Sesións de filmoteca
Sesións de ciclo dos mércores
Primavera musical
X Ciclo Colexio de médicos
Sesión extraordinaria [+]
Sesión especial
Renace a pesar de todo, a natureza e os corazóns das persoas. Mentres as flores agroman nunha especie de oda á renovación, propoñemos varios filmes para festexar con música e ao mesmo tempo rescatamos outras que, gostaríanos chegaran antes. En calquera caso, benvidos ao caos, positivo, que xera a primavera e que agardemos nos renove a todos un pouco.
Se vos presta ollar, ver e bailar, temos este avance visual [.mp4 • 24'3 MB], e xa sabedes que tamén temos á vosa dispoción, aquí as follas de sala de cada filme.
A continuación o detalle da programación que se estenderá ata primeiros de xuño, co prego da atención ás distintas ubicacións da Primavera musical.
Filmoteca
28
Abr.
2025
Lun.
«Caigan las rosas blancas»

Albertina Carri · (Arxentina-Brasil-España, 2025) 125 min. Cor. RA 1,85:1 [+16] VOSE
[A proxección deste filme, trasládase ao luns 19 de maio, motivado polo apagón]
O filme segue a Violeta, unha directora de cinema que no seu día fixo unha exultante película porno lésbica e agora é contratada para facer unha longametraxe porno convencional e ecolóxico.
"Unha sorte de regreso ao básico, ao puro, ao esencial. Porque esa é a dobre viaxe que propón '¡Caigan las rosas blancas!': un exterior, desenfreado, caótico, delirante; e outro moito máis íntimo, visceral e transformador"
(Diego Batlle, Otros Cines)
SESIÓN:
COTA:
20:30h. (CUT+1) «Casa da cultura - CCPF» de Ourense
De balde socios/as (3 euros non asociados/as; consultar cotas).
Sesións de ciclo dos mércores
30
Abr.
2025
Mérc.
«Pathernope»

Paolo Sorrentino · (Italia-Francia, 2024) 136 min. Cor. AR 2,39:1 [+16] VOSE
Unha carta de amor a ese Nápoles que ri, enfeitiza e namora, que nos fai viaxar pola vida de Parthenope (Celeste Dalla Porta) desde o seu nacemento nos anos 50 até hoxe. Un conto que desborda paixón e liberdade e nos mergulla nos grandes amores e decisións que todo o mudan para sempre. A vida desta muller sen prexuízos e adiantada ao seu tempo é unha viaxe fermosísima, caótica e fascinante mentres descobre e aprende o oficio de vivir, nunha contorna tan puritana como opresora.
"Paolo Sorrentino crea un tratado exquisito sobre a beleza no cinema. Celeste Dalla Porta ofrece unha interpretación brillante no sedutor drama napolitano do director d'A gran beleza'"
(Siddhant Adlakha, Variety)
Filmoteca
5
Mai.
2025
Lun.
«Informe general sobre algunas cuestiones de interés para una proyección pública»

Pere Portabella · (España, 1976) 149 min. Cor/B&N. Mono. RA 1,33:1 [ND] VO/SE
A película constitúe a síntese das filmacións clandestinas abertamente políticas de Portabella e a súa contorna. Rodada nos meses posteriores á morte do xeneral Franco, trátase dun filme «documental» realizado coas técnicas dun filme de ficción. Coherente isto nunha filmografía dirixida a explorar os límites da representación fílmica, Informe general trata da futura representación política na transición española, cunha clara vocación democrática contradita pola súa virtual «invisibilidade» durante trinta anos. As intervencións viran sobre unha única cuestión: Como pasar dunha ditadura a un estado de dereito?
"Filme documental «relativamente convencional», aínda que con moitos momentos de heteroxeneidade estilística...entre os seus moitos testemuños, atopamos unha recreación explicitamente ficticia dunha redada policial e a posterior tortura dos detidos, con extractos do texto da Declaración Universal de Dereitos Humanos de 1948 superpostos sobre a imaxe mentres a música electrónica cacofónica de Santos enche a banda sonora. "
(Erika Balsom, Artforum)
SESIÓN:
COTA:
20:30h. (CUT+1) «Casa da cultura - CCPF» de Ourense
De balde socios/as (3 euros non asociados/as; consultar cotas).
Sesións de ciclo dos mércores
7
Mai.
2025
Mérc.
«L’histoire de Souleymane» A historia de Souleymane

Boris Lojkine · (Francia, 2024) 92 min. Cor. Dolby dixital. AR: 1,50:1 [+12] VOSE
Mentres pedalea polas rúas de París para repartir comida, Souleymane repite a súa historia. En dous días deberá pasar a entrevista de solicitude de asilo, clave para obter os papeis. Pero Souleymane non está preparado.
Unha mirada realista á estresante cotiandade dun inmigrante guineano, coa que Abou Sangare gañou o premio de mellor actor en Cannes (Un Certain Regard) e Xixón. Urxente e crúa, fará as delicias dos fans do cinema dos Dardenne.
"O filme dispárase e parece a vagoneta dunha montaña rusa na que cada plano é máis furioso que o anterior, planos que parecen marteladas cravando os cravos dun cadaleito que claudica sen calma na calidade desta Europa nosa: que facer cos outros, que facer cos pobres que algo saben do noso colonialismo aos que antes lles pediamos ouro e agora pedímoslles que nos traian a pizza e cóntennos unha historia. Esa é a historia (con minúscula) que comparece no título e que nada ten que ver coa Historia (con maiúscula), que é outra cousa á que a película de Boris Lokjine vai mirando con toda seriedade e sacándolle os dentes"
(Aarón Rodríguez Serrano, elantepenultimomohicano.com)
Filmoteca
12
Mai.
2025
Lun.
«Materiais para unha historia do cine en Galicia»

Enrique Banet · (España, 1985) Total sesión: 57 min. Cor/B&N. Mono. RA 1,33:1 [ND] VOG
Materiais para unha historia do cine en Galicia. Unha sección que ten como función primordial dar visibilidade ao arquivo da Filmoteca de Galicia en sesións definidas pola súa heterodoxia: curtas e longametraxes, ficción e documentais, cine doméstico e cinema industrial, fragmentos e materiais que reconstrúen a historia do cine feito en Galicia. Prográmanse os seguintes filmes:
A malla
Enrique Banet (España,1985) 35 min.
A Galicia tradicional é pobre en medios económicos cos que contratar persoal. Naqueles traballos, como no caso da malla, en que a casa non conta con forza de traballo abondo, ten que acudir ao intercambio de axudas entre os veciños.
O ambiente festivo que se xera nestes casos serve de estímulo para facer máis levadeira a dureza do traballo, ao tempo que se fortalecen os vínculos entre os membros da comunidade. A medida que se vai introducindo nova tecnoloxía, este espírito comunitario e festivo comeza a se tornar máis feble (ou transformarse).
Os romeiros do alén
Enrique Banet (España,1985) 22 min.
A Romaría de Sta. Marta de Ribarteme exemplifica como cando unha comunidade conta cun baixo desenvolvemento tecnolóxico na súa medicina, ou cando esta non responde favorablemente, a conciencia popular acode ao sagrado como instancia suprema. Así, o que estivo a piques de morrer e, por intercesión da Santa, logrou salvarse, teatraliza o milagre acudindo á festa das mortallas dentro da caixa que o tería que levar ao camposanto. Esta posta en escena é un medio de fortalecer a fe da comunidade, ao tempo que proporciona pingües beneficios aos axentes da relixión oficial.
SESIÓN:
COTA:
20:30h. (CUT+1) «Casa da cultura - CCPF» de Ourense
De balde socios/as (3 euros non asociados/as; consultar cotas).
X Ciclo Colexio de médicos
13
Mai.
2025
mar.
«Knock»

Guy Lefranc · (Francia, 1951) 98 min. B&N. RA 1,37:1 [ND] VOSE
Saint-Maurice, unha pacífica aldea que vivía saudablemente tanto que, a consulta do médico local era escasa. Pero iso foi antes de que o doutor Parpalaid se xubilase e fose substituído por un charlatán de nome Knock. Un verdadeiro xenio este, pois pronto conseguiu convencer a todos de que estaban enfermos.
"Unha moi entretida fábula cun espazo moi amplo para a reflexión durante e despois da mesma"
(cinemaldito.com)
+ [ INFO. do resto do ciclo ]
Sesións de ciclo dos mércores
14
Mai.
2025
Mérc.
«Daneh anjeer moghadas» A semente da figueira sacra

Mohammad Rasoulof · (Alemaña-Francia-Irán, 2024) 168 min. Cor. Dolby dixital. AR: 2,35:1 [+16] VOSE
Irán, outono 2022. A vida universitaria en Teherán vese sacudida polas revoltas nas rúas e as escolas ao berro de «Muller, vida e liberdade». A medida que os disturbios políticos aumentan, a responsabilidade profesional na vida dun xuíz de instrución empeza a afectar a súa vida familiar xunto a súa muller e as súas dúas fillas adolescentes. Cando a pistola que o goberno lle entregara para manter a súa seguridade desaparece, só lle queda sospeitar das mulleres que o rodean. Mentres as normas sociais empezan a esfarelarse ao seu redor, tamén o fai a súa familia.
Filme especialmente recomendado para o fomento da igualdade de xénero (ICAA)
"O alegato político d'A semente da figueira sagrada' é unha emocionante resposta ao brutal ensañamento contra as mulleres do réxime iraniano"
(Elsa Fernández-Santos, El País)
Filmoteca
19
Mai.
2025
Lun.
«Caigan las rosas blancas»

Albertina Carri · (Arxentina-Brasil-España, 2025) 125 min. Cor. RA 1,85:1 [+16] VOSE
O filme segue a Violeta, unha directora de cinema que no seu día fixo unha exultante película porno lésbica e agora é contratada para facer unha longametraxe porno convencional e ecolóxico.
"Unha sorte de regreso ao básico, ao puro, ao esencial. Porque esa é a dobre viaxe que propón '¡Caigan las rosas blancas!': un exterior, desenfreado, caótico, delirante; e outro moito máis íntimo, visceral e transformador"
(Diego Batlle, Otros Cines)
SESIÓN:
COTA:
20:30h. (CUT+1) «Casa da cultura - CCPF» de Ourense
De balde socios/as (3 euros non asociados/as; consultar cotas).
Primavera musical
22 Mai. 2025
Xov
«Bravú XXX»

Ana Viqueira, Diego Frey, Martín Rodríguez e Roi Barros · (España, 2024) 55 min. Cor, RA 1.85:1 [ND] VOG
Xurxo Souto invoca o cosmos bravú trinta anos despois do nacemento deste movemento. Nesta road trip musical participan emblemas da música galega...como María Xosé Silvar (Sés), Nuno Pico (Grande Amore), Rafa Martínez(Caimán do Río Tea), Paola Beiro (Garotas da Ribeira), Benxamin Queiro (Impresentables de Vimianzo), Antón Díaz (Papaqueixos), Richi (Rastreros) e Xosé Manuel Pereiro (Radio Océano) entre outros.
(Presentan Xurxo Souto e -sen confirmar aínda- Ana Viqueira)
(Presentan Xurxo Souto e -sen confirmar aínda- Ana Viqueira)
SESIÓN:
COTA:
20:30 h. (CEST) no Café Cultural «Auriense», Ourense
De balde
Primavera musical. Sesión maxistral
25
Mai.
2025
Dom.
«Woodstock» Woodstock, 3 días de paz e música

Documental sobre o famoso festival de Woodstock que tivo lugar en Bethel, (Nova York), en agosto de 1969. Rodado con cinco cámaras de 16 milímetros e editado nada menos que por un entón novísimo Martin Scorsese (que tamén foi asistente de dirección), Woodstock: 3 días de paz e música resulta un fresco de época (tanto sociopolítico como musical) ineludible para comprender en toda a súa dimensión o fervor propio da década dos ‘60, no que asistiron 450.000 persoas e é considerado o maior festival de música rock ata a data
Premios
1970: Oscar: Mellor documental.
SESIÓNS:
COTA:
20:30 h. (CEST) no CCPF - Casa da cultura, Ourense
De balde e só para socios/as (Faite socio/a).
26
Mai.
2025
Lun.
«One minute for conductors»

Más de 130 mozos directores de todo o mundo cítanse na cidade italiana de Trento para competir no Concurso Internacional para Directores de Orquestra Antonio Pedrotti. Durante unha dura semana de probas terán que demonstrar ao xurado internacional quen é o mozo director con máis talento de todos.
"Se a iso engadímoslle a magnífica banda sonora composta por pezas de Beethoven, Brahms ou Debussy entre moitos outros, e unha sucesión de entrañables personaxes, aos que a película sabe sacar partido para espertar empatía, temos un extremadamente agradable conxunto"
(A chave Azul)
SESIÓNS:
COTA:
20:30 h. (CEST) no CCPF - Casa da cultura, Ourense
De balde socios/as (3 euros non asociados/as; consultar cotas).
27 Mai. 2025
Mar
«All tomorrow´s parties»

All Tomorrow's Parties foi un festival de culto que se celebrou sempre en centros turísticos estacionais fóra do período vacacional, e que contou con edicións en Inglaterra e Estados Unidos, ademais de escenarios noutros festivais como o Primavera Sound de Barcelona. Cada edición foi comisariada por diferentes artistas ou bandas —desde Mike Patton ata Sonic Youth, Autechre, Portishead, Animal Collective, Mogwai e o creador dos Simpsons Matt Groening— e a mestura resultante é unha combinación inmellorable de música de vangarda e atmosfera de minigolf.
O documental narra a historia do festival a través de imaxes proporcionadas por artistas e fans en diversos formatos —desde Super 8 ata cámaras de teléfonos móbiles— para captar a enerxía deste universo musical paralelo. O cineasta Jonathan Caouette (Tarnation) e o fotógrafo Vincent Moon (Arcade Fire: Miror noir) foron os encargados de organizar o collage de imaxes, e o resultado é un documento único que recolle o poder das actuacións pero tamén a paixón do público festivaleiro.
O documental narra a historia do festival a través de imaxes proporcionadas por artistas e fans en diversos formatos —desde Super 8 ata cámaras de teléfonos móbiles— para captar a enerxía deste universo musical paralelo. O cineasta Jonathan Caouette (Tarnation) e o fotógrafo Vincent Moon (Arcade Fire: Miror noir) foron os encargados de organizar o collage de imaxes, e o resultado é un documento único que recolle o poder das actuacións pero tamén a paixón do público festivaleiro.
SESIÓN:
COTA:
20:30 h. (CEST) no Café Pop«Torgal», Ourense
De balde
28
Mai.
2025
Mérc.
«Mogwai: If the stars had a sound»

Antony Crook · (Reino Unido, 2024) 92 min. Cor. Dolby dixital. AR: 1,85:1 [ND] VOSE
“É unha dualidade moi escocesa”. Así, con certa sorna, explícase neste filme a bipolaridade entre sutileza e forza bruta, beleza e desolación, drons celestiais e muros de distorsión, coa que durante máis de 25 anos Mogwai prevaleceu como unha das bandas definitorias do post-rock. Estes amigos futboleiros de Glasgow aparecen mesmo sorprendidos pola súa transcendencia e influencia, pero outras voces atribúeno sinxelamente ao seu bo facer e á súa fidelidade ás raíces neste suxestivo percorrido desde os seus inicios ata a gravación durante o confinamento do seu 10º disco, As the Love Continues, outro impredicible fito na súa carreira.
"Xurdindo no apoxeo da escena musical do Britpop e o período Cool Britannia, que foi dirixido por bandas como Oasis, Blur, Pulp e Suede e definido polos seus himnos pegadizos coloridos e vibrantes, líderes carismáticos (na súa maioría homes) e tendencias hedonistas, Mogwai apareceu coma unha besta completamente diferente que requiría unha contemplación máis seria que as vulgaridades dos irmáns Gallagher ou a última conexión de Damon Alban (Blur). Mentres o Britpop vacilaba e desvanecíase, a marca de post-rock experimental de Mogwai, elegante, introspectiva, a miúdo extremadamente forte, na súa maioría instrumental, actuou como un limpador de paletas colectivo na era post-Britpop para aqueles que elixiron escoitar e ser recompensados unha vez máis cunha banda que deixaba ao seu público abrazar unha onda de catarse emocional."
( Steve Naish, dmovies.org)
29
Mai.
2025
Xov.
«The Tiger Lillies: Shockheaded Peter and other songs»

Saba Dewan · (EUA, 2000) 47 min. Cor. RA 1.37:1 [ND] VOSE
Imposibles de categorizar, The Tiger Lillies levan desde 1989 cantando a súa propia marca de baladas blasfemas, contos tráxicos e cancioncillas descaradas. A banda fusiona ou espírito do punk coa paixón da chanson, ao mesmo tempo que evoca a música perturbadora e esquecida de ou noso pasado escuro e afastado, como as misas relixiosas, a música folk bávara, ou o cabaré berlinés e a canción do music hall victoriano inglés.
Este concerto (con entrevistas) do teatro PS122 de Nova York presenta unha selección de cancións, incluídas algunhas na producción teatral Shockheaded Peter coas composicións de Martyn Jacques e o inconfudible estilo brechtiano e de cabaret xitano. Shockheaded Peter é unha adaptación para teatro musical alegremente macabra do século XIX, baseado nun libro alemán de contos para nenos. A produción xerou un álbum de Tiger Lillies co mesmo nome ese ano e gañou dous premios Olivier en 2002. Pola representación teatral do musical, recibiron os premios ao mellor entretenemento musical e á mellor interpretación secundaria (Martyn Jacques)
Este concerto (con entrevistas) do teatro PS122 de Nova York presenta unha selección de cancións, incluídas algunhas na producción teatral Shockheaded Peter coas composicións de Martyn Jacques e o inconfudible estilo brechtiano e de cabaret xitano. Shockheaded Peter é unha adaptación para teatro musical alegremente macabra do século XIX, baseado nun libro alemán de contos para nenos. A produción xerou un álbum de Tiger Lillies co mesmo nome ese ano e gañou dous premios Olivier en 2002. Pola representación teatral do musical, recibiron os premios ao mellor entretenemento musical e á mellor interpretación secundaria (Martyn Jacques)
SESIÓNS:
COTA:
20:30 h. (CEST) «El Pueblo» Café Cultural, Ourense
De balde
30 Mai. 2025
Ven
«Sesión de curtas no Venrespirar»

Venrespirar é unha festa que xorde da inquedanza dun grupo de bailadoras e bailadores por atopar un espazo onde disfrutar dun baile “rente ao chan”. Ten como eixo fundamental a divulgación, visibilización e posta en valor da música, o canto e o baile tradicionais. Tamén busca facer cidade e reivindicar o espazo público, o baile comunal, a música de tradición oral en directo. Nesta ocasión o cineclube súmase á festa coa proxección das seguintes curtametraxes:
Por que non cantades todas
Diana Toucedo (España, 2014) 30 min.
Un grupo de mulleres e homes de Zobra, Serra do Candán, (Pontevedra) convértese nunha ponte entre dúas realidades, o pasado e o presente, utilizando a música como memoria, experiencia e convivio.
Terra de pandeiretas
Laura de Diego (España, 2022) 30 min.
A riqueza da música e a tradición cultural do noroeste de España, achegada de xeración en xeración, coa muller como principal nexo.
Por que non cantades todas
Diana Toucedo (España, 2014) 30 min.
Un grupo de mulleres e homes de Zobra, Serra do Candán, (Pontevedra) convértese nunha ponte entre dúas realidades, o pasado e o presente, utilizando a música como memoria, experiencia e convivio.
Terra de pandeiretas
Laura de Diego (España, 2022) 30 min.
A riqueza da música e a tradición cultural do noroeste de España, achegada de xeración en xeración, coa muller como principal nexo.
Sesión especial
5
Xuñ.
2025
Xov.
«Filtrando a luz»

Xacobe Meléndez Fassbender · (España, 2024) 84 min. Cor. AR: 1,85:1 [ND] VOG
Documental que percorre a historia do movemento ecoloxista galego. Dende os anos sesenta até a actualidade (cunha referencia ao século XVI), narrado en primeira persoa polos protagonistas de algunhas das campañas de protección do medio ambiente galego, coas súas pertinentes conexións internacionais... a protección dos espazos e as especies, o ecoloxismo social, a conservación da Terra...
Repasa á problematica ambiental galega dende hai xa máis de 60 anos, ao activismo conservacionista, ao ecofeminismo... Pon o foco dende a Celulosa de Ence en Pontevedra até o proxecto GAMA na Ulloa, nas enerxías dende as centrais e minicentrais hidroeléctricas, ate as modernas renovábeis, pasando pola historia das centrais térmicas, tamén se trata a problemática dos lumes forestais, a producción agrícola e gandeira, os medios de transporte, o cambio climático, as propostas de decrecemento, o mar, o lixo, o tema forestal, a contaminación dos ríos...
Pregamos puntualidade.
Lembramos usen a máscara de protección dentro dos espazos pechados; se vostede presenta síntomas de catarro, gripe ou COVID.
Os símbolos desta web son; VO; Versión orixinal, VOS (Versión orixinal subtitulada, en castelán VOSE, en galego VOSG), VD; versión orixinal ou dobrada cos mesmos patróns E español /G galego / CAT catalán / EUS euskera / E-Aame español americano / Pt portugués.
A calificación por idades de cada filme sigue o seguinte patrón; [A] apta para todos os públicos, [+7] recomendado para maiores de 7 anos, [+12] recomendado para maiores de 12 anos, [+18] recomendado para maiores de 18 anos, e [ND] Non dispoñible ou [SC] sen clasificación no ICAA.
Tamén podes consultar aquí... a programación extraordinaria na que colabora o cineclube, o blog Sala de máquinas (que da acceso tamén ás follas de sala, organigrama e transparencia), clube de cine Nós #CCPF, a web da Biblioteca pública Nós, os cineclubes de Ourense (que da acceso tamén á Federación de cineclubes de Galicia), á base de datos do ICAA ou ás base de datos de filmaffinity e IMDB.
ADVERTENZAS:
Non se permite o acceso á sala unha vez comenzada a sesión. Tampouco se permite o uso do teléfono móbil unha vez comezada a proxección * sendo motivo en caso contrario de expulsión da sala, sen dereito á reclamación. (En caso de socio/-a será proposto de expulsión da asociación).
(*) Agás para os filmes con audiodescripción, así sinalizados [ AD))) ].
----------
(*) A audiodescripción estará disponible mediante a aplicación gratuita da fundación ONCE; "AUDESCMOBILE".
(Non é preciso software o hardware adicional. O/A usuario/a tan só ten que instalar a aplicación no seu móbil, descargar a audiodescripción da película que quere ver e unha vez na sala de cine, conectar os cascos e reproducir o arquivo. A audiodescripción comenzará e se sincronizará automáticamente coa película)
Horarios CUT+1
Ningún comentario:
Publicar un comentario