwitz-Birkenau, o bebé dunha moza xudía -Gerda- morre de fame pouco despois de nacer, tapar esa inmensa dor ensombrecerá a súa vida.
Crítica
"A primeira frase dunha película é decisiva para establecer unha conexión co espectador: "Cando cheguei aos Estados Unidos, quería esquecelo todo. Quería calar, non falar delo nunca máis", son as primeiras palabras de "O silencio de Gerda", pero esquecer é imposible" (Neues Deutschland, 6/11/2008)
------------------------
Ningún comentario:
Publicar un comentario