mércores 28 de xaneiro, na Biblioteca Pública de Ourense (rúa Concello 11), en tres sesións: ás 18, 20:30 e 23 h., cota xeral de acceso para os/as socios/as de 4 € (non socios/as: 5 € + IVE), o filme
Velo avance do filme: You Tube[. mp4 • 19'6 Mb] VOS
Sipnose:
Unha noite, un home de trinta e dous anos, que conduce o seu coche a unha velocidade moi superior á establecida, atropela a un neno que morre pouco despois. Ao temerario condutor agárdalle unha pena de prisión de entre tres e quince anos, pero a súa nai, unha arquitecta da clase alta de Romanía, tentará evitalo por todos os medios.
Premios e mencións: 2013 · Festival de Berlin: Oso de ouro (mellor filme) :: Premios do Cinema Europeo: nominación á mellor actriz (Luminita Gheorghiu)
Crítica:
"É unha melodrama claustrofóbico (…) Hai moitas escenas que dan medida da mestría en xogo (…) Pero o gran final conquista o sobresainte.…" Jordi Costa, (El País)
A cota xeral de acceso para socios e socias é de 2 €, co resgardo da «sesión filmoteca» deste luns, tes 1 € de desconto nesta semana, na sesión do mércores, non aplicable no caso de sesións de balde, deste xeito tes dous filmes por 5 €.
Para os non asociados/as, a cota de acceso xeral é de 2'5 € (+ IVE) e non se aplican descontos; xa tardas en facerte socio/a.
Non deixedes de comentarnos as impresións que vos suscitan os filmes programados, neste blogue ou nas redes sociais nas que participamos, apreciamos os vosos comentarios.
Pregunta no mostrador de entrada ao salón de actos da Casa da cultura, (onde estaba a Biblioteca) rúa Concello núm. 11 de Ourense, ½ hora antes de cada sesión.
Ningún comentario:
Publicar un comentario