08/06/23

XII Marxes Fílmicas: Ucraína

A Rus de Kiev, unha federación de tribos eslavas orientais, converteuse no Estado máis grande e poderoso de Europa dos séculos IX a XI. Ese territorio foi pasando a mans de diferentes potencias invasoras: primeiro foron os mongoles, despois austrohúngaros, otománs, os tsares rusos, até que no 1917 se converte nunha das Repúblicas fundadoras da URSS.

Desde 1991 Ucraína é un país independente. Prové de cereal a medio mundo, malia que a xente non goza da prosperidade económica prometida. O ucraíno e o ruso conviven como linguas de uso cotiá. Politicamente, sofre a inestabilidade dos seus gobernos: un dos seus presidentes sufriu un intento de envelenamento, producíronse manifestacións e algaradas de índole europeísta e nacionalista -o Euromaidán-, e o seu actual dirixente, Volodímir Zelenski, saltou á fama a través dunha serie de televisión na que encarnaba o mesmo presidente do país. Pero se hai un rasgo definitorio na condición ucraína, e a súa “condenada” posición xeopolítica estratéxica, entre os cantos de serea das potencias occidentais -a UE, a OTAN- e os da veciña Rusia.

Esta encrucillada é un reflexo da súa produción cinematográfica, que se caracterizou a miúdo por un debate sobre a súa identidade propia e sobre o nivel de influencia rusa e europea. Entre os seus grandes cineastas cómpre salientar os nomes de Kira Murátova -directora, guionista e actriz-, Aleksandr Dovzhenko -pioneiro da teoría da montaxe-, Dziga Vértov -autor, entre outros, de O home da cámara e do primeiro documental ucraíno sonoro: Entusiasmo. Sinfonía do Donbass- ou Serguéi Paradzhánov -cuxo cinema poético se afastou dos dogmas do realismo socialista-.

Coa lembranza das cruentas imaxes de Eisenstein na escalinata de Odesa -O acoirazado Potemkin, 1925-, as Marxes Fílmicas 2023 poñen o foco na Ucraína contemporánea, a que vive o drama da guerra: máis de 60.000 persoas mortas e outras tantas feridas, así como 17 millóns de persoas obrigadas a desprazarse lonxe das súas casas. Catro noites de cine ao abeiro do patio do Museo Etnolóxico para reflexionar, coa colaboración do Instituto Francés, a través de diferentes xéneros fílmicos -documental, drama, comedia, musical- sobre as consecuencias da política internacional e da violencia sobre a poboación civil ucraína.

Enfocamos a vida da Ucrania recente desde varias perpectivas e experiencias para reflexionar sobre as consecuencias da política internacional e da violencia que afecta á poboación causada pola guerra.




«MF:Ucraína-2023»· cartel realizado por Gael Carballo (cineclupePF)


Co acollemento organizativo e hospitalario do Museo etnoloxóxico, proxectaremos desta vez na cuarta e quinta semana do mes de xuño, luns e martes, os días 19, 21, 26 e 28 de xuño do 2023 nunha única sesión, ás 22:00 h., en VOSE (acceso de balde); no patio do de