09/04/17

Sesións de filmoteca do CGAI de abril a xuño 2017

Dentro da programación descentralizada do Centro Galego das Artes da Imaxe (CGAI - Filmoteca de Galicia), proxéctase durante os meses de abril a xuño na Casa de Cultura, salón de actos da de Ourense (rúa Concello 11), os luns ás 20:30 e 23 h. os seguintes filmes …








24 Abr. 2017
Lun.

«Dokfa nai meuman» Mysterious Object at Noon

Dirixido por · (2000)
A realidade e a ficción danse a man neste aclamado documental experimental. Sen un guión nin tema específico, o equipo de rodaxe mobilízase a través de toda Tailandia e outorgará carta branca aos seus habitantes para contar unha historia sobre un neno e a súa mestra. Percorrendo de norte a sur as comunidades rurais do país, un equipo de rodaxe vai entrevistando ao seu paso a unha serie de persoas e invítaas a poñerse diante da cámara. Utilizando o xogo do cadáver exquisit, cada personaxe inventa sucesivamente as peripecias dun relato insólito: o dun neno paralítico con superpoderes e a súa profesora. Unha fábula onírica en branco e negro, un obxecto fílmico misterioso, entre a ficción e o documental.

SESIÓN:
COTA:
  20:30 e 23 h. (CUT+1)
  socios/as 2  (consultar non asociados/as).



8 Mai. 2017
Lun.

«La Mort de Louis XIV» A morte de Luís XIV

Dirixido por · (2015)
Ano 1715. No retorno a casa, Luís XIV sente unha dor aguda na perna. Quince días máis tarde, atópase en cama en Versalles. Este é o comezo da lenta agonía do rei máis grande de Francia, rodeado dos seus máis fieis súbditos.

SESIÓN:
COTA:
  20:30 e 23 h. (CUT+1)
  socios/as 2  (consultar non asociados/as).



15 Mai. 2017
Lun.

«Hoax_canular»

Dirixido por · (2013)
Como sobrevivir ao cabo do mundo? Os mozos desta película de found footage (metraxe atopado) discuten os seus plans e expectativas nunha serie de vídeos en liña. Algúns deles pensan que poden sobrevivir, outros se abrazan ao final. Ás veces, parodia, ás veces aterradoramente real.

SESIÓN:
COTA:
  20:30 e 23 h. (CUT+1)
  socios/as 2  (consultar non asociados/as).



22 Mai. 2017
Lun.

«Contrafaces»

Dirixido por · (2015)
A canadense Erin Moure descubriu ás súas orixes galegas hai 20 anos, o que rematou por mudar a súa vida e a súa poesía. En Islandia, Elías Knörr é un recoñecido poeta. Durante anos conseguiu manter oculta a súa identidade, agora explora novos camiños de creación. Iolanda anda na procura da súa propia voz dende que descubriu que algúns dos seus poemas xa foran escritos noutros idiomas. Ninguén parece saber quen é Elisa Sampedrín pero ela segue escribindo e influíndo a creadores en diferentes partes do mundo.

SESIÓN:
COTA:
  20:30 e 23 h. (CUT+1)
  De balde, até completar o aforamento (110 butacas)).



29 Mai. 2017
Lun.

«of the North»

Dirixido por · (2016)
Subversión do xesto canónico de Robert Flaherty: velaí os descendentes de Nanook a faceren o seu cinema. Ao dar unha forma coerente de máis de 500 horas de filmes de Youtube de centos de inuit, Gagnon crea un cine-ollo vertoviano anti-exótico e rítmico.



SESIÓN:
COTA:
  20:30 e 23 h. (CUT+1)
  socios/as 2  (consultar non asociados/as).



5 Xuñ. 2017
Lun.

«No cow on the ice + curta»

Dirixido por - · (2016)
(No Cow on the Ice) Non hai vacas sobre o xeo (63 min.)

Linguaxe e paisaxe como portas de entrada a unha vida nova. Un mozo galego emigra a Suecia, onde desempeña varios traballos a tempo parcial mentres trata de emprender a súa carreira cinematográfica. A aprendizaxe dun novo idioma e a súa fascinación por unha paisaxe insólita convértense pronto en dous estímulos fundamentais fronte ás dificultades do seu proceso de adaptación no novo país. Mediante a documentación constante do seu novo hábitat, os seus diversos oficios, e as súas novas relacións, Domínguez Serén reflexiona sobre a súa nova condición de emigrante-inmigrante.


Todo o mundo ama a costa (16 min.)

Un grupo de homes espera nas marxes dun bosque costeiro para viaxar a Europa. Atópanse nun limbo entre o tempo e o lugar. Alí fílmase unha película na que documental e ficción entrelázanse constantemente. A paisaxe muda, onde están xa non é o seu fogar. Non hai praias bonitas, a auga non é transparente, non é clara. No bosque, contos do pasado colonial fúndense co presente estático.





SESIÓN:
COTA:
  20:30 e 23 h. (CUT+1)
  De balde, até completar o aforamento (110 butacas)).



  12 Xuñ. 2017
Lun.

«Cavalo dinheiro» Cabalo diñeiro

Dirixido por · (2014)
Resistindo con fiereza no barrio lisboeta de Fontainhas, onde leva máis de dúas décadas filmando, e acompañado por Ventura -o caboverdiano de triste figura de Mocidade en marcha- Pedro Costa regresa, establecendo un pasadizo secreto entre a Revolución dos Caravéis de 1974 e a actualidade en Lisboa. Mentres os mozos toman as rúas, a xente de Fontainhas busca a Ventura, perdido no bosque, nun filme de misterioso claroscuro como o da súa mente deteriorada, perdida nun soño febril tras unha vida de traballo duro e miserento.



SESIÓN:
COTA:
  20:30 e 23 h. (CUT+1)
  socios/as 2  (consultar non asociados/as).



  19 Xuñ. 2017
Lun.

«Ponyo en el acantilado» (Versión Dobrada)

Dirixido por · (2008)
A historia céntrase en Sosuke, un raparigo de 5 anos, e a súa relación cunha princesa peixe que ansía converterse nun ser humano. Libre adaptación de "A sirenita" que obtivo moi boa acollida da crítica no Festival de Venecia 2008.

Premios 2008: Festival de Venecia: Nomeada ao León de Ouro (mellor película)



SESIÓN:
COTA:
  18:30 h. (CUT+1)
  de balde (consultar non asociados/as).






Tedes ao voso dispor, os comentarios deste blogue ou nas redes sociais nas que participamos, para expoñer as túas inquedanzas xerais sobre o traballo do cineclube ou ben, as impresións que vos suscitan os filmes programados, apreciamos moitísimo os vosos comentarios.
Lembra que podedes puntuar os filmes progamados na axenda da «Feciga», onde podes atopar o listaxe dos filmes e avalialos, nos axuda a coñecer os teus gustos.

Asemade, precisamos saber o que pensas do traballo que desenvolven os cineclubes, polo que che pregamos dediques un anaquiño do teu tempo en realizar a seguinte .




Horarios CUT+1


Ningún comentario: