Dentro das habituais sesións dos mércores de ciclo, detallamos a continuación os filmes que proxectaremos entre abril e maio de 2025, no salón de actos da Casa de Cultura (Rúa Concello núm. 11 de Ourense).
Podes consultar e descargar as follas de sala, aquí [Abre outra xanela]
30
Abr.
2025
Mérc.
«Pathernope»

Paolo Sorrentino · (Italia-Francia, 2024) 136 min. Cor. AR 2,39:1 [+16] VOSE
Unha carta de amor a ese Nápoles que ri, enfeitiza e namora, que nos fai viaxar pola vida de Parthenope (Celeste Dalla Porta) desde o seu nacemento nos anos 50 até hoxe. Un conto que desborda paixón e liberdade e nos mergulla nos grandes amores e decisións que todo o mudan para sempre. A vida desta muller sen prexuízos e adiantada ao seu tempo é unha viaxe fermosísima, caótica e fascinante mentres descobre e aprende o oficio de vivir, nunha contorna tan puritana como opresora.
"Paolo Sorrentino crea un tratado exquisito sobre a beleza no cinema. Celeste Dalla Porta ofrece unha interpretación brillante no sedutor drama napolitano do director d'A gran beleza'"
(Siddhant Adlakha, Variety)
7
Mai.
2025
Mérc.
«L’histoire de Souleymane» A historia de Souleymane

Boris Lojkine · (Francia, 2024) 92 min. Cor. Dolby dixital. AR: 1,50:1 [+12] VOSE
Mentres pedalea polas rúas de París para repartir comida, Souleymane repite a súa historia. En dous días deberá pasar a entrevista de solicitude de asilo, clave para obter os papeis. Pero Souleymane non está preparado.
Unha mirada realista á estresante cotiandade dun inmigrante guineano, coa que Abou Sangare gañou o premio de mellor actor en Cannes (Un Certain Regard) e Xixón. Urxente e crúa, fará as delicias dos fans do cinema dos Dardenne.
"O filme dispárase e parece a vagoneta dunha montaña rusa na que cada plano é máis furioso que o anterior, planos que parecen marteladas cravando os cravos dun cadaleito que claudica sen calma na calidade desta Europa nosa: que facer cos outros, que facer cos pobres que algo saben do noso colonialismo aos que antes lles pediamos ouro e agora pedímoslles que nos traian a pizza e cóntennos unha historia. Esa é a historia (con minúscula) que comparece no título e que nada ten que ver coa Historia (con maiúscula), que é outra cousa á que a película de Boris Lokjine vai mirando con toda seriedade e sacándolle os dentes"
(Aarón Rodríguez Serrano, elantepenultimomohicano.com)
14
Mai.
2025
Mérc.
«Daneh anjeer moghadas» A semente da figueira sacra

Mohammad Rasoulof · (Alemaña-Francia-Irán, 2024) 168 min. Cor. Dolby dixital. AR: 2,35:1 [+16] VOSE
Irán, outono 2022. A vida universitaria en Teherán vese sacudida polas revoltas nas rúas e as escolas ao berro de «Muller, vida e liberdade». A medida que os disturbios políticos aumentan, a responsabilidade profesional na vida dun xuíz de instrución empeza a afectar a súa vida familiar xunto a súa muller e as súas dúas fillas adolescentes. Cando a pistola que o goberno lle entregara para manter a súa seguridade desaparece, só lle queda sospeitar das mulleres que o rodean. Mentres as normas sociais empezan a esfarelarse ao seu redor, tamén o fai a súa familia.
Filme especialmente recomendado para o fomento da igualdade de xénero (ICAA)
"O alegato político d'A semente da figueira sagrada' é unha emocionante resposta ao brutal ensañamento contra as mulleres do réxime iraniano"
(Elsa Fernández-Santos, El País)
> Media hora antes de cada sesión e ata 10 minutos antes, está dispoñible a inscripción e renovación de carnés de socios/as, con unha actualización das cotas anuais (aprobadas na pasada Asemblea do 11/01/25). En caso de asistencia con forte demanda, lembramos que os/as socios/as teñen preferencia até 15 minutos antes da sesión.
O acceso ás sesións de filmoteca dos luns é de balde para os socios/as e de 3 euros para os non asociados/as. Nas sesións dos mércores permanece invariable e indistintamente en 5 euros.
O acceso ás sesións maxistrais dos domingos é exclusivo a socios/as e de balde.
O acceso ás sesións maxistrais dos sábados; infantis é de balde para os socios/as (e acompañantes) e de 3 euros para os non asociados/as.
O acceso ás sesión especiais ou outras, dependerá do anunciado en cada unha delas.
Todas as proxeccións son no salón de actos da Casa da Cultura, onde estaba a Biblioteca Pública (rúa Concello 11 - Ourense). A capacidade da sala está limitada a 110 persoas por sesión.
Pregamos puntualidade.
Lembre que se vostede presenta síntomas de catarro, gripe ou COVID, pregamos use a máscara de protección dentro de espazos pechados.
Os símbolos desta web son; VO; Versión orixinal, VOS (Versión orixinal subtitulada, en castelán VOSE, en galego VOSG), VD; versión orixinal ou dobrada cos mesmos patróns E español /G galego / CAT catalán / EUS euskera / E-Aame español americano / PT portugués.
A calificación por idades de cada filme sigue o seguinte patrón; [A] apta para todos os públicos, [+7] recomendado para maiores de 7 anos, [+12] recomendado para maiores de 12 anos, [+18] recomendado para maiores de 18 anos, e [ND] Non dispoñible ou [SC] sen clasificación no ICAA.
Cando se proxecte en resolución 4096 × 2160 px, farase constar /4K/. Cando sexa en celuloide 35 ou 16 mm, /Nº mm/ e sen constancia explícita; ésta será en VXGA (DVD,BluRay ou mp4). A diferencia entre a resolución da primeira e a última son 8 millóns de px fronte a dous millóns de px.(1,9 K).
A continuación, pode consultar aquí... a política de privacidade, a programación extraordinaria na que colabora o cineclube, o blog Sala de máquinas (que da acceso tamén ás follas de sala, organigrama e transparencia), clube de cine Nós #CCPF, a web da Biblioteca pública Nós, os cineclubes de Ourense (que da acceso tamén á Federación de cineclubes de Galicia), á base de datos do ICAA ou ás base de datos de filmaffinity e IMDB.
ADVERTENZAS:
Non se permite o acceso á sala unha vez comenzada a sesión. Tampouco se permite o uso do teléfono móbil unha vez comezada a proxección * sendo motivo en caso contrario de expulsión da sala, sen dereito á reclamación. (En caso de socio/-a será proposto de expulsión da asociación).
(*) Agás para os filmes con audiodescripción, así sinalizados [ AD))) ].
----------
(*) A audiodescripción estará disponible mediante a aplicación gratuita da fundación ONCE; "AUDESCMOBILE".
(Non é preciso software o hardware adicional. O/A usuario/a tan só ten que instalar a aplicación no seu móbil, descargar a audiodescripción da película que quere ver e unha vez na sala de cine, conectar os cascos e reproducir o arquivo. A audiodescripción comenzará e se sincronizará automáticamente coa película)
Horarios CUT+1
Ningún comentario:
Publicar un comentario