Despois do amor… chega o odio.
Do 27 de novembro ao 18 de decembro de 2013, mergullamos os nosos primarios instintos na violencia, o crime… e o humor negro, con trhillers contemporáneos de Francia, Suecia, Estados Unidos e Corea do Sur.
Cartaz «Negro e Criminal» deseño de Iñaki Nóvoa (cineclupePF)
- Lugar de proxección
- Biblioteca pública nodal (rúa Concello 11, Ourense)
- Sesións
- 18 · 20:30 e 23 h (horario CUT+1). Non se permite a entrada unha vez comezada a proxección.
- Prezo
- Cota xeral de socios de 4 €. Non é posible, polo momento, aplicar descontos nin venda anticipada, podendo mercar as entradas media hora antes de cada sesión.
Ao son dun tema de Andrea Benini (Mop Mop) «Locomotive» aquí tedes o avance do ciclo [. mp4 • 5'83 Mb]
"Welcome to the «choo choo train», come on buddies, shake your bodies… "
Donas e cabaleiros sexan benvidos
ao cineclube,
vide amigos e amigas,
veremos mover corpos… nestas semanas negras e criminais.
E de seguido, vos reflitimos a proposta dos filmes que compoñen este ciclo de cinema «Negro e Criminal», non se antes salientar que non son recomendables para menores de dezaseis anos.
27 de novembro do 2013
Velo avance do filme:
You Tube [. mp4 • 9'3 Mb]
Título: «Ne le dis à personne» · No se lo digas a nadie
(Non llo digas a ninguén)
Ano: 2006
País: Francia
Director: Guillaume Canet [
+ Info]
Guionistas: Guillaume Canet e Philippe Lefebvre
Música: Mathieu Chédid
Fotografía: Christophe Offenstein
Reparto: François Cluzet, André Dussollier, Marie-Josée Croze,
Kristin Scott Thomas…
Duración: 125 min.
Productora: Les Productions du Trésor | EuropaCorp Distribution | M6 Films
Distribuidora: A Contracorriente Films | Baños Films
Exhibición: Dixital SD · Cor · Ratio 2.35:1 · DTS
Idiomas: francés · VOSE (versión orixinal subtitulada ao castelán)
Sipnose:
Margot, a muller de Alex, foi brutalmente asasinada por un psicópata. Incapaz de recuperarse da perda, o seu marido non deixa de recordala nin por un momento. Un día, oito anos despois, recibe un email, no que aparece unha imaxe; é a súa muller en tempo real.
Premios e mencións:
2006 · Premios Cesar: 4 premios, mellor director, actor, música e montaxe (9 nominacións).
Crítica:
"Un thriller apaixoante, que merece sobrepasar o circuito da versión subtitulada para chegar aos cines comerciais…"
Anna Smith (Empire)
4 de decembro do 2013
Velo avance do filme:
You Tube [. mp4 • 6'9 Mb]
Título: «Snabba Cash» · Dinero fácil
(Diñeiro fácil)
Ano: 2010
País: Suecia
Director: Daniel Espinosa [
+ Info]
Guión: Maria Karlsson
Música: Jon Ekstrand
Fotografía: Aril Wretblad
Reparto: Joel Kinnaman, Joel Kinnaman, Matias Padin, Dragomir Mrsic…
Duración: 124 min.
Productora: Tre Vänner Produktion AB
Distribuidora: A Contracorriente Films | Baños Films
Exhibición: Dixital HD · Cor · Ratio 2.35:1 · Dolby dixital
Idiomas: sueco, serbio, castelán, alemán e croata · VOSE (versión orixinal subtitulada ao castelán)
Sipnose:
Os baixos fondos de Estocolmo son un sumidoiro ao que van todos os refugallos da sociedade sueca. Todos queren defender o seu territorio e lucrarse a calquera prezo. A enigmática desaparición dunha muller, será o nexo de unión de tres criminais cun obxectivo común: vingarse do gran capo Radovan. Jorge, JW e Mrado forman parte da fisonomía dos baixos fondos de Estocolmo.
Premios e mencións:
2010 · Premios Guldbagge (Suecia): Mellor actor (Joel Kinnaman) e fotografía
Crítica:
"Este melodrama jazzístico-criminal é apaixoante e estimulante grazas ao impresionante dominio de Espinosa dunha ampla gama de habilidades cinematográficas…"
Kenneth Turan (Los Angeles Times)
"Cunha potencia visual distante tanto do modelo clásico dos padriños como da vertente scorsesiana (…) Espinosa utiliza un rosario de historias paralelas que converxen nun protagonista que atrapa pola súa complexidade…"
Javier Ocaña (El País)
11 decembro 2013
Velo avance do filme:
You Tube [. mp4 • 22 Mb]
Título: «Seven Psychopaths» · Siete psicópatas
(Sete psicópatas)
Ano: 2012
País: Reino Unido
Director: Martin McDonagh [
+ Info]
Guión: Martin McDonagh
Música: Carter Burwell
Fotografía: Ben Davis
Reparto: Colin Farrell, Sam Rockwell, Christopher Walken, Woody Harrelson, Tom Waits, Abbie Cornish, Olga Kurylenko, Harry Dean Stanton…
Duración: 109 min.
Productora: Blueprint Pictures | Film4 | HanWay Films (coproducción Reino Unido—EE.UU)
Distribuidora: Vértigo Films
Exhibición: Dixital SD · Cor · Ratio 2.35:1 · Dolby dixital SDDS
Idiomas: inglés e vietnamita · VOSE (versión orixinal subtitulada ao castelán)
Sipnose:
Un guionista (Colin Farrell) busca a inspiración para o seu próximo traballo, no que dous excéntricos amigos (Sam Rockwell e Christopher Walken) planean secuestrar a un can. O asunto complícase cando o animal de compañía dun mafioso desaparece.
Premios e mencións:
2012 · Festival de Toronto: Mellor película sección «Midnight Madness» (premio do público)
Crítica:
"Un thriller postarantiniano (…) Christopher Walken, Tom Waits e Harry Dean Stanton inmortalizan momentos nun extrano lugar onde o fume negro, a dor existencial, a morriña e o solpor dos xéneros mestúranse en eficaz harmonía…"
Jordi Costa (El País)
18 de decembro do 2013
Velo avance do filme:
You Tube [. mp4 • 23 Mb]
Título: «Ajeossi» —The Man from Nowhere |This Man— · Un Hombre sin pasado
(O Home sen pasado)
Ano: 2010
País: Corea do Sur
Director: Lee Jeong-Beom [
+ Info]
Guión: Lee Jeong-Beom
Música: Shim Hyun-Jeong
Fotografía: Lee Tae-Yoon
Reparto: Won Bin, Kim Sae-Ron, Kim Tae-Hoon, Kim Hee-Won…
Duración: 119 min.
Productora: Cinema Service
Distribuidora: Mediatres Estudio SL.
Exhibición: Dixital HD Br · Cor · Ratio 2.35:1 · Dolby dixital
Idioma: Coreano · VOSE (versión orixinal subtitulada ao castelán)
Sipnose:
Kyung-chul é un psicópata perigoso que mata por placer e que cometeu varios asasinatos cuns métodos diabólicos difíciles de imaxinar. As súas vítimas son rapaza novas. A policía leva tempo intentando capturalo. Un día, aparece asasinada a filla dun xefe de policía retirado. O mozo da rapaza, un axente secreto, xura vinganza.
Premios e mencións:
2012 · Festival de Toronto: Mellor película sección «Midnight Madness» (premio do público)
Crítica:
"Maxistral e salvaxe (…) arrebatadoramente brutal. (…) Soa sen piedade e, en efecto, carece completamente dela.…"
Luis Martínez (El Mundo)
Lembrade que non se permite a entrada unha vez comezada a proxección e os filmes do ciclo, non son recomendables a menores de dezaseis anos
E por último, non deixedes de comentarnos as impresións que vos suscitan os filmes programados para este ciclo, neste blogue ou nas redes sociais nas que participamos, apreciamos moitísimo os vosos comentarios. Agardamos que gocedes e sexades partícipes do cineclube, sen vós non somos nada.
Vídeo «Eu vou a Biblioteca!» You Tube [. mp4 • 1'4 Mb]
Ningún comentario:
Publicar un comentario