Dentro das sesións de filmoteca, detallamos a continuación os filmes que proxectaremos entre o 28 de abril e o 12 de maio de 2025, no salón de actos da Casa de Cultura (Rúa Concello núm. 11 de Ourense).
Podes consultar e descargar as follas de sala, aquí [Abre outra xanela]
28
Abr.
2025
Lun.
«Caigan las rosas blancas»

Albertina Carri · (Arxentina-Brasil-España, 2025) 125 min. Cor. RA 1,85:1 [+16] VOSE
[A proxección deste filme, trasládase ao luns 19 de maio, motivado polo apagón]
O filme segue a Violeta, unha directora de cinema que no seu día fixo unha exultante película porno lésbica e agora é contratada para facer unha longametraxe porno convencional e ecolóxico.
"Unha sorte de regreso ao básico, ao puro, ao esencial. Porque esa é a dobre viaxe que propón '¡Caigan las rosas blancas!': un exterior, desenfreado, caótico, delirante; e outro moito máis íntimo, visceral e transformador"
(Diego Batlle, Otros Cines)
SESIÓN:
COTA:
20:30h. (CUT+1) «Casa da cultura - CCPF» de Ourense
De balde socios/as (3 euros non asociados/as; consultar cotas).
5
Mai.
2025
Lun.
«Informe general sobre algunas cuestiones de interés para una proyección pública»

Pere Portabella · (España, 1976) 149 min. Cor/B&N. Mono. RA 1,33:1 [ND] VO/SE
A película constitúe a síntese das filmacións clandestinas abertamente políticas de Portabella e a súa contorna. Rodada nos meses posteriores á morte do xeneral Franco, trátase dun filme «documental» realizado coas técnicas dun filme de ficción. Coherente isto nunha filmografía dirixida a explorar os límites da representación fílmica, Informe general trata da futura representación política na transición española, cunha clara vocación democrática contradita pola súa virtual «invisibilidade» durante trinta anos. As intervencións viran sobre unha única cuestión: Como pasar dunha ditadura a un estado de dereito?
"Filme documental «relativamente convencional», aínda que con moitos momentos de heteroxeneidade estilística...entre os seus moitos testemuños, atopamos unha recreación explicitamente ficticia dunha redada policial e a posterior tortura dos detidos, con extractos do texto da Declaración Universal de Dereitos Humanos de 1948 superpostos sobre a imaxe mentres a música electrónica cacofónica de Santos enche a banda sonora. "
(Erika Balsom, Artforum)
SESIÓN:
COTA:
20:30h. (CUT+1) «Casa da cultura - CCPF» de Ourense
De balde socios/as (3 euros non asociados/as; consultar cotas).
12
Mai.
2025
Lun.
«Materiais para unha historia do cine en Galicia»

Enrique Banet · (España, 1985) Total sesión: 57 min. Cor/B&N. Mono. RA 1,33:1 [ND] VOG
Materiais para unha historia do cine en Galicia. Unha sección que ten como función primordial dar visibilidade ao arquivo da Filmoteca de Galicia en sesións definidas pola súa heterodoxia: curtas e longametraxes, ficción e documentais, cine doméstico e cinema industrial, fragmentos e materiais que reconstrúen a historia do cine feito en Galicia. Prográmanse os seguintes filmes:
A malla
Enrique Banet (España,1985) 35 min.
A Galicia tradicional é pobre en medios económicos cos que contratar persoal. Naqueles traballos, como no caso da malla, en que a casa non conta con forza de traballo abondo, ten que acudir ao intercambio de axudas entre os veciños.
O ambiente festivo que se xera nestes casos serve de estímulo para facer máis levadeira a dureza do traballo, ao tempo que se fortalecen os vínculos entre os membros da comunidade. A medida que se vai introducindo nova tecnoloxía, este espírito comunitario e festivo comeza a se tornar máis feble (ou transformarse).
Os romeiros do alén
Enrique Banet (España,1985) 22 min.
A Romaría de Sta. Marta de Ribarteme exemplifica como cando unha comunidade conta cun baixo desenvolvemento tecnolóxico na súa medicina, ou cando esta non responde favorablemente, a conciencia popular acode ao sagrado como instancia suprema. Así, o que estivo a piques de morrer e, por intercesión da Santa, logrou salvarse, teatraliza o milagre acudindo á festa das mortallas dentro da caixa que o tería que levar ao camposanto. Esta posta en escena é un medio de fortalecer a fe da comunidade, ao tempo que proporciona pingües beneficios aos axentes da relixión oficial.
SESIÓN:
COTA:
20:30h. (CUT+1) «Casa da cultura - CCPF» de Ourense
De balde socios/as (3 euros non asociados/as; consultar cotas).
19
Mai.
2025
Lun.
«Caigan las rosas blancas»

Albertina Carri · (Arxentina-Brasil-España, 2025) 125 min. Cor. RA 1,85:1 [+16] VOSE
O filme segue a Violeta, unha directora de cinema que no seu día fixo unha exultante película porno lésbica e agora é contratada para facer unha longametraxe porno convencional e ecolóxico.
"Unha sorte de regreso ao básico, ao puro, ao esencial. Porque esa é a dobre viaxe que propón '¡Caigan las rosas blancas!': un exterior, desenfreado, caótico, delirante; e outro moito máis íntimo, visceral e transformador"
(Diego Batlle, Otros Cines)
SESIÓN:
COTA:
20:30h. (CUT+1) «Casa da cultura - CCPF» de Ourense
De balde socios/as (3 euros non asociados/as; consultar cotas).
> Media hora antes de cada sesión e ata 10 minutos antes, está dispoñible a inscripción e renovación de carnés de socios/as, con unha actualización das cotas anuais (aprobadas na pasada Asemblea do 11/01/25). En caso de asistencia con forte demanda, lembramos que os/as socios/as teñen preferencia até 15 minutos antes da sesión.
O acceso ás sesións de filmoteca dos luns é de balde para os socios/as e de 3 euros para os non asociados/as. Nas sesións dos mércores permanece invariable e indistintamente en 5 euros.
O acceso ás sesións maxistrais dos domingos é exclusivo a socios/as e de balde.
O acceso ás sesións maxistrais dos sábados; infantis é de balde para os socios/as (e acompañantes) e de 3 euros para os non asociados/as.
O acceso ás sesión especiais ou outras, dependerá do anunciado en cada unha delas.
Todas as proxeccións son no salón de actos da Casa da Cultura, onde estaba a Biblioteca Pública (rúa Concello 11 - Ourense). A capacidade da sala está limitada a 110 persoas por sesión.
Pregamos puntualidade.
Lembre que se vostede presenta síntomas de catarro, gripe ou COVID, pregamos use a máscara de protección dentro da sala.
Os símbolos desta web son; VO; Versión orixinal, VOS (Versión orixinal subtitulada, en castelán VOSE, en galego VOSG), VD; versión orixinal ou dobrada cos mesmos patróns E español /G galego / CAT catalán / EUS euskera / E-Aame español americano / PT portugués.
A calificación por idades de cada filme sigue o seguinte patrón; [A] apta para todos os públicos, [+7] recomendado para maiores de 7 anos, [+12] recomendado para maiores de 12 anos, [+18] recomendado para maiores de 18 anos, e [ND] Non dispoñible ou [SC] sen clasificación no ICAA.
Cando se proxecte en resolución 4096 × 2160 px, farase constar /4K/. Cando sexa en celuloide 35 ou 16 mm, /Nº mm/ e sen constancia explícita; ésta será en VXGA (DVD,BluRay ou mp4). A diferencia entre a resolución da primeira e a última son 8 millóns de px fronte a dous millóns de px.(1,9 K).
A continuación, pode consultar aquí... a política de privacidade, a programación extraordinaria na que colabora o cineclube, o blog Sala de máquinas (que da acceso tamén ás follas de sala, organigrama e transparencia), clube de cine Nós #CCPF, a web da Biblioteca pública Nós, os cineclubes de Ourense (que da acceso tamén á Federación de cineclubes de Galicia), á base de datos do ICAA ou ás base de datos de filmaffinity e IMDB.
ADVERTENZAS:
Non se permite o acceso á sala unha vez comenzada a sesión. Tampouco se permite o uso do teléfono móbil unha vez comezada a proxección * sendo motivo en caso contrario de expulsión da sala, sen dereito á reclamación. (En caso de socio/-a será proposto de expulsión da asociación).
(*) Agás para os filmes con audiodescripción, así sinalizados [ AD))) ].
----------
(*) A audiodescripción estará disponible mediante a aplicación gratuita da fundación ONCE; "AUDESCMOBILE".
(Non é preciso software o hardware adicional. O/A usuario/a tan só ten que instalar a aplicación no seu móbil, descargar a audiodescripción da película que quere ver e unha vez na sala de cine, conectar os cascos e reproducir o arquivo. A audiodescripción comenzará e se sincronizará automáticamente coa película)
Horarios CUT+1
Ningún comentario:
Publicar un comentario