09/04/17

Primavera musical 2017


A música soa no mes de abril con cinco filmes en catro escenarios distintos e en VOS (Versión orixinal subtítulada). Aparte do habitual, os mércores na Casa de Cultura, salón de actos da de Ourense (rúa Concello 11), hai música (e cine) no Café cultural Auriense, Café cultural El Pueblo e Café Pop Torgal. Agardamos bailedes cos seguintes filmes …


Atentos aos días e distintos lugares!


  19 Abr. 2017
Mer.

«Gimme danger»

Dirixido por ·(2016)
O rock'n'roll potente e agresivo de The Stooges, que apareceu en Ann Arbor, Michigan, durante unha revolución contra-cultural, foi como unha bomba na paisaxe musical de finais dos anos sesenta. Coa súa mestura de rock, blues, R&B e free jazz, o grupo no que debutou Iggy Pop plantou os cimentos do que se coñecería posteriormente como rock alternativo. Este documental narra a epopea de The Stooges, un dos grupos de rock máis importantes de todos os tempos. "Gimme Danger" presenta o contexto no que The Stooges evolucionaron musicalmente, culturalmente, politicamente, historicamente, a través das súas aventuras e as súas desgrazas, evocando as súas fontes de inspiración e as razóns dos seus primeiros desafíos comerciais, ata a súa chegada ao panteón do rock..

SESIÓNS:
COTA:
  18, 20:30 e 23 h. (CEST) na Biblioteca Pública de Ourense
  socios/as 4  (consultar non asociados/as).



  20 Abr. 2017
Xov

«Leonard Cohen: I'm Your Man»

Dirixida por · (2006)
Compositor de cancións; poeta; icona da contracultura; e consumado sedutor. Todo iso é o canadense Leonard Cohen, un grande da música desde que apareceu en escena en 1967. Este documental réndelle homenaxe.


SESIÓN:
COTA:
  20:30 h. (CEST) no Café Cultural «Auriense», Ourense
 De balde



  25 Abr. 2017
Mar.

«Janis: Little Girl Blue» Janis

Dirixida por · (2015)
Documental sobre a lendaria cantante estadounidense Janis Joplin (1943-1970). A artista Cat Power, cantante de rock de orixe sureña, narra en primeira persoa como Janis Joplin chegou a converterse nunha estrela a través das cartas que Joplin escribiu durante anos aos seus familiares, amigos e colaboradores, antes da súa fatídica morte aos 27 anos.

SESIÓNS:
COTA:
  20:30 h. (CEST) no Café Cultural «El Pueblo», Ourense
 De balde



  26 Abr. 2017
Mer.

«Omega»

Dirixido por e · (2016)
Documental sobre o revolucionario disco de flamenco-rock Omega, composto polo mestre Enrique Morente e o grupo granadino Lagartija Nick en 1996. Un disco rompedor e de gran impacto no panorama musical nacional e internacional no que Morente adaptou temas do cantautor canadense Leonard Cohen e puxo música a poemas de Federico García-Lorca.

SESIÓNS:
COTA:
  18, 20:30 e 23 h. (CEST) na Biblioteca Pública de Ourense
  socios/as 4  (consultar non asociados/as).



  27 Abr. 2017
Xov

«Ziggy Stardust and the spiders from mars»

Dirixida por · (1973)
3 de xullo de 1973: o derradeiro concerto de Ziggy Stardust; día no que o glam morreu e Bowie deu un novo salto cara ao abismo. Un feixe de hits, rarezas, maquillaxe, emoción, e o escuálido Duque Branco no seu momento máis xenial. Non hai unha soa bágoa nos seus ollos cando Bowie deixa algo atrás, tal é o seu concepto futurista e modernista do pop como máquina de avanzar cara a novos pastos. O filme ofrece todo o que un seguidor de Bowie podería desexar: unha chea de hits eternos ("Changes", "Space Oddity", "Rock'n'Roll Suicide"), rarezas, unha versión do "Let´s Spend the Night Together" stoniano, outra da Velvet Underground, "White Light/White Heat") e unha chea de maquillaxe, arte escénica, táboas e emoción.
VOSG

SESIÓN:
COTA:
  20:30 h. (CEST) no Café Pop«Torgal», Ourense
 De balde






Ningún comentario: