Ciclo Andrómeda
Filmoteca
Sesións especiais 8M
VII Ciclo do colexio de médicos
Na antiga Grecia o oráculo aconsellou ao rei sacrificar a súa filla. Así Andrómeda foi encadeada nun cantil na beira do mar para ser devorada por un monstro mariño, mais Perseo, o sobriño do rei da cidade de Argos, namorou dela e matou o monstro para liberala... Talvez esta lenda ou mito poida dar razón do nome doutras mulleres que coñecidas como andrómedas son quen de enfrontarse a todo. Talvez poidan as andrómedas aplacar os cantos amargos dos cabalos sagrados profetizando un novo idus de marzo, antes da grande colisión coa galaxia de Andrómeda que cara á vía láctea viaxa coa indesprezable velocidade de 300 km por segundo... En 3000 millóns de anos non sabemos se poderemos anunciar unha programación como a deste mes; cun novo ciclo do Colexio de Médicos, con dúas sesións extraordinarias dentro das actividades arredor do 8M que organiza o Centro de Información Municipal as Mulleres (CIMM) de Ourense, coas habituais sesións de Filmoteca (nas que entre outros interesantes traballos, incluímos un documental sobre buracos negros) e o novo ciclo Andrómeda, con moitas mulleres como protagonistas exclusivas dos filmes programados.
Como diría Shakespeare na obra Xulio César: coídense dos idus de marzo... e engadimos unha alerta á perigosa adicción que produce o vídeo [.mp4 • 20'7 MB] que anuncia a programación.
Por último, lembrar que tedes á vosa disposición as follas de sala de cada proxección no seguinte enlace [Abre outra xanela].
Filmoteca
«Beiras. Vivir 2 veces»
Político, economista, profesor universitario, activista, músico, tradutor, viaxeiro, fotógrafo, ensaísta, conversador… Xosé Manuel Beiras é un e moitos. Beiras mantén íntegra a súa paixón por comprender o mundo, por compartir a súa visión, por contrastala, por pensar o futuro, o presente, o pasado. Por iso, "Beiras. Vivir2Veces" non é un filme sobre Beiras, senón un filme CON Beiras, no que atópase con algunhas das persoas coas que mellor falar das cuestións que máis o incumben, desde a arte ao territorio, desde a política á casa.
Presentación e coloquio co equipo do filme
Ciclo Andrómeda
«Libertad»
A familia Vidal pasa na súa casa de verán as últimas vacacións da avoa Ángela, que sofre Alzheimer avanzado. Por vez primeira na súa vida, Nora, de 14 anos, sente que non atopa o seu lugar: os xogos de nenos parécenlle ridículos e as conversas dos adultos aínda lle van grandes. Mais todo muda coa chegada de Libertad, de 15 anos e filla de Rosana, a muller colombiana que coida a Ángela. Rebelde e magnética, Libertad convértese na porta de entrada a un verán distinto para Nora e as dúas mozas axiña forxan unha amizade intensa e desigual. Xuntas saen da burbulla de protección e confort que supón a casa familiar, descubrindo un mundo novo no que Nora se sente máis libre que nunca.
Premios
2021 : Goya: Mellor dirección novel
2021 : Goya: Actriz de reparto (Nora Navas)
"Fermosa película"
(Javier Ocaña, El País)
Sesións especiais 8M
«Hive» Colmea
(Programación do CIMM-Ourense)
O marido de Fahrije está desaparecido desde a guerra de Kosovo. Ela monta o seu propio pequeno negocio para manter aos seus fillos, pero mentres loita contra unha sociedade patriarcal que non a apoia, enfróntase a unha decisión crucial.
Premios
2021 : Festival de Cine de Sundance: 3 premios, incl. Premio do xurado - Mellor película (cine mundial)
2021 : Valladolid Film Festival - SEMINCI: Mellor actriz (Yllka Gashi)
"Unha obra moi directa...especialmente ten momentos cun cru poder emocional"
(Jessica Kiang, Variety)
Filmoteca
«Más allá de las estrellas. Fotografiando un agujero negro» Máis aló das estrelas. Fotografando un buraco negro
O 10 de abril de 2019 tivo lugar un dos acontecementos científicos máis impresionantes do século: obtívose a primeira imaxe dun buraco negro. Unha fotografía que convulsionou o mundo xa que confirmaba a teoría da relatividade de Einstein. Pero como se chega a un descubrimento tan relevante? Cóntase como se capturou esta imaxe pioneira obtida grazas ao Telescopio Horizonte de Sucesos (Event Horizon Telescope), que conecta oito radiotelescopios repartidos por todo o mundo para funcionar como un gran telescopio virtual do tamaño do planeta Terra.
"A película logra un fiel retrato da comunidade científica española que participou na realización da primeira imaxe obtida na historia dun buraco negro, un dos obxectos máis esquivos e misteriosos do universo."
(iaa-csic.es)
Sesións especiais 8M
«Herself»
(Programación do CIMM-Ourense)
Unha nai nova escapa do seu marido que a maltrata e loita contra un corrupto sistema inmobiliario. Ela proponse construír a súa propia casa e no proceso reconstrúe a súa vida e redescóbrese a si mesma.
Premios
2020 : British Independent Film Awards (BIFA): Candidata á mellor actriz (Clare Dunne)
"Filme orgullosamente realizado por mulleres...unha dura fábula sobre a solidariedade que respira liberdade"
(Beatriz Martínez, El Periódico)
Ciclo Andrómeda
«Babardeală cu buclucsau porno balamuc» Un ferrete desafortunado ou porno tolo
Explora a relación entre o individuo e a sociedade, mostrando o que sucede cando unha profesora de secundaria (Katia Pascariu) publica un vídeo persoal de pornografía amateur nunha web. As consecuencias da súa decisión afectaranlle profundamente a ela e á comunidade educativa na que traballa.
Premios
2021: Festival de Berlín: Oso de Ouro (mellor película)
"Un sorprendente revoltallo no que conviven a fábula sarcástica, o ensaio de inspiración brechtiana e o teatro de cachiporra"
(Carlos Losilla, Caimán)
Filmoteca
«La cordillera de los sueños» A cordilleira dos soños
Patricio Guzmán abandonou Chile hai máis de corenta anos cando a ditadura militar substituíu a Fronte Popular, pero nunca deixou de pensar nun país, nunha cultura, nun espazo xeográfico que nunca esqueceu. Despois de filmar "O norte" en "Nostalxia da luz" e "O sur" en "O botón de Nácar", Guzmán está agora a rodar o que el chama "a inmensa columna vertebral que revela o pasado e a historia recente de Chile". "A cordilleira dos soños" é unha investigación histórica, un ensaio cinematográfico e unha introspección íntima e colectiva sobre Chile.
Premios
2021 : Premios Goya: Mellor película iberoamericana
"Patricio Guzmán pecha a súa última triloxía rescatando o fascinante arquivo dun dos camarógrafos de 'A batalla de Chile'"
(Elsa Fernández-Santos, El País)
Ciclo Andrómeda
«Verdens verste menneske» A peor persoa do mundo
Julie vai cumprir os trinta e a súa vida é un desastre existencial. Xa desperdiciou parte do seu talento e o seu noivo Aksel, un exitoso novelista gráfico maior ca ela, presiónaa para que conteña a súa enerxía creativa e sente a cabeza. Unha noite cóase nunha festa e coñece ao novo e encantador Eivind. Tardará pouco en romper con Aksel e embarcarse nunha nova relación coa esperanza de que a súa vida adquira unha nova perspectiva.
Premios
2021: Festival de Cannes: Mellor actriz ( Renate Reinsve)
"Cunha gran elegancia no ton e a posta en escena (...) Trier realiza un interesante retrato xeracional (...) esta simpática comedia romántica norueguesa pretende cun ton distendido explorar un camiño"
(Àngel Quintana, Caimán)
Filmoteca
«Escribir lo imposible» Escribir o imposible
Juan Tallón (Vilardevós, Ourense 1975) pasa todo o día escribindo, sobre todo cando non escribe. Colabora con ‘El País’, ‘Jot Down’, ‘El Progreso’ e Cadena SER. Levas publicadas xa seis novelas. En 2020, dúas semanas antes do confinamento, presentou 'Rewind', un libro ambientado en Lión sobre a fraxilidade da vida, os golpes inesperados e as cousas que se perden para sempre. Narra a historia do proceso de creación de Rewind e como a nova realidade acabou facéndose coa ficción.
Presenta Simone Saibene
VII Ciclo do colexio de médicos
«The Lost Weekend» Días sen pegadas
Don Birnam (Ray Milland) é un escritor fracasado pola súa adicción ao alcol, unha adicción que o destruíu física e moralmente e converteuno nun home carente de vontade. Mentres siga bebendo, é quen de calquera cousa, incluso de roubar. Tanto a súa noiva (Jane Wyman) como o seu irmán fan todo o posible para rexeneralo, pero os seus esforzos parecen inútiles.
Premios
1945 : 4 Oscars: Mellor película, director, actor (Milland), guión adaptado 7 nominacións
1945 : Globos de Ouro: Mellor película, director e actor (Ray Milland)
1946 : Festival de Cannes: Gran Premio do Festival (Ex-aequo). Mellor actor (Milland)
"Unha película devastadoramente realista e mórbidamente fascinante (...) Unha ilustración da miseria borracha que é un dos mellores e máis perturbadores estudos de personaxes que se viron na pantalla grande"
(Bosley Crowther, The New York Times)
+ [ INFO. do resto do ciclo / Abre outra xanela]
Ciclo Andrómeda
«Le Quai de Ouistreham» Nun peirao de Normandia
Marianne Winckler, unha recoñecida autora, decide escribir un libro sobre a precariedade laboral, vivindo esta realidade de primeira man. Para iso, ocultando a súa identidade, consegue un traballo como limpadora nunha cidade de Normandía, no norte de Francia, e descobre unha vida ignorada polo resto da sociedade na que cada euro gañado ou gastado importa. A pesar da dureza da experiencia, a solidariedade entre colegas crea fortes lazos de amizade entre Marianne e eles. A axuda mutua leva á amizade e a amizade á confianza, pero que pasa con esta confianza cando se saca a verdade?
Premios
2021: Festival de Cine de San Sebastián - SSIF: Premio do Público á Mellor Película Europea
"Un retrato veraz desa tundra capitalista do primeiro mundo onde a solidariedade obreira é a única brasa da humanidade que quenta un pouco"
(Daniel De Partearroyo, Cinemanía)
Filmoteca
«Más allá de las estrellas. Fotografiando un agujero negro» Máis aló das estrelas. Fotografando un buraco negro
Recuperamos a fallida proxección do pasado 14 de marzo; con entrada de balde para os/as espectadores/as que asistiron na pasada proxección (suspendida por motivos técnicos)
O 10 de abril de 2019 tivo lugar un dos acontecementos científicos máis impresionantes do século: obtívose a primeira imaxe dun buraco negro. Unha fotografía que convulsionou o mundo xa que confirmaba a teoría da relatividade de Einstein. Pero como se chega a un descubrimento tan relevante? Cóntase como se capturou esta imaxe pioneira obtida grazas ao Telescopio Horizonte de Sucesos (Event Horizon Telescope), que conecta oito radiotelescopios repartidos por todo o mundo para funcionar como un gran telescopio virtual do tamaño do planeta Terra.
"A película logra un fiel retrato da comunidade científica española que participou na realización da primeira imaxe obtida na historia dun buraco negro, un dos obxectos máis esquivos e misteriosos do universo."
(iaa-csic.es)
«Flee»
Un refuxiado afgán acepta contar a súa historia persoal coa condición de que non se revele a súa identidade. Para lograr tal propósito, o director decide empregar un estilo de animación que non só protexe ao narrador, senón que potencia a súa historia, combinando o tempo e a memoria de forma visceral e poética.
Premios
2021: Sundance: Premio do Xurado - Documental (World Cinema)
"A animación demostra ser o medio ideal para enmascarar e revelar a identidade dun home gai que escapou de Afganistán"
(Peter Debruge, Variety)
Os símbolos son; VO; Versión orixinal, VOS (Versión orixinal subtitulada, en castelán VOSE, en galego VOSG), VD; versión orixinal ou dobrada cos mesmos patróns E/G.
A calificación por idades de cada filme sigue o seguinte patrón; [A] apta para todos os públicos, [+7] recomendado para maiores de 7 anos, [+12] recomendado para maiores de 12 anos, [+18] recomendado para maiores de 18 anos, e [ND] Non dispoñible ou [SC] sen clasificación
ADVERTENZAS: Non se permite o acceso á sala unha vez comenzada a sesión. Tampouco se permite o uso do teléfono móbil unha vez comezada a proxección * ou a asistencia na sala sen máscara de protección fronte ao COVID; sendo motivo en caso contrario de expulsión da sala, sen dereito á reclamación (En caso de socio/-a será proposto de expulsión da asociación).
(*) Agás para os filmes con audiodescripción, así sinalizados [ AD))) ].
----------
(*) A audiodescripción estará disponible mediante a aplicación gratuita da fundación ONCE; "AUDESCMOBILE".
(Non é preciso software o hardware adicional. O/A usuario/a tan só ten que instalar a aplicación no seu móbil, descargar a audiodescripción da película que quere ver e unha vez na sala de cine, conectar os cascos e reproducir o arquivo. A audiodescripción comenzará e se sincronizará automáticamente coa película)
Ningún comentario:
Publicar un comentario