12/02/26

Programación de marzo de 2026

Filmoteca

XI Ciclo Colexio de médicos

Sesións dos mércores

Sesión maxistral de filmoteca


Tralo festivo paso oportuno do entroido, albiscamos o disfrace da primavera con espírito de rebelión e resistencia. Unha das características esenciais das imaxes, sobre todo das imaxes en movemento como o cinema, é a poderosa relación que pode manter coa realidade. Destacamos dúas propostas con diferentes narrativas que chegan desde Euskadi e Portugal para enfrontarse de distinto xeito aos avatares da loita. Tamén temos traxedia edulcorada co absurdo, no primeiro filme iraquiano despois do estrague deixado polos EUA e experiencias inmersivas de silencio: con protagonismo femeníno en “Sorda”, masculino en “Galos de pelexa” ou de toda unha aldea, na excepcional obra cume de Béla Tarr, "Sátántangó" (Pregamos atención ao horario).

O problema da vivenda no cinema español de finais dos 50 e principios dos 60 plásmase a través da sátira, o humor negro e o realismo, deformando os comportamentos de personaxes atrapados en matrimonios de conveniencia ou humillacións burocráticas para obter un piso, reflectindo unha asfixia social e económica extrema que está en auxe, aínda que quizais o reflexo narrativo non sexa o mesmo. Recuperamos así un filme vixente escrito por Rafael Azcona, coa dirección de Marco Ferreri, xunto con outras propostas que tamén falan de miseria e degradacións social; como a emocionante película de Kaouther Ben Hania, "A voz de Hind" que anticipa o xenocidio en Palestina (que segue executando o actual goberno sionista) e foi premiada no pasado Festival de Venecia, xunto coa outra das propostas que programamos; a máis cineclubista de todas como poden ser as obras de Jim Jarmusch e que nestá ocasión, radiografía a familia no medio dun mundo fragmentado, como o actual.

De contado podedes consultar e descargar as follas de sala , así como vídeo [.mp4 • 17'5 MB] que resume a programación que preparamos.




«Marzo 2026»· (cineclupePF)


En conclusión, xuntamos con esta programación a potencia da ficción para achar nela unha ferramenta fundamental para o entendemento do mundo. Agardamos por vós.



Sesión de ciclo dos mércores de marzo de 2026

Dentro das habituais sesións dos mércores de ciclo, detallamos a continuación os filmes que proxectaremos en marzo de 2026, no salón de actos da Casa de Cultura (Rúa Concello núm. 11 de Ourense).


Podes consultar e descargar as follas de sala, aquí [Abre outra xanela]


Luns de filmoteca de marzo de 2026

Dentro das habituais sesións de filmoteca dos luns, detallamos a continuación os filmes que proxectaremos en marzo de 2026, no salón de actos da Casa de Cultura (Rúa Concello núm. 11 de Ourense).


Podes consultar e descargar as follas de sala, aquí [Abre outra xanela]