Ciclo Andrómeda
Filmoteca
Sesións especiais 8M
VII Ciclo do colexio de médicos
Na antiga Grecia o oráculo aconsellou ao rei sacrificar a súa filla. Así Andrómeda foi encadeada nun cantil na beira do mar para ser devorada por un monstro mariño, mais Perseo, o sobriño do rei da cidade de Argos, namorou dela e matou o monstro para liberala... Talvez esta lenda ou mito poida dar razón do nome doutras mulleres que coñecidas como andrómedas son quen de enfrontarse a todo. Talvez poidan as andrómedas aplacar os cantos amargos dos cabalos sagrados profetizando un novo idus de marzo, antes da grande colisión coa galaxia de Andrómeda que cara á vía láctea viaxa coa indesprezable velocidade de 300 km por segundo... En 3000 millóns de anos non sabemos se poderemos anunciar unha programación como a deste mes; cun novo ciclo do Colexio de Médicos, con dúas sesións extraordinarias dentro das actividades arredor do 8M que organiza o Centro de Información Municipal as Mulleres (CIMM) de Ourense, coas habituais sesións de Filmoteca (nas que entre outros interesantes traballos, incluímos un documental sobre buracos negros) e o novo ciclo Andrómeda, con moitas mulleres como protagonistas exclusivas dos filmes programados.
Como diría Shakespeare na obra Xulio César: coídense dos idus de marzo... e engadimos unha alerta á perigosa adicción que produce o vídeo [.mp4 • 20'7 MB] que anuncia a programación.
Por último, lembrar que tedes á vosa disposición as follas de sala de cada proxección no seguinte enlace [Abre outra xanela].