Sipnose:
A Woody Grant, un ancián con síntomas de demencia, comunícanlle por correo que gañou un premio. Cre que se fixo rico e obriga ao seu receloso fillo David a emprender unha viaxe para ir cobralo. Aos poucos, a relación entre ambos, rota durante anos polo alcoholismo de Woody, tomará un cariz distinto para sorpresa da nai e do triunfador irmán de David.
Premios e mencións: 2013 · Premios Oscar™: 6 nominacións, incluíndo mellor filme e director :: Globos de Oro: 5 nominacións, incluíndo mellor filme e director :: Festival de Cannes: mellor actor (Bruce Dern) :: Premios BAFTA: 3 nominacións, incluíndo mellor actor (Bruce Dern) :: Critics Choice: 6 nominacións, incluíndo mellor filme :: National Board of Review (NBR): top ten mellor actor principal e secundario.
Crítica:
"Gran parte de «Nebraska» é prosa ordinaria, pero os seus mellores partes son poesía cómica narrada sinxelamente." Michael Phillips (Chicago Tribune)
Lembrade tamén que os luns, temos «sesión de Filmoteca» ás 20:30 e 23 h. e cunha cota xeral de entrada de 2 €.
Non deixedes de comentarnos as impresións que vos suscitan os filmes programados, neste blogue ou nas redes sociais nas que participamos, apreciamos os vosos comentarios.
Pregunta no mostrador de entrada ao salón de actos da Casa da cultura, (onde estaba a Biblioteca) rúa Concello núm. 11 de Ourense, ½ hora antes de cada sesión.
Ningún comentario:
Publicar un comentario