Dentro das habituais sesións dos mércores de ciclo, detallamos a continuación os filmes que proxectaremos durante maio de 2024, na Casa de Cultura (Rúa Concello núm. 11 de Ourense).
(Podes consultar e descargar as follas de sala, aquí) [Abre outra xanela]
8
Mai.
2024
Mérc.
«La estrella azul»
Javier Macipe · (España-Arxentina, 2023) 129 min. Cor. AR 2,35:1 [+12] VOE
Anos 90. Mauricio, un famoso rockeiro español percorre Latinoamérica buscando reencontrarse coa súa vocación. Alí coñece a Don Carlos, un ancián músico en horas baixas que, a pesar de ser autor dalgunhas das cancións máis famosas do folclore do seu país, apenas consegue pagar as súas facturas. Carlos acolle con xenerosidade ao estraño visitante facendo as veces de mestre Miyagi musical. Do seu encontro nace un extravagante dúo quixotesco, con todos os visos de ser un absoluto fracaso comercial.
Premios
2023: SSIFF; Premio mellor filme do xurado novo
"En 'A estrela azul' conviven o humor e a morriña. Un retrato armado desde a admiración, que desdibuxa os límites da ficción e reflexiona sobre o valor da creación, xa sexa esta musical ou cinematográfica"
(Cristina Aparicio, Caimán)
15
Mai.
2024
Mérc.
«The zone of interest» A zona de interese
Jonathan Glazer · (Reino Unido-EUA-Polonia, 2023) 106 min. Cor. Dolby dixital. AR: 1,78:1 [+12] VOSE
O comandante de Auschwitz Rudolf Höss e a súa esposa Hedwig esfórzanse en construír unha vida de ensoño para a súa familia nunha casa con xardín preto do campo.
Premios
2024: Oscar; Premio mellor película estranxeira e mellor son
2023: Festival de Cannes; Premio do xurado
2023: EFA; Premio ao mellor son
2023: LAFCA;Premio á mellor actriz (Sandra Hüller)
"Jonathan Glazer e a súa maxistral disección da banalidade do mal nazi (...) Para quen pensa que o cinema pode ser un templo da memoria"
(Manu Yáñez,Fotogramas)
Pregamos puntualidade.
Lembramos usar a máscara de protección dentro da sala, en caso de síntomas catarrais, de gripe ou con sospeitas de COVID...que aínda sigue!.
Os símbolos desta web son; VO; Versión orixinal, VOS (Versión orixinal subtitulada, en castelán VOSE, en galego VOSG), VD; versión orixinal ou dobrada cos mesmos patróns E español /G galego / CAT catalán / EUS euskera / E-Aame español americano / PT portugués.
A calificación por idades de cada filme sigue o seguinte patrón; [A] apta para todos os públicos, [+7] recomendado para maiores de 7 anos, [+12] recomendado para maiores de 12 anos, [+18] recomendado para maiores de 18 anos, e [ND] Non dispoñible ou [SC] sen clasificación no ICAA.
Tamén podes consultar aquí... a programación extraordinaria na que colabora o cineclube, o blog Sala de máquinas (que da acceso tamén ás follas de sala, organigrama e transparencia), clube de cine Nós #CCPF, a web da Biblioteca pública Nós, os cineclubes de Ourense (que da acceso tamén á Federación de cineclubes de Galicia), á base de datos do ICAA ou ás base de datos de filmaffinity e IMDB.
ADVERTENZAS:
Non se permite o acceso á sala unha vez comenzada a sesión. Tampouco se permite o uso do teléfono móbil unha vez comezada a proxección * sendo motivo en caso contrario de expulsión da sala, sen dereito á reclamación. (En caso de socio/-a será proposto de expulsión da asociación).
(*) Agás para os filmes con audiodescripción, así sinalizados [ AD))) ].
----------
(*) A audiodescripción estará disponible mediante a aplicación gratuita da fundación ONCE; "AUDESCMOBILE".
(Non é preciso software o hardware adicional. O/A usuario/a tan só ten que instalar a aplicación no seu móbil, descargar a audiodescripción da película que quere ver e unha vez na sala de cine, conectar os cascos e reproducir o arquivo. A audiodescripción comenzará e se sincronizará automáticamente coa película)
Horarios CUT+1
Ningún comentario:
Publicar un comentario