«Primavera musical»
«Filmoteca CGAI»
Chega a primavera……e un ano máis, a música de novo.
A música do avance visual [.mp4 • 20'3 MB] que adianta este ciclo, é dos «Folk Grinder», versionando «The passenger» de «Iggy Pop».
Atentos aos días e distintos lugares!
19
Abr.
2017
Mer.
«Gimme danger»
Dirixido por Jim Jarmusch ·(2016)
O rock'n'roll potente e agresivo de The Stooges, que apareceu en Ann Arbor, Michigan, durante unha revolución contra-cultural, foi como unha bomba na paisaxe musical de finais dos anos sesenta. Coa súa mestura de rock, blues, R&B e free jazz, o grupo no que debutou Iggy Pop plantou os cimentos do que se coñecería posteriormente como rock alternativo. Este documental narra a epopea de The Stooges, un dos grupos de rock máis importantes de todos os tempos. "Gimme Danger" presenta o contexto no que The Stooges evolucionaron musicalmente, culturalmente, politicamente, historicamente, a través das súas aventuras e as súas desgrazas, evocando as súas fontes de inspiración e as razóns dos seus primeiros desafíos comerciais, ata a súa chegada ao panteón do rock..
Comparte o evento ❯❯
SESIÓNS:
COTA:
18, 20:30 e 23 h. (CEST) na Biblioteca Pública de Ourense
socios/as 4 € (consultar non asociados/as).
20 Abr. 2017
Xov
«Leonard Cohen: I'm Your Man»
Dirixida por Lian Lunson · (2006)
Compositor de cancións; poeta; icona da contracultura; e consumado sedutor. Todo iso é o canadense Leonard Cohen, un grande da música desde que apareceu en escena en 1967. Este documental réndelle homenaxe.
Comparte o evento ❯❯
SESIÓN:
COTA:
20:30 h. (CEST) no Café Cultural «Auriense», Ourense
De balde
24
Abr.
2017
Lun.
«Dokfa nai meuman» Mysterious Object at Noon
Dirixido por Apichatpong Weerasethakul · (2000)
A realidade e a ficción danse a man neste aclamado documental experimental. Sen un guión nin tema específico, o equipo de rodaxe mobilízase a través de toda Tailandia e outorgará carta branca aos seus habitantes para contar unha historia sobre un neno e a súa mestra. Percorrendo de norte a sur as comunidades rurais do país, un equipo de rodaxe vai entrevistando ao seu paso a unha serie de persoas e invítaas a poñerse diante da cámara. Utilizando o xogo do cadáver exquisit, cada personaxe inventa sucesivamente as peripecias dun relato insólito: o dun neno paralítico con superpoderes e a súa profesora. Unha fábula onírica en branco e negro, un obxecto fílmico misterioso, entre a ficción e o documental.
Comparte o evento ❯❯
25
Abr.
2017
Mar.
«Janis: Little Girl Blue» Janis
Dirixida por Amy Berg · (2015)
Documental sobre a lendaria cantante estadounidense Janis Joplin (1943-1970). A artista Cat Power, cantante de rock de orixe sureña, narra en primeira persoa como Janis Joplin chegou a converterse nunha estrela a través das cartas que Joplin escribiu durante anos aos seus familiares, amigos e colaboradores, antes da súa fatídica morte aos 27 anos.
Comparte o evento ❯❯
SESIÓNS:
COTA:
20:30 h. (CEST) no Café Cultural «El Pueblo», Ourense
De balde
26
Abr.
2017
Mer.
«Omega»
Documental sobre o revolucionario disco de flamenco-rock Omega, composto polo mestre Enrique Morente e o grupo granadino Lagartija Nick en 1996. Un disco rompedor e de gran impacto no panorama musical nacional e internacional no que Morente adaptou temas do cantautor canadense Leonard Cohen e puxo música a poemas de Federico García-Lorca.
Comparte o evento ❯❯
SESIÓNS:
COTA:
18, 20:30 e 23 h. (CEST) na Biblioteca Pública de Ourense
socios/as 4 € (consultar non asociados/as).
27 Abr. 2017
Xov
«Ziggy Stardust and the spiders from mars»
Dirixida por D.A. Pennebaker · (1973)
3 de xullo de 1973: o derradeiro concerto de Ziggy Stardust; día no que o glam morreu e Bowie deu un novo salto cara ao abismo. Un feixe de hits, rarezas, maquillaxe, emoción, e o escuálido Duque Branco no seu momento máis xenial. Non hai unha soa bágoa nos seus ollos cando Bowie deixa algo atrás, tal é o seu concepto futurista e modernista do pop como máquina de avanzar cara a novos pastos. O filme ofrece todo o que un seguidor de Bowie podería desexar: unha chea de hits eternos ("Changes", "Space Oddity", "Rock'n'Roll Suicide"), rarezas, unha versión do "Let´s Spend the Night Together" stoniano, outra da Velvet Underground, "White Light/White Heat") e unha chea de maquillaxe, arte escénica, táboas e emoción.
VOSG
VOSG
Comparte o evento ❯❯
SESIÓN:
COTA:
20:30 h. (CEST) no Café Pop«Torgal», Ourense
De balde
Ningún comentario:
Publicar un comentario