Sipnose:
Na Polonia de 1960, unha novicia nova que está a piques de facerse monxa, descobre un escuro segredo de familia que data da terrible época da ocupación nazi.
Premios e mencións: 2013 · Festival de Toronto: premio FIPRESCI :: Festival de Gijón: mellor filme, actriz (Agata Kulesza), guión e dirección artística :: Festival de Londres: mellor filme :: Festival de Varsovia: mellor filme.
Crítica:
"Cada imaxe está meticulosamente composta e medida para engarzarse nunha cadencia orgánica que remite á voz do gran cine." Daniel De Partearroyo (Cinemanía)
Lembrade tamén que os luns, temos «sesión de Filmoteca» ás 20:30 e 23 h. e cunha cota xeral de entrada de 2 €.
Non deixedes de comentarnos as impresións que vos suscitan os filmes programados, neste blogue ou nas redes sociais nas que participamos, apreciamos os vosos comentarios.
Pregunta no mostrador de entrada ao salón de actos da Casa da cultura, (onde estaba a Biblioteca) rúa Concello núm. 11 de Ourense, ½ hora antes de cada sesión.
Ningún comentario:
Publicar un comentario