Sipnose: Frances (Greta Gerwig), unha moza de 27 anos, decidiu, a pesar da súa idade, cumprir o seu sono de ser bailarina nunha compañía de danza de New York. Vive cunha amiga e goza da vida con alegría e despreocupación, a pesar de que desexa moito máis do que ten. Unha fábula moderna sobre a xuventude, a amizade, a ambición, a lealdade e o optimismo.
Crítica:
"Deliciosa (…) sería mezquino resistirse ao livián encanto desta carta de amor dun cineasta á súa musa."
Antonio Weinrichter (ABC)
Lembrade tamén que os luns, temos «sesión de Filmoteca» as 20:30 e 23 h. e lembrar, no caso desta proxección, que é de balde.
Non deixedes de comentarnos as impresións que vos suscitan os filmes programados, neste blogue ou nas redes sociais nas que participamos, apreciamos os vosos comentarios.
Pregunta no mostrador de entrada ao salón de actos da Casa da cultura, (onde estaba a Biblioteca) rúa Concello núm. 11 de Ourense, ½ hora antes de cada sesión.
Ningún comentario:
Publicar un comentario