Sipnose:
Despois dun difícil divorcio, Lucas, de corenta anos, atopa unha nova muller, un novo traballo e disponse a reconstruir a súa relación con Marcus, o seu fillo adolescente. Pero algo comeza a ir mal: un detalle, un comentario inocente e unha mentira insignificante que exténdese coma un virus invisible sementando o estupor e a desconfianza nunha pequena comunidade. A situación chega a ser tan terrible que Lucas vese obrigado a loitar por salvar a súa vida e a súa dignidade.
Premios e mencións: 2012 · Festival de Cannes: mellor actor (Mads Mikkelsen) :: Premios do Cine Europeo: mellor guión (5 nominacións, incluíndo á mellor película)
Crítica:
"A mellor película de Thomas Vinterberg desde «Festen» é un incómodo drama sicolóxico arredor dunha angustiosa interpretación de Mads Mikkelsen"
David Rooney (The Hollywood Reporter)
Lembrade tamén que os luns, temos «sesión de Filmoteca» as 20:30 e 23 h. e éste, con entrada de balde.
Non deixedes de comentarnos as impresións que vos suscitan os filmes programados, neste blogue ou nas redes sociais nas que participamos, apreciamos os vosos comentarios.
Pregunta no mostrador de entrada ao salón de actos da Casa da cultura, (onde estaba a Biblioteca) rúa Concello núm. 11 de Ourense, ½ hora antes de cada sesión.
Ningún comentario:
Publicar un comentario