Ciclo Discordancias
Sesións maxistrais
Filmoteca CCPF
VIII Ciclo Colexio de médicos
Sesións extraordinarias [Abre outra xanela]
Antes que a luz asedie á primavera e se proclamen novas fantasías de promesas quiméricas a incumprir, temos que convidar á emoción da escuridade na sala de cine. Baixaremos aos sotos da historia, nunha sesión maxistral que inauguramos exclusivamente para socios/as.
Prometemos non clausurar a xanela de angurias cun filme premonitorio dunha pandemia na nova colaboración co Colexio de médicos. Podemos e debemos prometer un subidón de contos... ou unha tranquila viaxe desde a filmoteca dos luns (na Casa da cultura).
Nos filmes seleccionados do ciclo (no Teatro principal) tomamos como punto de partida a razón humana, a cal inevitablemente cae en discordancia.
O mundo ten un principio (un límite) no tempo e no espazo, aínda que tamén é infinito no tempo e no espazo.
Ese mundo componse do simple (indivisible), mais sabemos que non hai nada simple, todo é complexo.
Existen causas libres ou non existe ningunha liberdade, pois todo é natureza (ou sexa, necesidade).
Na serie das causas universais hai algún ser necesario ou pola contra non hai nada necesario, todo é casual.
Conclúese así que unha tese é tan demostrable loxicamente como a antítese. Kant afirmaba que a razón é contraditoria. Dos 4 filmes que presentamos nos albores desta primavera conformamos evidentes discordancias que fan sospeitar que talvez o inverno nunca nos abandonará ... Pode a verdade ser contraditoria? Pode un actor cómico asustarnos tanto ou un retrato agónico darnos tanta vida repleta de emocións? Pode unha sinple resonancia magnética nuclear (RMN) facer unha radiografía da complexa deriva da Europa actual?
Podemos ver neste ciclo virtudes e miserias? ...como na vida mesma.
Á vosa disposición temos un avance en vídeo na canle de «You Tube» [.mp4 • 20'7 MB] e as oportunas follas de sala [Abre outra xanela].
Pregamos atención á singularidade dalgunhas sesións programadas (en martes e xoves).