15/01/26

Luns de filmoteca de xaneiro-febreiro 2026

Dentro das habituais sesións de filmoteca dos luns, detallamos a continuación os filmes que proxectaremos en xaneiro e febreiro de 2026, no salón de actos da Casa de Cultura (Rúa Concello núm. 11 de Ourense).


Podes consultar e descargar as follas de sala, aquí [Abre outra xanela]





19 Xan. 2026
Lun.

«Estrany riu»

· (España, 2026) 106 min. Cor. RA: 1,66:1 [+12] VOSE

Dídac ten dezaseis anos e viaxa en bicicleta polo Danubio coa súa familia. Entre días calorosos, un encontro inesperado cambia o rumbo da viaxe: un misterioso mozo aparece entre as augas do río. A súa presenza enigmática non só esperta algo novo en Dídac, senón que empeza a alterar a relación coa súa familia.

"Desde a súa enérxica e impresionista secuencia de arranque –onde a cámara segue o veloz tránsito en bicicleta dunha familia que veranea pola ribeira do Danubio–, ‘Estrany riu’ pon de manifesto a capacidade do cinema para capturar as fluctuacións do mundo. Esta exuberante apertura, cuxo acompañamento musical trae á memoria as fanfarrias wagnerianas, non só ilustra o ímpeto sensorial da encomiable ópera novel de Jaume Claret Muxart –o encadre déixase embriagar polo paso das arboredas e o movemento dos corpos–, senón que tamén perfila o núcleo conceptual dunha película centrada no universo da adolescencia"
(Manu Yañez, Fotogramas)


SESIÓN:
COTA:
  20:30h. (CUT+1) «Casa da cultura - CCPF» de Ourense
  De balde socios/as (3 euros non asociados/as; consultar cotas).



26 Xan. 2026
Lun.

«El cochecito»

· (España, 1960) 85 min. B&N. Mono. RA 1,66:1 [A] VOE

Un vello, para non ser menos que un amigo discapacitado, quere que a familia lle merque unha cadeira de rodas eléctrica. Para conseguila non vacilará con nada.

Filme inicialmente prohibido en España, baixo a ditadura fascista de Francisco Franco

Premios
1960: Festival de Venecia: Premio da crítica
1961: Sant Jordi: Mellor filme e mellor actor (José Isbert)

"Un dos clásicos do cine europeo"
(Gregorio Belinchón, El País)


SESIÓN:
COTA:
  20:30h. (CUT+1) «Casa da cultura - CCPF» de Ourense
  De balde socios/as (3 euros non asociados/as; consultar cotas).



2 Feb. 2025
Lun.

«Baavgai Bolohson» Se eu puidese hibernar (Ata que todo pase)

· (Mongolia-Francia-Suiza-Catar, 2023) 99 min. Cor. RA 2,35:1 [+12] VOSE

Ulzii, un adolescente pobre pero orgulloso, está decidido a gañar un concurso de física para conseguir unha bolsa. Pero a súa nai, analfabeta, atopa un traballo no campo e déixalle cos seus irmáns en pleno inverno

"Notable retrato (...) dun adolescente (...) Purevdash observa con sentido do detalle a contorna (...), filma con elegancia e vontade realista e móstrase sensible e humanista evitando o sentimentalismo"
(Jordi Batlle Caminal, La Vanguardia)


SESIÓN:
COTA:
  20:30h. (CUT+1) «Casa da cultura - CCPF» de Ourense
  De balde socios/as (3 euros non asociados/as; consultar cotas).



9 Feb. 2026
Lun.

«1982: La aventura del Arosa I»

· (España, 1982) 40 min. Cor. RA: 1,85:1 [ND] VO

Documenta a viaxe do buque pesqueiro Arosa I á fosa atlántica para rexistrar as protestas contra as verteduras nucleares que alí estaban a suceder e denunciar esta situación ante o mundo.

"Un pequeno buque chamado Xurelo foi o primeiro en lanzar o berro de socorro sobre as verteduras radioactivas no mar. Un ano despois, a admiración do emerxente movemento ecoloxista galego leváronlla o Pleamar e o Arousa I, fretados grazas ao apoio de varios concellos. A pesar da súa modestia, acudiron en apoio do Sirius de Greenpeace e gañáronse a simpatía da opinión pública, sobre todo o Arousa I, talvez polas vicisitudes que viviu durante a súa travesía cara á Fosa Atlántica"
(Xavier Navaza, El Corrreo Gallego 27/07/2007)


SESIÓN:
COTA:
  20:30h. (CUT+1) «Casa da cultura - CCPF» de Ourense
  De balde socios/as (3 euros non asociados/as; consultar cotas).






ALTA E RENOVACIÓN DE CARNÉS:

> Media hora antes de cada sesión e ata 10 minutos antes, está dispoñible a inscripción e renovación de carnés de socios/as.


O acceso ás sesión de filmoteca dos luns é de balde para os socios/as e de 3 euros para os non asociados/as.



Todas as proxeccións son no salón de actos da Casa da Cultura, onde estaba a Biblioteca Pública (rúa Concello 11 - Ourense). A capacidade da sala está limitada a 110 persoas por sesión.
Pregamos puntualidade.


Lembre que se vostede presenta síntomas de catarro, gripe ou COVID, pregamos use a máscara de protección dentro da sala.

Os símbolos desta web son; VO; Versión orixinal, VOS (Versión orixinal subtitulada, en castelán VOSE, en galego VOSG), VD; versión orixinal ou dobrada cos mesmos patróns E español /G galego / CAT catalán / EUS euskera / E-Aame español americano / PT portugués.

A calificación por idades de cada filme sigue o seguinte patrón; [A] apta para todos os públicos, [+7] recomendado para maiores de 7 anos, [+12] recomendado para maiores de 12 anos, [+18] recomendado para maiores de 18 anos, e [ND] Non dispoñible ou [SC] sen clasificación no ICAA.

Cando se proxecte en resolución 4096 × 2160 px, farase constar /4K/. Cando sexa en celuloide 35 ou 16 mm, /Nº mm/ e sen constancia explícita; ésta será en VXGA (DVD,BluRay ou mp4). A diferencia entre a resolución da primeira e a última son 8 millóns de px fronte a dous millóns de px.(1,9 K).



A continuación, pode consultar aquí... a programación extraordinaria na que colabora o cineclube, o blog Sala de máquinas (que da acceso tamén ás follas de sala, organigrama e transparencia), clube de cine Nós #CCPF, a web da Biblioteca pública Nós, os cineclubes de Ourense (que da acceso tamén á Federación de cineclubes de Galicia), á base de datos do ICAA ou ás base de datos de filmaffinity e IMDB.



ADVERTENZAS:
Non se permite o acceso á sala unha vez comenzada a sesión. Tampouco se permite o uso do teléfono móbil unha vez comezada a proxección * sendo motivo en caso contrario de expulsión da sala, sen dereito á reclamación. (En caso de socio/-a será proposto de expulsión da asociación).

(*) Agás para os filmes con audiodescripción, así sinalizados [ AD))) ].


----------
(*) A audiodescripción estará disponible mediante a aplicación gratuita da fundación ONCE; "AUDESCMOBILE".

(Non é preciso software o hardware adicional. O/A usuario/a tan só ten que instalar a aplicación no seu móbil, descargar a audiodescripción da película que quere ver e unha vez na sala de cine, conectar os cascos e reproducir o arquivo. A audiodescripción comenzará e se sincronizará automáticamente coa película)




Horarios CUT+1



Ningún comentario: