Sipnose: Niko (Tom Schilling) é un mozo vinteañeiro que abandona a universidade e acaba vagando polas rúas de Berlín. Celebrada ópera prima, en branco e negro, que trata sobre o desexo de participar na vida e a dificultade para atopar un lugar no mundo.
Premios e mencións: 2013 · Premios do Cine Europeo: premio Discovery; 3 nominacións, incluído mellor filme :: Festival de Sofía: mellor filme. 2012 · 6 Premios do Cine Alemán: incluíndo mellor filme, director e guión.
Crítica:
"Unha peculiar e áxil película indie alemana que entusiasmará aos fans das primeiras obras de Jim Jarmusch."
Lembrade tamén que os luns, temos «sesión de Filmoteca» ás 20:30 e 23 h. e cunha cota xeral de entrada de 2 €.
Non deixedes de comentarnos as impresións que vos suscitan os filmes programados, neste blogue ou nas redes sociais nas que participamos, apreciamos os vosos comentarios.
Pregunta no mostrador de entrada ao salón de actos da Casa da cultura, (onde estaba a Biblioteca) rúa Concello núm. 11 de Ourense, ½ hora antes de cada sesión.
Ningún comentario:
Publicar un comentario