25/02/22

Ciclo Andrómeda

Durante os mércores de marzo e primeira semana de abril de 2022, proxectaremos co título Andrómeda o ciclo de filmes que a continuación detallamos; lembrando, que podedes consultar e descargar as follas de sala, aquí [Abre outra xanela]



(marzo)



09 Mar. 2022
Mér.

«Libertad»

· (España, 2021) 104 min. Cor. RA 1.37:1 [+12] VOSE

A familia Vidal pasa na súa casa de verán as últimas vacacións da avoa Ángela, que sofre Alzheimer avanzado. Por vez primeira na súa vida, Nora, de 14 anos, sente que non atopa o seu lugar: os xogos de nenos parécenlle ridículos e as conversas dos adultos aínda lle van grandes. Mais todo muda coa chegada de Libertad, de 15 anos e filla de Rosana, a muller colombiana que coida a Ángela. Rebelde e magnética, Libertad convértese na porta de entrada a un verán distinto para Nora e as dúas mozas axiña forxan unha amizade intensa e desigual. Xuntas saen da burbulla de protección e confort que supón a casa familiar, descubrindo un mundo novo no que Nora se sente máis libre que nunca.

Premios
2021 : Goya: Mellor dirección novel
2021 : Goya: Actriz de reparto (Nora Navas)

"Fermosa película"
(Javier Ocaña, El País)


SESIÓN:
COTA:
  18 e 21 h. (CUT+1)
  socios/as 4  (consultar non asociados/as).



16 Mar. 2022
Mér.

«Babardeală cu buclucsau porno balamuc» Un ferrete desafortunado ou porno tolo

· (Romanía, 2021) 106 min. Cor. RA 2.35:1 [+18] VOSE

Explora a relación entre o individuo e a sociedade, mostrando o que sucede cando unha profesora de secundaria (Katia Pascariu) publica un vídeo persoal de pornografía amateur nunha web. As consecuencias da súa decisión afectaranlle profundamente a ela e á comunidade educativa na que traballa.

Premios
2021: Festival de Berlín: Oso de Ouro (mellor película)

"Un sorprendente revoltallo no que conviven a fábula sarcástica, o ensaio de inspiración brechtiana e o teatro de cachiporra"
(Carlos Losilla, Caimán)


SESIÓN:
COTA:
  18 e 21 h. (CUT+1)
  socios/as 4  (consultar non asociados/as).



23 Mar. 2022
Mér.

«Verdens verste menneske» A peor persoa do mundo

· (Noruega, 2021) 121 min. Cor. RA 1.85:1 [ND] VOSE

Julie vai cumprir os trinta e a súa vida é un desastre existencial. Xa desperdiciou parte do seu talento e o seu noivo Aksel, un exitoso novelista gráfico maior ca ela, presiónaa para que conteña a súa enerxía creativa e sente a cabeza. Unha noite cóase nunha festa e coñece ao novo e encantador Eivind. Tardará pouco en romper con Aksel e embarcarse nunha nova relación coa esperanza de que a súa vida adquira unha nova perspectiva.

Premios
2021: Festival de Cannes: Mellor actriz ( Renate Reinsve)

"Cunha gran elegancia no ton e a posta en escena (...) Trier realiza un interesante retrato xeracional (...) esta simpática comedia romántica norueguesa pretende cun ton distendido explorar un camiño"
(Àngel Quintana, Caimán)


SESIÓN:
COTA:
  18 e 21 h. (CUT+1)
  socios/as 4  (consultar non asociados/as).


30 Mar. 2022
Mér.

«Le Quai de Ouistreham» Nun peirao de Normandia

· (Francia, 2021) 106 min. Cor. RA 2.35:1 [+12] VOSE

Marianne Winckler, unha recoñecida autora, decide escribir un libro sobre a precariedade laboral, vivindo esta realidade de primeira man. Para iso, ocultando a súa identidade, consegue un traballo como limpadora nunha cidade de Normandía, no norte de Francia, e descobre unha vida ignorada polo resto da sociedade na que cada euro gañado ou gastado importa. A pesar da dureza da experiencia, a solidariedade entre colegas crea fortes lazos de amizade entre Marianne e eles. A axuda mutua leva á amizade e a amizade á confianza, pero que pasa con esta confianza cando se saca a verdade?

Premios
2021: Festival de Cine de San Sebastián - SSIF: Premio do Público á Mellor Película Europea

"Un retrato veraz desa tundra capitalista do primeiro mundo onde a solidariedade obreira é a única brasa da humanidade que quenta un pouco"
(Daniel De Partearroyo, Cinemanía)


SESIÓN:
COTA:
  18 e 21 h. (CUT+1)
  socios/as 4  (consultar non asociados/as).


(abril)


06 Abr. 2022
Mér.

«Flee»

· (Francia, 2021) 90 min. Cor. RA 2.35:1 [+12] VOSE

Un refuxiado afgán acepta contar a súa historia persoal coa condición de que non se revele a súa identidade. Para lograr tal propósito, o director decide empregar un estilo de animación que non só protexe ao narrador, senón que potencia a súa historia, combinando o tempo e a memoria de forma visceral e poética.

Premios
2021: Sundance: Premio do Xurado - Documental (World Cinema)

"A animación demostra ser o medio ideal para enmascarar e revelar a identidade dun home gai que escapou de Afganistán"
(Peter Debruge, Variety)


SESIÓN:
COTA:
  18 e 21 h. (CUT+1)
  socios/as 4  (consultar non asociados/as).






Lembramos que todas as proxeccións son no salón de actos da Casa da Cultura, onde estaba a Biblioteca Pública (rúa Concello 11 - Ourense). Pregamos puntualidade.

Os símbolos son; VO; Versión orixinal, VOS (Versión orixinal subtitulada, en castelán VOSE, en galego VOSG), VD; versión dobrada cos mesmos patróns E/G.

A calificación por idades de cada filme sigue o seguinte patrón; [A] apta para todos os públicos, [+N] recomendado para maiores de N anos (onde N é a idade mínima recomendable),... e [SC] Sen calificación dispoñible

ADVERTENZAS: Non se permite o acceso á sala unha vez comenzada a sesión. Tampouco se permite o uso do teléfono móbil unha vez comezada a proxección *; sendo motivo en caso contrario de expulsión da sala, sen dereito á reclamación (En caso de socio/-a será proposto de expulsión da asociación).

(*) Agás para os filmes con audiodescripción, así sinalizados [ AD))) ].



----------
(*) A audiodescripción estará disponible mediante a aplicación gratuita da fundación ONCE; "AUDESCMOBILE".

(Non é preciso software o hardware adicional. O/A usuario/a tan só ten que instalar a aplicación no seu móbil, descargar a audiodescripción da película que quere ver e unha vez na sala de cine, conectar os cascos e reproducir o arquivo. A audiodescripción comenzará e se sincronizará automáticamente coa película)




Horarios CUT+1




Ningún comentario: