Nas XIII Miradas etnográficas deste ciclo de outono no Museo etnolóxico de Ribadavia, eliximos catro filmes para quebrar o marco inicial da programación habitual e propoñer unha correspondencia coa parte expositiva do museo, nesta ocasión entre as afluenzas e influenzas do territorio, así como o seu efecto nas persoas.
10
Out.
2025
Ven.
«Io capitano»

Matteo Garrone · (Italia, 2023) 122 min. Cor. RA: 1,85:1 - [+12] VOSE
A historia de Seydou (Seydou Sarr) e o seu curmán Moussa (Moustapha Fall) é a da migración ilegal á que vense obrigados miles de africanos que escapan da pobreza, a inclemencia do clima ou do terrorismo, en pos da ilusión europea que rapidamente se dilúe coma un espellismo.
Así é como Seydou e Moussa inician esta especie de odisea homérica cara a Europa, coa inocente esperanza de que as mozas brancas sacaranse fotos con eles, coma se fosen xogadores da NBA. Cando a nai de Seydou (Khady Sy) decátase do plan dos raparigos pon o berro no ceo, consciente dos perigos da travesía.
"O director de `Gomorra´ insiste de xeito arrebatado e brilante nun cine entregado a explorar as claves da narración...que barbaridade de película"
(Luis Martínez, El Mundo)
11
Out.
2025
Sáb.
«La piel quemada»

José María Forn · (España, 1967) 111 min. BeN RA: 1,66:1 - [+18] VOE
Historia neorrealista que trata o problema da emigración interna entre rexións con distinto nivel de desenvolvemento. Nunha aldeíña da Costa Brava, un albanel empeza a súa xornada de traballo. Ao mesmo tempo, nun pobo de Andalucía, a súa muller e os seus dous fillos inician a viaxe para reunirse con el. Tras uns meses en solitario, o home logrou alugar un lugar para vivir. Unha pequena aventura cunha turista belga descóbrelle un mundo insospeitado.
"La piel quemada" é un filme que anticipaba fai máis de corenta anos as problemáticas que hoxe en día teñen practicamente a mesma vixencia; hoxe en día substituíronse a eses traballadores que chegaban a Cataluña en tren desde Estremadura e Andalucía polos inmigrantes que arriban do norte de África.
“Non houbo mellores películas nin antes nin despois desta na carreira de Forn. Na pel queimada, que sorteou como puido a censura, xuntáronse a solidez narrativa, unha exposición social certeira e pouco melodramática, e un depurado estilo formal que a converteron en película única naqueles convulsos tempos, capaz de contemplarse de ti a ti cos filmes de Carlos Saura, Miguel Picazo e outros representantes da escola madrileña”
(Toni Garriga, El Periódico)
17
Out.
2025
Ven.
«To meteoro vima tou pelargou» O paso suspendido da cegoña

Theo Angelopoulos · (Grecia, 1991) 136 min. Cor. RA: 1,85:1 - [+12] VOSE
O xornalista Alexandre (Gregory Patrikareas) viaxa ata a “Sala de espera”, ao norte de Grecia na fronteira con Albania, onde refuxiados de diferentes países esperan un permiso para regresar ao seu país e abandonar ese lugar. O xornalista e o seu equipo de televisión van filmar a vida de toda esa xente e, casualmente, cren recoñecer entre a multitude a un político grego desaparecido anos atrás de forma misteriosa.
"A obra mestra absoluta de Angelopoulos, que os avatares da distribución deixounos inédita"
(Vicente Molina Foix, Fotogramas)
18
Out.
2025
Sáb.
«Sesión de curtas»

Xoán Bregua e Candela Lorenzo + Paula Fuentes e Guillermo Cabrera · (España, 2024) Total sesión; 45 min. Cor. [SC] VO
Sesión de curtas cos seguintes traballos:
Memoria de Soutelo
Xoán Bregua e Candela Lorenzo (España, 2024) 16 min. VOE/SG
Candela volve a Soutelo de Montes para afondar no retrato fotográfico da vila feito por Virxilio Viéitez a medidados do século XX. Mergullada nas súas fotografías, descobre as historias persoais de tres veciños que dan vida a un retrato íntimo, rescatando a memoria colectiva nunha viaxe polo paso do tempo e as transformacións dunha comunidade rural.
Corre o vento
Paula Fuentes e Guillermo Cabrera (España, 2024) 30 min.VO/G-E
Nas montañas de Galicia agóchase Vilar do Courel, unha pequena aldea que leva décadas resistíndose á desaparición. Os tres derradeiros habitantes do lugar son os gardiáns dun espazo atemporal, que transita o seu pasado e mira cara ao futuro desde un presente inmóbil e fráxil. Coa chegada de Branca desde Barcelona, a realidade comeza transformarse. Polas noites, lembranzas, soños do pasado e antigas lendas guían aos personaxes a través de fragas máxicas e camiños esquecidos.
Todas as proxeccións son en VO/VOS, no Museo Etnolóxico de Ribadavia,(Rúa Santiago 10 de Rivadavia - Ourense) e teñen unha capacidade máxima para 25 persoas.
Pregamos puntualidade.
Tamén podes consultar aquí... máis información da programación do Museo etnolóxico de Ribadavia, a programación extraordinaria na que colabora o cineclube, o blog Sala de máquinas (que da acceso tamén ás follas de sala, organigrama e transparencia), clube de cine Nós #CCPF, a web da Biblioteca pública Nós, os cineclubes de Ourense (que da acceso tamén á Federación de cineclubes de Galicia), á base de datos do ICAA ou ás base de datos de filmaffinity e IMDB.
Horarios CUT+0
Ningún comentario:
Publicar un comentario