Miradas etnográficas
Semana da ciencia
Filmoteca CGAI
Ciclo Incertezas
Sesión especial: O día + curto...Javier Fesser
Cal será o noso futuro? Vivimos nun mundo cambiante e non só...polos avatares fronteirizos envoltos en bandeiras. Movémosnos ás escuras á deriva dun mercado global que impón as súas normas por enriba da xustiza social; son tempos de axustes, postmodernidade, intelixencia artificial, tempos modernos ou como diría Bauman "Tempos líquidos".
Na selección de películas para rematar este ano, con vidas fragmentadas sen respostas definitivas, guiounos ese tránsito interior, para ver un mundo en evolución permanente.
«Incertezas» · cartel deseñado por Iñaki Nóvoa (cineclupePF)
Como sempre o avance da programación é acompañado cunha ambientación musical, neste caso coa cantante portuguesa Márcia. avance visual [.mp4 • 20'7 MB] Non teñan medo deste mundo de incertezas, e como "Mal menor" acompáñenos na escuridade da sala, como si dunha caverna platónica, na procura de utopías, emocións e sabedoría.
(Atentos, aos horarios do 8 de novembro e 11 de decembro)
Miradas etnográficas
«La cour de Babel»
Acaban de chegar a Francia; veñen de Irlanda, Serbia, Brasil, Tunisia, China ou Senegal. Durante un ano, Julie Bertuccelli gravou as relacións, os conflitos e as alegrías deste grupo de nenos e adolescentes de entre 11 e 15 anos, reunidos nunha mesma clase de acollida para aprender francés.
(Inédita en España, Distribuída coa colaboración do Instituto Francés)
Comparte o evento ❯❯
Miradas etnográficas
«El tren de la memoria» O tren da memoria
España, anos sesenta. Dous millóns de españois saen do país empurrados pola necesidade. O seu destino: Alemaña, Francia, Suíza e os Países Baixos. A metade son clandestinos e viaxan sen contratos de traballo. O oitenta por cento son analfabetos. Ante eles levántase o muro do idioma e os costumes diferentes. España, na actualidade. Outros necesitados chaman á porta dun país próspero. Case ninguén se acorda da outra historia. Josefina si. Ela recorda a súa viaxe no tren da memoria. Destino: Núremberg, Alemaña.
Comparte o evento ❯❯
Filmoteca CGAI
Semana da ciencia
«Nostalgia de la luz» Nostalxia da luz
Nostalxia da luz é un filme sobre a distancia entre o ceo e a terra, a distancia entre a luz e os seres humanos, e as misteriosas idas e voltas que se crean entre eles. A tres mil metros de altura, astrónomos vidos de todo o mundo reúnense no deserto de Atacama para observar as estrelas no norte de Chile. Aquí, a transparencia do ceo permite ver ata os confíns do universo. Abaixo, a sequedade do solo preserva os restos humanos intactos para sempre: momias, exploradores, mineiros, indíxenas e osamentas dos prisioneiros políticos da ditadura. Mentres os astrónomos buscan a vida extraterrestre, un grupo de mulleres remove as pedras: buscan os seus familiares.
A sesión, comezara previamente coa proxección da curtametraxe:
«Einstein-Rosen»
Verán do 82. Teo asegura que atopou un buraco de gusano. O seu irmán Óscar non o cre. Polo menos non de momento.
Rodada no Barrio das Flores da Coruña.
Comparte o evento ❯❯
Semana da ciencia
«Marie Curie»
Ao pouco tempo de que o matrimonio formado por Marie Curie (Karolina Gruszka) e Pierre Curie (Charles Berling) obtivese o Nobel de Física, Pierre morre nun tráxico accidente. Soa con dúas nenas, Marie aférrase aos seus estudos científicos nun mundo dominado polos homes, converténdose na primeira muller en recibir unha cátedra na Universidade Sorbona de París. Cando namora dun científico casado e inicia unha aventura con el, a muller deste, ciumenta, fai pública a súa relación, ao mesmo tempo que se anuncia o seu premio Nobel de Química. En troques de gozar da fama que se gañou polo seu portentoso traballo de investigación, Marie vese difamada por cometer adulterio.
No día do 150º aniversario do nacemento da investigadora de orixe polaca Maria Salomea Skłodowska, mundialmente coñecida como Marie Curie, quen acadou dous premios Nobel: en 1903 o de Física e en 1911 o de Química, e foi a primeira Profesora da Universidade da Sorbona.
Comparte o evento ❯❯
Ciclo Incertezas
«Sieranevada»
Tres días despois do atentado contra Charlie Hebdo e corenta días logo da morte do seu pai, Lary (40 anos, médico) vai pasar o sábado coa súa familia, reunida en memoria do defunto. O evento, con todo, non se desenvolve como estaba previsto. Obrigado a afrontar os seus medos e o seu pasado e forzado a reconsiderar o lugar que ocupa dentro da familia, Lary terá que dicir a súa verdade.
Premios
2016: Festival de Cannes: Sección oficial longametraxes a concurso
2016: Festival Internacional de Chicago: mellor película
Comparte o evento ❯❯
Semana da ciencia
«Die Vermessung der Welt» Medindo o mundo
Alemaña a comezos do século XIX. A película segue aos brillantes e excéntricos científicos Alexander von Humboldt (Albrecht Schuch) e Carl Friedrich Gauss (Florian David Fitz) ao longo do seu periplo vital.
A partir do éxito da novela homónima de Daniel Kehlmann, o director realiza unha recreación das vidas de dúas mentes xeniais: a do matemático Carl Friedrich Gauss e do xeógrafo e explorador Alexander von Humboldt cando coinciden no seu interese por medir o noso mundo alá polos comezos do s. XIX.
(Coa colaboración do Instituto Goethe
Comparte o evento ❯❯
Miradas etnográficas
«Babai»
Nori, un neno de 10 anos, e o seu pai Gezim, son vendedores ambulantes no Kosovo dos anos 90, durante o réxime de Milosevic. O pai quere atopar a forma de emigrar ilegalmente a Alemaña e o seu fillo fai todo o posible para poder estar con el. Atrapados entre o desexo de vivir xuntos e a necesidade de facer fronte á dureza da realidade, a relación pai-fillo chega a un punto en que nada entre eles é como antes.
Premios
2015: Festival Internacional Karlovy Vary: Mellor director
2015: Festival de Cine de Múnich: Novos Talentos: Mellor director, guión e actor
(Inédita en España, coa colaboración do Instituto Goethe)
Comparte o evento ❯❯
Ciclo Incertezas
«Toivon tuolla puolen» O outro lado da esperanza
Helsinki. O mozo Khaled chega oculto nun barco de carga procedente de Siria. A súa solicitude de asilo é rexeitada, pero decide quedar de todos os xeitos. Mentres, un gris comercial cincuentón chamado Wikström decide mudar a súa vida e abrir un decadente restaurante. Os seus camiños cruzaranse cando unha tarde Wikhström atope a Khaled na porta do seu restaurante e, emocionado, decida ofrecerlle teito, comida e traballo. Pero o soño do mozo é atopar a súa irmá, que tamén fuxiu de Siria.
Premios
2017: Festival de Berlín: Oso de Prata - Mellor director
Comparte o evento ❯❯
Miradas etnográficas
«Miss Ledya»
Miss Ledyia Katson e o seu tío millonario chegan desde os Estados Unidos ata Pontevedra, visitando a Illa da Toxa. Alí coinciden cos reis de Suavia, que se atopan de incógnito e están ameazados pola chegada dun anarquista que pretende realizar un atentado.
Conta cunha breve participación de Alfonso R. Castelao.
Acompaña ao piano por Severiano Casalderrey, que ademais introducirá o documental Galicia Buenos Aires (1931) de José Gil, con imaxes da emigración de Galicia á Arxentina nos anos trinta.
(Coa colaboración do CGAI e do IES Ribeiro)
Comparte o evento ❯❯
Filmoteca CGAI
«La idea de un lago» A idea dun lago
Inés é fotógrafa, ten 35 anos, vive nun departamento de dous ambientes e está esperando un fillo. Fai uns meses separouse da súa parella e aínda que a crianza do fillo será compartida, Inés atópase nun estado emocionalmente vulnerable que, sumado á inminencia da súa maternidade, impúlsaa a terminar un libro de fotografías e poemas persoais que está preparando co seu editor. O proceso de concretar o libro, aos poucos, transfórmase nunha procura moi persoal e libre sobre o seu pasado, sobre a relación coa súa nai, o seu irmán e a ausencia do seu pai.
Premios
2016: Festival de Locarno: Competición Internacional
Comparte o evento ❯❯
Ciclo Incertezas
«L'amant double» O amante dobre
Chloé é unha moza fráxil que namora do seu psicoterapeuta, Paul. Uns meses máis tarde, cando van vivir xuntos, ela descobre que o seu amante lle ocultou unha parte da súa identidade, coa que Chloé se obsesionará.
Premios
2016: Festival de Locarno: Competición Internacional
Comparte o evento ❯❯
18 · 20:30 e 23 h. (CUT+1)
Filmoteca CGAI
«Fuocoammare» Lume no mar
A illa de Lampedusa é o punto máis meridional de Italia, que desde 1990 converteuse nun lugar masivo de desembarco de inmigrantes ilegais procedentes de terras africanas. En pouco máis de 20 anos, máis de 20.000 persoas afogáronse durante a travesía para alcanzar o que para moitos supón vía de entrada a Europa, e que lles debería permitir escapar da guerra e a fame. Samuel vive na illa, ten 12 anos, vai á escola, gústalle tirar coa fonda e ir de caza. Gústanlle os xogos de terra, pese a que todo á súa ao redor fala do mar e dos homes, mulleres e nenos que intentan cruzalo para chegar alí.
Premios
2016: Premios Oscar: Nomeado a mellor documental
2016: Premios César: Nomeada a Mellor documental
2016: Festival de Berlín: Oso de Ouro - mellor película
2016: Premios do Cine Europeo: Mellor documental
2015: Premios David dei Donatello: 4 nom. incluíndo Mellor película e director
Comparte o evento ❯❯
Ciclo Incertezas
«Rai» · Paraíso
Segue os pasos de tres persoas cuxos camiños cruzanse nos terribles tempos da II Guerra Mundial. Olga é unha aristócrata rusa membro da Resistencia Francesa que é arrestada pola policía nazi por ocultar a dous nenos xudeus durante unha redada. Arrestada e enviada ao cárcere en espera dunha decisión final, en prisión coñece a Jules, un funcionario francés colaboracionista que debe investigar o seu caso. Alí tamén atopase con Helmut, un alto oficial das SS, que fai moitos anos fose o seu amante e que aínda parece manter sentimentos por ela.
Premios
2016: Festival de Venecia: Mellor director
2016: Festival de Xixón: Mellor actriz, fotografía e Premio do Xurado Novo
2016: Festival de Mar do Prata: Mellor guión - Astor de Prata
Comparte o evento ❯❯
18 · 20:30 e 23 h. (CUT+1)
Filmoteca CGAI
«Berberian Sound Studio»
Na década dos setenta, o Berberian Sound Studio foi o estudo de postproducción de son máis barato e sórdido de toda Italia; por el pasaron as películas máis perturbadoras. Gilderoy, un tímido enxeñeiro inglés experto en son, viaxa a Italia para encargarse de mesturar o último "giallo" de Santini, o gran mestre do cine de intriga, pero se súpeto, quedará atrapado nun mundo prohibido poboado por actores maniáticos, onde os caprichos artísticos e a burocracia máis absurda marcan o día a día.
Premios
2012: Festival de Locarno: Sección oficial
2012: Festival de Sitges: Sección oficial
2012: British Independent Filme Awards: Mellor director e mellor actor (Toby Jones)
2013: BAFICI: Mellor película
Comparte o evento ❯❯
«Voyage à travers le cinéma français» As películas da miña vida
Documental que percorre a historia do cine francés desde os anos 30 ata principios dos 70.
Premios
2016: Premios César: Nomeada a Mellor documental
Comparte o evento ❯❯
Ciclo Incertezas
«A teströl és a lélekröl» · En corpo e alma
María comeza a traballar como supervisora nun matadeiro de Budapest, pero pronto comezan a xurdir cotilleos e rumores sobre ela. Durante o xantar opta sempre por sentarse soa, e é consciente dos seus deberes e obrigacións, cun estrito apego ás normas. O seu mundo componse de cifras e datos impresos na súa memoria desde a primeira infancia. Endre, o seu xefe, é un tipo tranquilo. Ambos empezarán a coñecerse lentamente. Almas xémeas, sorprenderanse de compartir os mesmos soños. Con cautela, tratarán de converter eses soños en realidade.
Premios
2017: Festival de Berlín: Oso de Ouro (Mellor película)
Comparte o evento ❯❯
18 · 20:30 e 23 h. (CUT+1)
«Psiconautas, los niños olvidados» · Psiconautas, os nenos esquencidos
Birdboy e Dinki son dous amigos que loitan por non enfrontarse á realidade na que viven. Como exploradores que son, albergan a esperanza de atopar un lugar mellor no que vivir, pois a illa onde viven xa non é o que era debido a un accidente industrial, e o aire que se respira é asfixiante... Adaptación cinematográfica animada da novela gráfica homónima de Alberto Vázquez.
VO-G
Premios
2015: Festival de Xixón: Sección oficial de animación
2016: Premios Goya: Mellor película de animación
2016: Premios do Cine Europeo: Nomeada a mellor filme de animación europeo
2016: Festival de Annecy: Sección oficial a competición
Comparte o evento ❯❯
18 · 20:30 e 23 h. (CUT+1)
O día + curto...Javier Fesser
«Curtametraxes» · Cortometrajes
[
ED+C] é un evento anual que xa se celebra con éxito noutros países europeos o 21 de decembro, día do solsticio de inverno. O obxectivo principal é dar a coñecer as curtametraxes ao público maioritario a través de proxeccións de cine gratuitas nas rúas e en todo tipo de espazos. Nesta ocasión, o cineclube sumouse ao evento e seleccionou o traballo de Javier Fesser
A mostra dura en total 1 hora e 14 min. (Recomendada a maiores de 7 anos)
Curtametraxes:
Bienvenidos (Benvidos), Los Pinkerton (Os Pinkerton), Servicio Técnico, Dolor (Dor), Pancho y Pincho (Pancho e Pincho), El secdleto de la tlompeta, Binta y la gran idea (Binta e a gran idea)
Comparte o evento ❯❯
Todas as proxeccións son en VO/VOS, na
Casa da Cultura, no salón de actos da
Biblioteca Pública (rúa Concello 11 - Ourense). Pregamos puntualidade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario