ATENCIÓN AVISO (12/03/2020)
Dentro das habituais sesións de filmoteca dos luns, proxectaremos os seguintes filmes durante o mes de marzo de 2020, no salón de actos da Casa de Cultura, onde estaba a Biblioteca (Rúa Concello núm. 11) de Ourense, os seguintes filmes…
2
Mar.
2020
Lun.
«Dylda» Unha gran muller (Beanpole)
Kantemir Balagov · (Rusia, 2019) 139 min. [+12] VOSE
1945, Leningrado. A Segunda Guerra Mundial devastou a zona, destruíndo os seus edificios e a vida dos seus habitantes. Dúas mulleres novas, Iya e Masha, loitarán por reconstruír a vida nunha cidade en ruínas.
Premios
2019: Festival de Cannes; Un certain regard. Premio á Mellor Dirección e premio FIPRESCI
2019: Festival de San Sebastián; Perlak
"Sólida e absorbente"
(CAIMÁN)
Premios
2019: Festival de Cannes; Un certain regard. Premio á Mellor Dirección e premio FIPRESCI
2019: Festival de San Sebastián; Perlak
"Sólida e absorbente"
(CAIMÁN)
9
Mar.
2020
Lun.
«La ola verde (que sea ley)» A onda verde (que sexa lei)
Juan Solanas · (Arxentina - Uruguai, 2019) 86 min. [A] VOE
A onda verde narra a loita pola legalización do aborto en Arxentina, a través dunha viaxe de máis de 5.000 quilómetros, acompañando ás valentes testemuñas das vítimas e das voces femininas clave que levaron esta memorable viaxe. Proxección especial no Festival de Cannes.
Premios
2019: Festival de San Sebastián; premio TVE "Otra mirada"
"Consegue capturar a intensidade e a emoción do momento político que está a vivirse"
(Deborah Young, THE HOLLYWOOD REPORTER)
(Grazas á Concellería de igualdade por confiar a súa colaboración á programación #8M dos filmes propostos polo cineclube)

SESIÓN:
COTA:
20:30 e 23 h. (CUT+1)
De balde, até completar o aforamento (110 butacas)
16
Mar.
2020
Lun.
«Buñuel en el laberinto de las tortugas» Buñuel no labirinto das tartarugas
Salvador Simó Busom · (España, 2019) 86 min. [+12] VOSE
París, 1930. Salvador Dalí e Luis Buñuel son as principais figuras do movemento surrealista, pero Buñuel ve como se lle pechan todas as portas despois da escandalosa estrea da súa obra "La edad de oro". Porén, o seu bo amigo Ramón Acín compra un billete de lotería coa tola promesa de que se gaña lle pagará o documental que Buñuel quere rodar sobre Las Hurdes, unha das rexións máis pobres e esquecidas de España.
Premios
2020: Premio Goya; Mellor Película de Animación
2019: Premios do Cine Europeo; Mellor Película de Animación
2019: Festival de Annecy; Mención do Xurado e Mellor Banda Sonora
2019: Festival de Málaga; Mellor Banda Sonora
"Maxistral relato da madurez tráxica do xenio de Calanda (…) Simó faino de maneira emocionante, cabal e certeira (…) O resultado antóllase tan revelador e lúcido coma inspirado na súa vocación de ruptura"
(Luís Martínez, EL MUNDO)

23
Mar.
2020
Lun.
«Ruben Brandt, Collector» Ruben Brandt, coleccionista
Milorad Krstic · (Hungría, 2018) 96 min. [+16] VOSE
O psicoterapeuta Ruben Brandt sofre violentos pesadelos inspirados en 13 obras de arte famosas, como "Retrato do carteiro Joseph Roulin" de Van Gogh, a "Venus de Urbino" de Tiziano ou "Muller cun libro" de Picasso. Catro dos seus pacientes, que son ladróns expertos, ofrécense a roubar todas esas obras mestras, xa que cren que unha vez que as posúa os pesadelos desaparecerán, Brandt acepta o plan e eles escóndense en museos e galerías de arte de todo o mundo. Convértese no "Coleccionista", un dos delincuentes máis buscados. Gangsters e cazadores de recompensa búscano para gañar os 100 millóns de dólares pagados pola súa captura. Ao mesmo tempo, un grupo de compañías de seguros contratan a Mike Kowalski, un detective privado e experto en roubos de arte para resolver o caso.
Premios
2018: Festival de Sevilla: Mellor Guión e Mellor Primeira Película
2018: Premios Annie: nomeada a Mellor Película Independente e Montaxe
"Sorprendente e fascinante (...) Unha marabilla cinematográfica cativadora e transcendente que reinventa o que a animación é quen de facer"
(Peter Travers, ROLLING STONE)

30
Mar.
2020
Lun.
«El escritor de un país sin librerías» O escritor dun país sen librarías
Marc Serena · (España, 2019) 79 min. [A] VOE
Guinea Ecuatorial independizouse de España hai 50 anos e agora converteuse nun dos países máis illados de África. Entramos nel acompañados polo escritor máis traducido do país, Juan Tomás Ávila Laurel, que en 2011 tivo que refuxiarse en España por denunciar a ditadura de Teodoro Obiang, a máis lonxeva do mundo. A través dos seus libros descubrimos un recuncho de África que aínda segue baixo o impacto de dous séculos de dominación colonial.
"Filme que ten o gran mérito de entrar cunha cámara nun territorio proscrito (...) A película non só evidencia a indiferencia de España coa súa excolonia senón a opulencia indecente da familia Obiang"
(Elsa Fernández-Santos, EL PAÍS)

Os símbolos son; VO; Versión orixinal, VOS (Versión orixinal subtitulada, en castelán VOSE, en galego VOSG), VD; versión dobrada cos mesmos patróns E/G.
A calificación por idades de cada filme sigue o seguinte patrón; [A] apta para todos os públicos, [+N] recomendado para maiores de N anos (onde N é a idade mínima recomendable),... e [SC] Sen calificación dispoñible
ADVERTENZAS: Non se permite o acceso á sala unha vez comenzada a sesión. Tampouco se permite o uso do teléfono móbil unha vez comezada a proxección *; sendo motivo en caso contrario de expulsión da sala, sen dereito á reclamación (En caso de socio/-a será proposto de expulsión da asociación).
(*) Agás para os filmes con audiodescripción, así sinalizados [ AD))) ].
----------
(*) A audiodescripción estará disponible mediante a aplicación gratuita da fundación ONCE; "AUDESCMOBILE".
(Non é preciso software o hardware adicional. O/A usuario/a tan só ten que instalar a aplicación no seu móbil, descargar a audiodescripción da película que quere ver e unha vez na sala de cine, conectar os cascos e reproducir o arquivo. A audiodescripción comenzará e se sincronizará automáticamente coa película)
Horarios CUT+1
Ningún comentario:
Publicar un comentario