01/05/15

programación maio—xuño 2015

Despois de semana santa, e incluso despois do dramático suceso nun colexio de Catalunya, onde un mestre foi asasinado por un estudante de apenas 13 anos, albíscase unha sociedade ateigada de relixiosa moral, corruptíbel por normas e ritos sacros, que nos esclavizan e leva a ausencia de toda educación ética e emocional.

O poder trátanos co rigor escuro das normas, endurecendo incluso a válvula da protesta, para deseñar un panorama máis próximo ao medievo.
Entre a picaresca e o esperpento da actualidade, tiñamos enriba da mesa, controvertidos e polémicos relatos, que deberíamos tratar dalgún xeito, ou ao menos procurar como son retratados polo cinema. Desta volta, para culminar a primeira parte deste ano, cremos que é necesario engadir algún elemento disparatado, algo co que aledar o noso espírito diante do amargo panorama citado.


programación maio-xuño 2015
Cartaz da programación de maioxuño 2015, deseño de Iñaki Nóvoa (cineclupePF)

Comezamos cunha sesión especial, do que chamaremos «sesión de cine urxente», para chamar a vosa atención sobre os condicionamentos negativos que pode chegar a ter, a supremacía da relixión na vida das persoas. Continuaremos logo, coas relacións de familia, as negociacións con ETA, a sexualidade, o nazismo e a eutanasia, sen descuidar un par de ciclos a e nos «».
No apartado especial, temos que resaltar 2 colaboracións, coa , proxectaremos un filme adicado a e con «», teremos a ocasión de conversar co director , e ver o seu último filme «El Muerto y ser feliz», co gallo do obradoiro que organizan.

Coma sempre no canle de «You Tube», tedes o avance visual [.mp4 • 8'8 MB] deste ciclo e de seguido, os filmes que o compoñen. Agradecemos moitísimo a vosa participación e comentarios.




luns 4 de maio do 2015

Cinema e Pintura


cartaz do filme
Velo avance do filme: You Tube [.mp4 • 17'8 MB] VOS

Título: «Mr. Turner»
Ano:
País:
Director:
Guión: Mike Leigh
Música:
Fotografía:
Reparto: , , ,
Duración: 149 min.
Produtora: Focus Features International | Film4 | Thin Man Films | Xofa Productions
Distribuidora:
Exhibición: Dixital BD · Cor · Ratio 2.35:1 · Dolby dixital HD-DTS
Idioma: inglés · VOSE (versión orixinal subtítulada ao castelán)

Sipnose:
Biografía sobre o pintor británico Joseph Mallord William Turner, artista recoñecido, ilustre membro da «Royal Academy of Arts», vive co seu pai e a súa leal ama de chaves. É amigo de aristócratas, visita bordeis e viaxa frecuentemente na procura de inspiración. A pesares da súa fama, tamén é vítima das burlas do público e do sarcasmo da sociedade. Profundamente afectado pola morte do seu pai, decide aillarse. A súa vida muda cando coñece á señora Booth, propietaria dunha pensión familiar ás beiras do mar.

Premios e mencións:
2014 · Premios Oscar:: 4 nominacións incluindo mellor fotografía :: Festival de Cannes: mejor actor () :: Premios BAFTA: 4 nominacións incluíndo mellor fotografía :: Festival de Sevilla: mellor director, mellor actor :: NBR: mellores filmes independentes do ano :: Círculo de Críticos de New York, Premios do Cinema Europeo: mellor actor :: Satellite Awards: mellor fotografía :: Critics Choice Awards: 2 nominacións incluíndo mellor fotografía.

Crítica:
"…Realizáronse moitos filmes sobre pintores, esquecibles algunhos deles (…) Mr. Turner é unha das mellores… "
Carlos Boyero (El País)




mércores 6 de maio do 2015

Sesión especial e urxente!


cartaz do filme
Velo avance do filme: You Tube [.mp4 • 18'5 MB] VOS

Título: «Timbuktu» · Le chagrin des oiseaux

Ano:
País:
Director:
Guión: Abderrahmane Sissako e
Música:
Fotografía: Sofian El Fani
Reparto: , , ,
Duración: 100 min.
Producción: Armada Films | Dune Vision | Les Films du Worso
Distribuidora:
Exhibición: Dixital (BD) · Cor · Ratio 2.35:1 · Dolby dixital HD-DTS
Idioma: árabe, francés, inglés, bambara, songai e tuarague (tamasheq) · VOSE (versión orixinal subtítulada ao castelán)

Sipnose:
Ano 2012, a cidade maliense de Tombouctou caeu en mans de extremistas relixiosos. Kidane vive tranquilamente nas dunas coa súa esposa Satima, a súa filla Toya e Issam, un pícaro pastor de 12 anos. Pero na cidade os habitantes padecen o réxime de terror imposto polos yihadistas: prohibido escoitar música, rir, fumar e até xogar ao fútbol. As mulleres convertéronse en sombras que intentan resistir con dignidade. Cada día, uns tribunais islamistas improvisados lanzan sentenzas tan absurdas como tráxicas. O caos que reina en Tombouctou non parece afectar a Kidane até o día en que accidentalmente mata a Amadou, un pescador que acabou coa vida da súa vaca favorita. Agora debe enfrontarse ás leis impostas polos ocupantes estranxeiros.

Premios e mencións:
2014 · Premios Oscar: nominación mellor filme de fala non inglesa :: Premios César®: 8 nominacións, 7 premios incluíndo mellor filme e director :: Festival de Cannes: sección oficial longametraxe a concurso :: Festival de Chicago: mellor director :: Satellite Awards: nominación ao mellor filme de fala non inglesa.
Crítica:
"É o retrato máis arrepiante e con sensación de veracidade que vin sobre o yihadismo (…) É gozoso que este filme o realizou un musulmán tan intelixente como indignado…"
Carlos Boyero (El País)


luns 11 de maio do 2015

cartaz do filme
Velo avance do filme: You Tube [.mp4 • 8'7 MB] VO

Título: «Costa da Morte»

Ano:
País:
Director:
Guión: Lois Patiño
Música:
Fotografía: Lois Patiño
Reparto: , ,
Duración: 84 min.
Produtora: Zeitun Films
Distribuidora:
Exhibición: Dixital (BD) · Cor · Ratio 1.77:1 · Dolby dixital HD-DTS
Idioma: galego · VO (versión orixinal)

Sipnose:
A Costa da Morte é unha rexión de Galicia que foi considerada o fin do mundo durante o Imperio Romano. O seu dramático nome provén dos numerosos naufraxios que sucederon ao longo da historia nesta área feita de rochas, brétemas e temporais. Atravesamos esta terra observando as persoas que a habitan: pescadores, mariscadores, madeireiros…
Somos testemuñas do traballo que realizan, co cal manteñen á vez unha relación íntima e unha batalla antagónica coa inmensidade do territorio. O vento, a pedra, o mar, o lume, son personaxes neste filme, e a través deles achegámonos ao misterio que supón a paisaxe, entendida como unha unidade xunto ao home, a historia e o mito.

Premios e mencións:
2014 · FICUNAM: mellor filme.
2013 · Festival del Film Locarno «Cineasti del Presente»: mellor director emerxente :: Festival de Cine Europeo de Sevilla: premio mellor filme de non ficción e mención especial do xurado «Nuevas Olas».

Crítica:
"Non pon nunca o piloto automático na súa sucesión de imaxes dunha beleza abrumadora (…) esixe entrega incondicional aos seus espectadores para proporcionarlles unha poderosa visión da natureza como deidade terrible e indiferente…"
Jordi Costa (El País)



mércores 13 de maio do 2015

cartaz do filme
Velo avance do filme: You Tube [.mp4 • 15 MB] VOS

Título: «Turist» · Fuerza mayor
(Forza Maior)

Ano:
País:
Director:
Guión: Ruben Östlund
Música:
Fotografía: e
Reparto: , , ,
Duración: 120 min.
Produtora: Plattform Produktion | Swedish Film Institute | Film I Vast | Essential Filmproduktion
Distribuidora:
Exhibición: Dixital BD · Cor · Ratio 2.35:1 · Dolby Dixital HD-DTS
Idioma: danés, noruegués, francés e sueco · VOSE (versión orixinal subtítulada en castelán)

Sipnose:
Unha familia pasa as vacacións de inverno nos Alpes. O sol brilla e as pistas están magníficas, pero mentres comen nun restaurante, prodúcese unha avalancha que asusta aos clientes. A nai chama ao seu marido para que a axude a salvar aos seus fillos, pero el fuxiu para salvar a súa vida. A avalancha detense diante do restaurante, sen ocasionar danos, pero o universo familiar xa rachou. Tomas () buscará desesperadamente recuperar o seu lugar de pai de familia.

Premios e mencións:
2014 · Premios Globos de Ouro: nominación ao mellor filme de fala non inglesa :: Premios do cinema Europeo: 2 nominacións, incluíndo mellor filme :: Premios Guldbaggen (Estocolmo): 6 premios incluíndo mellor filme e director :: Festival de Cannes «Un Certain Regard»: premio do xurado :: Festival de Sevilla: Xiraldillo de ouro ao mellor filme e mellor guión :: Independent Spirit Awards: nominación ao mellor filme estranxeiro.

Crítica:
"Esta brilante e brutalmente divertida derriba da compracencia burguesa, os estereotipos e suposicións de xénero e a ilusión golpea na fraxilidade humana de xeito tan implacable como calquera película de Michael Haneke."
Stephen Holden (The New York Times)


xoves 14 de maio do 2015

Fundación Cum Laude


cartaz do filme
Velo avance do film: You Tube [.mp4 • 6'7 MB] VO

Título: «Il postino» · El cartero (y Pablo Neruda)
(O Carteiro)

Ano:
País:
Director:
Guión: Michael Radford, Massimo Troisi, , e
Música:
Fotografía:
Reparto: , , ,
Duración: 115 min.
Produtora: Cecchi Gori Group Tiger Cinematografica | Penta Film | Esterno Mediterraneo Film | Blue Dahlia Productions
Distribuidora: Buena Vista International Spain
Exhibición: Dixital BD · Cor · Ratio 1.66:1 · Dolby dixital HD-DTS
Idiomas: italiano · VOSE (versión orixinal subtítulada ao castelán)

Sipnose:
Mario () é un home sinxelo que acepta un emprego de carteiro. O seu traballo consiste en levar o correo a un único destinatario, o poeta chileno (), que vive exiliado no pequeno poblo italiano. Mario sente fascinación pola figura de , e entre os dous homes crecerá unha grande amistade.

Premios e mencións:
1995 · Premios Oscar: mellor banda sonora orixinal, 5 nominacións :: BAFTA: 5 nominacións, 3 premios, mellor director, filme de fala non inglesa e música :: Critics' Choice Awards: mellor filme de fala non inglesa.
1994 · Premios David di Donatello mellor montaxe, 6 nominacións.

Crítica:
"Fermoso e apaixonado filme… "
Javier Rioyo (Cinemanía)




Folla de sala: Il Postino [.pdf • 114 kB]


luns 18 de maio do 2015

cartaz do filme
Velo avance do filme: Vimeo [.mp4 • 17'5 MB] VO

Título: «Coûte que coûte»

Ano:
País:
Director:
Guión: Claire Simon
Música:
Fotografía: Claire Simon,
Xénero: documental
Duración: 95 min.
Produtora: La Sept-Arte | Les Films d'Ici
Distribuidora: CGAI
Exhibición: Dixital (BD) · Cor · Ratio 1.66:1
Idioma: francés · VOSE (versión orixinal subtítulado ao castelán)

Sipnose:
Co diñeiro duns parentes Jihad abre unha pequena empresa de comidas. A pesar da entrega dos seus empregados e da abundancia de bos produtos, as cousas non acaban de ir ben. Pero Jihad non quere rendirse e xunto aos seus cociñeiros e a súa secretaria continúa cara adiante «custe o que custe».

Premios e mencións:
1995 · Cinéma du Réel: premio «Louis Marcorelles» :: Festival de Postdam: gran premio.

Crítica:
"A gran virtude de é a de haber visto que persoas comúns podían volverse personaxes inmensos, e tamén a de facer, dunha historia verdadeira, unha verdadeira historia…"
Nicolas Philibert (BAFICI)


mércores 20 de maio do 2015

cartaz do filme
Velo avance do filme: You Tube [.mp4 • 10'3 MB] VO

Título: «Negociador »

Ano:
País:
Director:
Guión: Borja Cobeaga
Música:
Fotografía:
Reparto: , , ,
Duración: 80 min.
Produtora: Sayaka Producciones Audiovisuales | Telecinco Cinema
Distribuidora:
Exhibición: Dixital BD · Cor · Ratio 2.35:1 · Dolby dixital HD-DTS
Idioma: castelán · VO (versión orixinal)

Sipnose:
Manu Aranguren, un político vasco, exerce de interlocutor do goberno español nas negociacións con ETA. En lugar de asistir, tal como esperaba, a un acto solemne e calculado, pronto verá que as casualidades, os erros ou os malentendidos marcan o diálogo entre ambas partes e que a relación persoal entre os negociadores será clave para a resolución do conflito. Comedia baseada nas negociacións entre o presidente do PSEPSE vasco, Jesús Eguiguren e ETA en 2005 e 2006.

Premios e mencións:
2014 · Festival de San Sebastián: Zinemira-Zabaltegui e premio Irizar (cinema Vasco).

Crítica:
"Unha obra que non busca a risa sempre e custe o que custe, aínda que atope incluso a gargallada, senón un humor dointe, negrísimo, brilante, tráxico e atroz (…) «Negociador» é un triunfo."
Javier Ocaña (El País)



luns 25 de maio do 2015

cartaz do filme
Velo avance do filme: You Tube [.mp4 • 4'1 MB] VO

Título: «Mimi»

Ano:
País:
Director:
Guión: Claire Simon
Música: , Diego Origlia e Mohamed Mokhtari
Fotografía:
Xénero: documental
Reparto: , Diego Origlia e Mohamed Mokhtari
Duración: 105 min.
Produtora: Gémini Films | Maïa Films | Ognon Pictures
Distribuidora: CGAI
Exhibición: Dixital (BD) · Cor · Ratio 1.66:1
Idioma: francés · VOSE (versión orixinal subtítulado ao castelán)

Sipnose:
Unha filma mentres a outra fala. e . Con todo Mimi non é ningunha estrela. Paseando por Niza, con cancións italianas de fondo, convencémonos rapidamente de que toda vida é unha historia e de que toda historia pode ser unha vida. Mimi está consternada porque sente que ela é un pouco todo o mundo e ao mesmo tempo ninguén. Ela é unha narradora chea de modestia e tenrura, un auténtico personaxe de ficción cuxo relato imprevisible expresa un inesgotable desexo de liberdade.

Premios e mencións:
2003 · Festival de Berlin: Youth Film Forum.




mércores 27 de maio do 2015

cartaz do filme
Velo avance do film: You Tube [.mp4 • 33'4 MB] VOS

Título: «Pride» · Orgullo

Ano:
País:
Director:
Guión:
Música:
Fotografía:
Reparto: , , ,
Duración: 120 min.
Produtora: Calamity Films
Distribuidora:
Exhibición: Dixital BD · Cor · Ratio 2.35:1 · Dolby dixital HD-DTS
Idiomas: inglés · VOSE (versión orixinal subtítulada ao castelán)

Sipnose:
A finais de 1984, sendo primeira ministra Margaret Thatcher, o Sindicato Nacional de Mineiros (NUM) convoca unha folga. Durante a manifestación do orgullo gai en Londres, un grupo de lesbianas e gais dedícase a recadar fondos para axudar ás familias dos traballadores, pero o sindicato non acepta o diñeiro. O grupo decide entón poñerse en contacto directo cos mineiros e van a unha aldea de Gales. Empeza así a curiosa historia de dúas comunidades totalmente diferentes que xúntanse por unha causa común.

Premios e mencións:
2014 · Globos de Ouro: nominación mellor filme comedia ou musical :: Premios BAFTA: mellor debut dun escritor, director ou productor británico.

Crítica:
"Un filme feito para gustar ao público, no mellor sentido (…) «Pride» non é sutil cando sinala os seus propósitos, porén por desgraza, son temas que aínda necesitan sinalarse… "
Peter Travers (Rolling Stone)


xoves 28 de maio do 2015

«Como facer cinema cos posos do café»

Obradoiro exprés de «» onde contaremos coa presentación do propio director.

cartaz do filme
Velo avance do film: You Tube [.mp4 • 25'9 MB] VOS

Título: «El muerto y ser feliz» ·
(O Morto e ser Feliz)

Ano:
País:
Director:
Guión: Javier Rebollo, e
Fotografía:
Reparto: , , ,
Duración: 92 min.
Produtora: Lolita Films | TV3 | Icónica | TVE | Eddie Saeta | Noodles Production | ICO
Distribuidora:
Exhibición: Dixital BD · Cor · Ratio 2.35:1 · Dolby dixital HD-DTS
Idiomas: castelán · VO (versión orixinal)

Sipnose:
Cando un asasino a soldo español, ingresado nun hospital de Buenos Aires, decatase que está a piques de morrer, escápase e diríxese ao norte atravesando todo o país. Foxe por estradas secundarias nunha especie de tranquila peregrinación que ten algo que ver cunha moderna novela de cabalerías. Unha muller que atopou na estrada será o seu escudeiro nese continuo avanzar fuxindo da morte e correndo, ao mesmo tempo, cara ela.

Premios e mencións:
2013 · Festival de San Sebastián: premio mellor actor ().
2012 · Premios Goya® e FIPRESCI: premio mellor actor () :: Festival Du Film Espagnol de Toulouse «Cinespaña» (Francia): premio mellor filme e mellor actriz () :: Festivais de New York, Viennale, Mar del Plata, KVIFF, Praha (Eslovaquia), …: selección oficial.

Crítica:
"A acusada vontade de diferenza de «El Muerto y Ser Feliz» non ten nada que ver con xestos de arrogancia senón coa vontade de compartir un xogo. convida ao público a participar nel (…) grandioso … "
Jordi Costa (El País)



luns 1 de xuño do 2015

cartaz do filme
Velo avance do filme: You Tube [.mp4 • 22'1 MB] VO

Título: «Gare du Nord»

Ano:
País:
Director:
Guión: Claire Simon, e
Música:
Fotografía: e
Reparto: , , ,
Duración: 119 min.
Produtora: Les Films d'Ici | Productions Thalie | Cinémage 7 | France 3 Cinéma | K Films Amerique | CNC
Distribuidora: CGAI
Exhibición: Dixital (BD) · Cor · Ratio 1.85:1 · Dolby dixital HD-DTS
Idioma: francés · VOSE (versión orixinal subtítulado ao castelán)

Sipnose:
París, a estación do norte «Gare du Nord», todo pode pasar, mesmo trens. Un quixese quedar pero hai présa. Como os miles de vidas que alí se cruzan, cruzaranse Ismäel e Matilde e namoraranse aos poucos. A estación é un mundo aparte frecuentado por todos: franceses, inmigrantes, emigrantes, viaxeiros e pantasmas. Unha encrucillada de camiños onde cada vida pasa rápido e desaparece.

Premios e mencións:
2013 · Festival del Film Locarno: selección oficial de longametraxes a concurso.

Crítica:
"…fala de persoas, cunha profunda aproximación humanista. Esta intimidade que establece cos retratados, unida a un control do enfoque e o encadre como camarógrafa, convírtena nunha das grandes referencias…"
Víctor Paz Morandeira ()


mércores 3 de xuño do 2015

cartaz do filme
Velo avance do filme: You Tube [.mp4 • 19'7 MB] VO

Título: «Mr. Kaplan» · Kaplan

Ano:
País:
Director:
Guión: Álvaro Brechner
Música:
Fotografía:
Reparto: , , ,
Duración: 98 min.
Produtora: Baobab Films
Distribuidora:
Exhibición: Dixital BD · Cor · Ratio 2.35:1 · Dolby dixital
Idiomas: castelán · VO (versión orixinal)

Sipnose:
Trala II Guerra Mundial (19391945), o vello xudeu Jacobo Kaplan fuxiu a Sudamérica. Descontento co seu novo rabino, a súa comunidade, a súa familia e a súa vida e temendo morrer e non ser recordado, con case 80 anos decide, coa axuda dun policía retirado, dar un envorco á súa vida. Emprende entón unha aventura singular: capturar a un vello alemán, dono dun restaurante, porque está convencido de que é un antigo oficial nazi. O seu obxectivo é levalo a Israel. Así contribuirá a recuperar o orgullo e a dignidade da comunidade xudía.

Premios e mencións:
2014 · Premios Goya® e Premios Ariel® (México): nominación ao mellor filme hispanoamericano :: Festival Internacional de Cine de Mar del Plata (Arxentina): selección oficial (competencia Latinoamericana) :: Festival de La Habana (Cuba): selección oficial longametraxes a concurso.

Crítica:
"Non é difícil adiviñar cara a onde se dirixe esta comedia de humor negro, pero toma un camiño divertido.… "
Leslie Felperin (The Hollywood Reporter)


luns 8 de xuño do 2015

cartaz do filme
Velo avance do film: You Tube [.mp4 • 20'3 MB] VOS

Título: «Ha-shoter» —Policeman · Policía en Israel

Ano:
País:
Director:
Guión: Nadav Lapid
Fotografía:
Reparto: , , ,
Duración: 105 min.
Produtora: Laila Films
Distribuidora: CGAI | Aquelarre Servicios Cinematográficos
Exhibición: Dixital BD · Cor · Ratio 1.66:1 · Dolby dixital HD-DTS
Idioma: hebreo · VOSE (versión orixinal subtítulada ao castelán)

Sipnose:
Yaron é un policía que pertence a un grupo de elite da unidade antiterrorista israelí. Os membros desta unidade son o arma coa que o Estado apunta aos seus inimigos. A Yaron encántalle o seu traballo. Tamén está emocionado porque a súa muller vai dar a luz; pode ser pai en calquera momento. Pero un encontro cun grupo tan violento como radical enfrontaralle á guerra de clases en Israel e á guerra que se libra no seu interior.

Premios e mencións:
2012 · BAFICI: mellor filme e director.
2011 · Festival del Film Locarno: premio especial do xurado.

Crítica:
"O filme pregúntase se realmente coñecemos ao noso inimigo e é unha idea que dá no branco con forza no profundo e inquietante plano final… "
David Jenkins (Time Out)



mércores 10 de xuño do 2015

cartaz do filme
Velo avance do film: You Tube [.mp4 • 18'6 MB] VOS

Título: «Mita Tova» —The Farewell Party · La fiesta de despedida
(A Festa de Despedida)

Ano:
País:
Director: e
Guión: Tal Granit e Sharon Maymon
Música:
Fotografía:
Reparto: , , ,
Duración: 95 min.
Produtora: 2-Team Productions | Pie Films | Twenty Twenty Vision Filmproduktion
Distribuidora:
Exhibición: Dixital BD · Cor · Ratio 2.35:1 · Dolby dixital HD-DTS
Idioma: hebreo · VOSE (versión orixinal subtítulada ao castelán)

Sipnose:
Nunha residencia de anciáns, un grupo de amigos constrúe unha máquina para practicar a eutanasia co fin de axudar a un amigo doente terminal. Pero cando se estenden os rumores sobre a máquina, outros anciáns pediranlles axuda, o que lles suscita un dilema emocional e implícaos nunha aventura disparatada.

Premios e mencións:
2014 · Festival de Venecia: premio do público :: Seminci: Espiga de Ouro (mellor filme) e mellor actriz ().

Crítica:
"Unha conmovedora e provocativa dramedia (…) Cun ideal elenco de talento septuaxenario, un sentido visual finamente pulido e unha magnífica sincronización de comicidade irónica e diálogo… "
Alissa Simon (Variety)


luns 15 de xuño do 2015

cartaz do filme
Velo avance do film: You Tube [.mp4 • 14'8 MB] VOS

Título: «Haganenet» · La profesora de parvulario
(A Mestra de Párvulos)

Ano:
País:
Director:
Guión: Nadav Lapid
Música:
Fotografía:
Reparto: , , ,
Duración: 120 min.
Produtora: Pie Films | Haut et Court | Arte France Cinéma
Distribuidora: CGAI | Good Films
Exhibición: Dixital BD · Cor · Ratio 1.85:1 · Dolby dixital HD-DTS
Idioma: hebreo · VOSE (versión orixinal subtítulada ao castelán)

Sipnose:
Unha mestra descobre, nun neno de cinco anos de idade, un prodixioso don para a poesía. Asombrada e inspirada por este mozo, decide protexer o seu talento, a pesar de todo o mundo.

Premios e mencións:
2014 · Festival de Sevilla: Giraldillo de prata.

Crítica:
"A súa posta en escena é un reflexo do misterio que se executa por medio do filme…"
Cyril Béghin (Cahiers du Cinéma)




Resumo da programación: maio 2015 [.pdf • 122 kB]
Engade a nosa programación ao teu calendario [.ics · 155 kB] .iCal




Sesións na Casa da Cultura:

Os luns ás 20:30 e 23 h.* — Cota de sostenemento de actividade, no acceso para socios/as: 2 ; non asociados/as: 2'5  (+ IVE)
Os mércores ás 18, 20:30 e 23 h — Cota de sostenemento no acceso para socios/as: 4 ; non asociados/as: 5  (+ IVE)

O xoves 14 de maio ás 20:30 h. — Acceso de balde.
O xoves 28 de maio ás 20:30 e 23 h. — Acceso de balde para os inscritos no obradoiro exprés — Cota de sostenemento no acceso para socios/as: 4 ; non asociados/as: 5  (+ IVE)

Bonificacións: os teñen reducción dun euro na cota de sostenemento no acceso dos mércores, se asistiron nesa mesma semana, ao luns de filmoteca

Aquelas proxeccións con aviso de cota de balde, para os socios e socias, non exime de solicitarlle aos non asociados/as, que liquiden os oportunos custes proporcionais de mantenemento, e da actividade xeral do cineclube, xunto co IVE actual do 21%.


Lugar:
(casa da Cultura), rúa Concello 11


Proxeccións en VOS (agás cando se indique o contrario) ao castelán ou galego; os filmes, polo xeral, non son recomendados para menores de 13 anos. Non se permite o acceso ao salón de actos da Biblioteca, unha vez comezada a proxección.



Lembrade que, temos propostas e liñas abertas á vosa colaboración e participación:
  1. Animádevos a presentar algún dos filmes programados (lígase despois, bbfff…unha barbaridade…,hai unha chea de recoñecemento social, fanche descontos, entras gratis á sesión, invitamos a unha caña… etc.)
  2. Queremos por en marcha o Ambigú do cineclube na biblioteca (un espazo de reflexión e debate sobre as películas programadas ou as que hai en depósito na biblioteca)
  3. Tes ao seguir estas liñas, todo o espazo do mundo, para comentar, suxerir ou espallar polas redes sociais, aquelo que consideres xusto e necesario. O apreciamos con sinceridade e propósito de enmenda.


Horarios CUT+2


Publicar un comentario