11/11/13

«Shan Zha Shu Zhi Lian» (Under the Hawthorn Tree) · Amor baixo o espiño branco

no salón de actos da de Ourense (rúa Concello 1), en sesións de 18, 20:30 e 23  h. (horario CUT+1) e cunha cota xeral de socios de 4  

Shan Zha Shu Zhi Lian
Ver avance vídeo: You Tube [. mp4 • 6'7 Mb]

Título: «Shan Zha Shu Zhi Lian»Under the Hawthorn Tree— · Amor bajo el espino blanco (Amor baixo o espiño branco)
Ano:
País:
Director: [+ Info]
Guionistas: e
Música:
Fotografía:
Reparto: , , ,
Duración: 114 min.
Productora: Beijing New Picture Film Co.
Distribuidora:
Exhibición: Dixital BR d · Cor · Ratio 2.31:1 · HD-DTS
Idiomas: chino mandarín · VOSE (versión orixinal subtitulada ao castelán)

Sipnose:
Na República Popular China durante a Revolución Cultural, Jing, unha universitaria da cidade, é enviada a un remoto pobo da montaña para someterse a un programa de «reeducación». Jing é a personificación da inocencia, pero ao seu pai o encarceraron por ser un «contrarrevolucionario», co que a súa nai non ten máis remedio que manter ela soa aos seus tres fillos. Jing sabe que non só o seu propio futuro, senón tamén o da súa propia familia, dependen do veredicto das autoridades sobre o seu proceso de «reeducación». Mais o seu comportamento cauteloso e discreto chega ao seu fin cando namora de Sun, o atractivo fillo dun oficial de alta graduación. Os dous pertencen a mundos completamente distintos, polo que o seu amor non só és imposible, senón tamén moi perigoso.

Premios e mencións:
2011 · Festival Valladolid Seminci: mellor atriz (Zhou Dongyu)
2011 · Festival Internacional de Cine de Xixón: sección oficial de longametraxes a competición

Crítica:
"Preciosa e pura historia de amor do Zhang Yimou máis poético…" Irene Crespo (Cinemanía)




Folla de sala: Under the Hawthorn Tree [.pdf • 152 Kb]


Non deixedes de comentarnos as impresións que vos suscitan os filmes programados, neste blogue ou nas redes sociais nas que participamos, apreciamos os vosos comentarios.


Ningún comentario: