08/10/25

XIV Marxes fílmicas en Ribadavia

Mirando a China


Na décimo cuarta edición das Marxes fílmicas miramos a China, que neste século está a ser a centuria do xigante asiático, compatibilizando unha importancia crecente no panorama internacional coa presenza de comunidades chinesas cunha grande actividade económica en todos os países e no que poñeremos en valor parte das contribucións da cultura chinesa no cine actual.




«Marxes fílmicas 2025» · (a&b comunicación)


As Marxes fílmicas 2025 celebran a coincidencia coa exposición actual "Made in China" que pode visitarse no Museo etnolóxico de Ribadavia
e polo que animamos a vir con antelación, para así aproveitar a ocasión de explorar as contribucións que a cultura chinesa fixo a Galicia. No momento desta publicación, pregamos atención ao horario que pode sufrir variacións, con motivo da coincidencia doutros eventos programados sen confirmación actual.






8 Nov. 2025
Sáb.

«( 英雄 ) Ying xiong» Hero

· (China, 2002) 99 min. Cor. Dolby dixital. RA 2,35:1 [+13] VOSE

Cando China estaba dividida en sete reinos que se enfrontaron entre si para conseguir a hexemonía, a miseria e a morte arrasaron o país. Ao rei Qin, que vivía obsesionado coa idea de unificar China e converterse no primeiro Emperador, tentaron asasinalo os outros monarcas. Entre os asasinos contratados, os máis temibles eran Espada Rota, Neve Volante e Ceo. Qin promete poder, riquezas e unha audiencia privada a quen consiga vencer aos tres sicarios, pero é unha tarefa case imposible. De modo que, cando o enigmático "Sen Nome" chega ao palacio coas lendarias armas dos asasinos, o rei móstrase impaciente por oír a súa historia.

Premios
2002: Festival de Toronto: Mellor filme de fala non inglesa

"Zhang Yimou fai cachizas os códigos cromáticos do academicismo cun dos desafíos visuais máis portentosos e estimulantes da historia do cinema. Unha fotografía imaxinativa, lúcida e cargada de experimentación asinada por Christopher Doyle que axudou a exportar (de forma tardía) o xénero do wuxia."
(MPB, Radio 5 Ourense de RNE)


SESIÓN:
COTA:
  18:00h. (CUT+1) «Museo etnolóxico» de Ribadavia
  De balde, até completar a capacidade




  15 Nov. 2025
Sáb.

«( 可可西里 ) Kekexili» A patrulla da montaña

· (China, 2004) 85 min. Cor. AR 1,85:1 [ND] VOSE

Un xornalista de Beijing, chega á reserva de Kekexili, é testemuña de ritos funerarios tibetanos e dun pobo de loito. Gayu está decidido a descubrir a verdade que se esconde tras a misteriosa desaparición de voluntarios da patrulla da montaña, a cruel matanza de antílopes tibetanos, e o rumor de que a patrulla, dirixida por RiTai (Duo Bujie), colabora cos cazadores ilegais.

Premios
2005: BERLINALE; Premio D. Quixote (mención especial)

"Un drama descarnado sobre gardas forestais armados nas altas planicies do Tibet (...) unha ben administrada mestura entre o western fatalista de Sam Peckinhap e un cegador documental do National Geographic"
(Colin Covert, Minneapolis Star Tribune)

SESIÓNS:
COTA:
 18:00h. (CUT+1) «Museo etnolóxico» de Ribadavia
  De balde, até completar a capacidade





22 Nov. 2025
Sáb.

«( 家庭简 ) Jia ting jian shi» Breve historia dunha familia

· (China, 2024) 99 min. Cor. AR 2,35:1 [+12] VOSE

Os pais de Wei descobren que Shuo, un tranquilo e enigmático amigo do instituto do seu fillo, provén dunha contorna problemática e deciden integralo aos poucos na familia. Pero un tráxico e repentino suceso, vai facer que vellas feridas e segredos non contados saian á luz, dando un xiro inesperado para todos os membros da familia.

Premios
2024: BERLINALE; Premio do público (sección Panorama)

"No ronsel do cinema de Michael Haneke (...) un retrato preciso das dinámicas de clase nun suposto país comunista, que nos descobre ademais a un cineasta con moito potencial"
(Eulàlia Iglesias, Fotogramas)


SESIÓN:
COTA:
  18:00h. (CUT+1) «Museo etnolóxico» de Ribadavia
  De balde, até completar a capacidade




  29 Nov. 2025
Sáb.

«( 一部未完成的电影 ) An Unfinished Film» Unha película inacabada

· (Singapur, 2024) 106 min. Cor. RA: 1,85:1 [+12] VOSE

Xaneiro de 2020. Un equipo de filmación reúnese preto de Wuhan, China, para renovar a rodaxe dunha película interrompido dez anos antes. Vivirán os inesperados desafíos da pandemia da COVID-19 e os confinamentos

Premios
2024: Festival internacional de Singapur; Premio do público

"Conmovedora e misteriosa (...) Comeza como unha comedia sofisticada, pasa de parecer unha apocalipse zombi a un drama intimista e evoluciona ata converterse nunha homenaxe á forma en que unha nación xestionou o trauma"
(Peter Bradshaw, The Guardian)

SESIÓNS:
COTA:
 18:00h. (CUT+1) «Museo etnolóxico» de Ribadavia
  De balde, até completar a capacidade







As proxeccións das Marxes fílmicas son no Museo Etnolóxico de Ribadavia (Rúa Santiago núm. 16, 32400 Ribadavia).

Pregamos puntualidade.

Os símbolos desta web son; VO; Versión orixinal, VOS (Versión orixinal subtitulada, en castelán VOSE, en galego VOSG), VD; versión orixinal ou dobrada cos mesmos patróns E español /G galego / CAT catalán / EUS euskera / E-Aame español americano / Pt portugués.

A calificación por idades de cada filme sigue o seguinte patrón; [A] apta para todos os públicos, [+7] recomendado para maiores de 7 anos, [+12] recomendado para maiores de 12 anos, [+18] recomendado para maiores de 18 anos, e [ND] Non dispoñible ou [SC] sen clasificación no ICAA.



Tamén podes consultar aquí... a programación extraordinaria na que colabora o cineclube, o blog Sala de máquinas (que da acceso tamén ás follas de sala, organigrama e transparencia), clube de cine Nós #CCPF, a web da Biblioteca pública Nós, os cineclubes de Ourense (que da acceso tamén á Federación de cineclubes de Galicia), á base de datos do ICAA ou ás base de datos de filmaffinity e IMDB.







Horarios CUT+1



Ningún comentario: