«Bir zamanlar Anadolu'da» · Había unha vez na Anatolia
no salón de actos da biblioteca nodal de Ourense (rúa Concello 11), e atención ao horario, debido á duración do filme, as sesións son as 18 e 21 h, cota xeral de entrada de 4 €
Título: «Bir zamanlar Anadolu'da» —Once upon a time in Anatolia— · Érase una vez en Anatolia (Había unha vez na Anatolia) Ano: 2011 País: Turquía Director: Nuri Bilge Ceylan Guión: Ebru Ceylan, Nuri Bilge Ceylan e Ercan Kesal. Fotografía: Gökhan Tiryaki Reparto: Muhammet Uzuner, Yilmaz Erdogan, Taner Birsel, Ahmet Mumtaz Taylan… Duración: 158 min. Productora: Zeynofilm | Turkish Radio & Television (TRT) | Fida Film | NBC Film Distribuidora: Surtsey films SL. Exhibición: Dixital (BR/DVD) · Cor · Ratio 2.35:1 · Dolby dixital Idiomas: turco · VOSE (versión orixinal subtitulada ao castelán)
Sipnose:
A vida nunha pequena cidade aseméllase a unha viaxe no medio das estepas: a impresión de que algo «novo e diferente» vai a xurdir de cada outeiro, aínda que as estradas resulten sempre monótonas, interminables e inevitablemente iguais.
Premios e mencións: 2012 · Premios do Cine Europeo: nominada ao mellor director e mellor fotografía 2011 · Festival de Cannes: gran premio do xurado (ex aequo).
Crítica:
"En todos os seus posibles rostros maniféstase o xenio dun cineasta que non deixa de tomar riscos e desafiar aos seus espectadores (…) Quizáis só o tempo poida decidir o que é ou non unha obra mestra: «Había unha vez na Anatolia» polo menos o parece… " Jordi Costa (El País)
Non deixedes de comentarnos as impresións que vos suscitan os filmes programados, neste blogue ou nas redes sociais nas que participamos, apreciamos os vosos comentarios.
Pregunta no mostrador de entrada ao salón de actos da Casa da cultura, (onde estaba a Biblioteca) rúa Concello núm. 11 de Ourense, ½ hora antes de cada sesión.
Ningún comentario:
Publicar un comentario