15/01/26

Programación de xaneiro - febreiro de 2026

Filmoteca

Sesións dos mércores

Sesións maxistrais

XI Ciclo Colexio de médicos

Sesión extraordinaria [ + ]


Comeza un novo ano de propósitos que agardamos se cumpran naqueles que realmente paguen a pena. Pola nosa parte, alonxamos os tambores de guerra. Abstraémonos da harmonia cósmica boreal cunha selección eclética de comedia, misterio e humanismo, sen descoidar o drama e as ensoñacións musicais do amor.

De contado podedes consultar e descargar as follas de sala , así como vídeo [.mp4 • 21'8 MB] que resume a programación que preparamos.




«Xan-Feb 2026»· (cineclupePF)


Lembramos por último a convocatoria de Asembleas para o sábado 17/01/2026.

A continuación o detalle da programación que se estenderá ata o entroido.





Filmoteca


19 Xan. 2026
Lun.

«Estrany riu»

· (España, 2026) 106 min. Cor. RA: 1,66:1 [+12] VOSE

Dídac ten dezaseis anos e viaxa en bicicleta polo Danubio coa súa familia. Entre días calorosos, un encontro inesperado cambia o rumbo da viaxe: un misterioso mozo aparece entre as augas do río. A súa presenza enigmática non só esperta algo novo en Dídac, senón que empeza a alterar a relación coa súa familia.

"Desde a súa enérxica e impresionista secuencia de arranque –onde a cámara segue o veloz tránsito en bicicleta dunha familia que veranea pola ribeira do Danubio–, ‘Estrany riu’ pon de manifesto a capacidade do cinema para capturar as fluctuacións do mundo. Esta exuberante apertura, cuxo acompañamento musical trae á memoria as fanfarrias wagnerianas, non só ilustra o ímpeto sensorial da encomiable ópera novel de Jaume Claret Muxart –o encadre déixase embriagar polo paso das arboredas e o movemento dos corpos–, senón que tamén perfila o núcleo conceptual dunha película centrada no universo da adolescencia"
(Manu Yañez, Fotogramas)


SESIÓN:
COTA:
  20:30h. (CUT+1) «Casa da cultura - CCPF» de Ourense
  De balde socios/as (3 euros non asociados/as; consultar cotas).


Sesións dos mércores


  21 Xan. 2026
Mérc.

«Sentimental value» Valor sentimental

· (Noruega-Francia-Dinamarca-Alemania-Reino Unido, 2025) 135 min. Cor. Dolby dixital. RA 1,85:1 [+12] VOSE

As irmás Nora e Agnes reencóntranse co seu distanciado pai, o carismático Gustav, un antigo director de renome que lle ofrece á súa filla Nora, actriz de teatro, un papel na súa próxima película. Nora rexéitao e pronto descobre que lle deu o seu papel a unha nova e entusiasta estrela de Hollywood. De súpeto, as dúas irmás deben sortear a súa complicada relación co seu pai e lidar cunha estrela estadounidense que se atopa no medio da súa complexa dinámica familiar.

Premios
2025 Cannes; Gran Premio do Xurado
2025 Locarno; Variety Piazza Grande

"Trier e Renate Reinsve volven namorar nun drama bergmanián sobre as relacións paterno filiais"
(Luis Martínez, El Mundo)

SESIÓNS:
COTA:
 18 e 21:00h. (CUT+1) «Casa da cultura - CCPF» de Ourense
 




Sesión maxistral




  25 Xan. 2026
Dom.

«La vérité» A verdade

· (Francia, 1960) 130 min. B&N. RA 1.66:1 [+12] VOSE

Dominique Marceau é xulgada polo asasinato de Gilbert Tellier, un músico cheo de talento recentemente saído do Conservatorio. Os avogados tentan atopar un móbil que explique a súa conduta. Paixón, vinganza ou accidente? Entre as testemuñas están os coñecidos de Gilbert, os antigos amantes de Dominique e, ademais, a súa irmá Anne, estudante de violín e prometida de Gilbert. Os datos que van proporcionando as testemuñas permiten reconstruír as personalidades de Dominique e Gilbert e son máis útiles que as elocuentes alegacións dos avogados.

Premios
1960: Globo de ouro: Mellor película estranxeira
1960: Premios David di Donatello: Mellor actriz estranxeira (Brigitte Bardot)

"A película seduce de principio a fin, ata o seu descarnado final, que deixa ao espectador sen palabras, xusto despois de ser conmocionado polo berro de desesperación de Dominique: " Están aquí, disfrazados, ridículos, están todos mortos! ". Roger Tailleur escribiu sobre esta película, que admiraba especialmente polo dúo Clouzot/Bardot: " o encontro beneficioso dun verdadeiro director e unha auténtica forza cinematográfica, de talento e mito, de cerebro e corazón, de lucidez e paixón ". É difícil non estar dacordo con el"
(Erick Maurel , DVDclassik.com)



SESIÓN:
COTA:
  18:00 h. (CUT+1) «Casa da cultura - CCPF» de Ourense
  Exclusivamente para socios/as, de balde (Faite socio/a).


Filmoteca


26 Xan. 2026
Lun.

«El cochecito»

· (España, 1960) 85 min. B&N. Mono. RA 1,66:1 [A] VOE

Un vello, para non ser menos que un amigo discapacitado, quere que a familia lle merque unha cadeira de rodas eléctrica. Para conseguila non vacilará con nada.

Filme inicialmente prohibido en España, baixo a ditadura fascista de Francisco Franco

Premios
1960: Festival de Venecia: Premio da crítica
1961: Sant Jordi: Mellor filme e mellor actor (José Isbert)

"Un dos clásicos do cine europeo"
(Gregorio Belinchón, El País)


SESIÓN:
COTA:
  20:30h. (CUT+1) «Casa da cultura - CCPF» de Ourense
  De balde socios/as (3 euros non asociados/as; consultar cotas).


Sesións dos mércores


  28 Xan. 2026
Mérc.

«Flores para Antonio»

e · (España, 2025) 98 min. Cor. Dolby. RA 1,85:1 [+12] VOE

Unha filla disponse a buscar a verdade sobre quen foi seu pai, un músico lendario, falecido cando ela tiña 8 anos. El é Antonio Flores, ela a tamén célebre actriz Alba Flores. Alba deixou de cantar ao perder a Antonio e agora disponse a recuperar a súa voz e a súa historia, preguntando por vez primeira aos seus familiares e amigos.

"Consegue emocionar moito, pero moito, e de paso dar a coñecer mellor o universo dos Flores"
(Oti Rodríguez Marchante, ABC)

SESIÓNS:
COTA:
 18 e 21:00h. (CUT+1) «Casa da cultura - CCPF» de Ourense
 




Filmoteca


2 Feb. 2025
Lun.

«Baavgai Bolohson» Se eu puidese hibernar (Ata que todo pase)

· (Mongolia-Francia-Suiza-Catar, 2023) 99 min. Cor. RA 2,35:1 [+12] VOSE

Ulzii, un adolescente pobre pero orgulloso, está decidido a gañar un concurso de física para conseguir unha bolsa. Pero a súa nai, analfabeta, atopa un traballo no campo e déixalle cos seus irmáns en pleno inverno

"Notable retrato (...) dun adolescente (...) Purevdash observa con sentido do detalle a contorna (...), filma con elegancia e vontade realista e móstrase sensible e humanista evitando o sentimentalismo"
(Jordi Batlle Caminal, La Vanguardia)


SESIÓN:
COTA:
  20:30h. (CUT+1) «Casa da cultura - CCPF» de Ourense
  De balde socios/as (3 euros non asociados/as; consultar cotas).


XI Ciclo Colexio de médicos




  3 Feb. 2026
mar.

«M.A.S.H.»

· (EUA, 1970) 116 min. Cor. RA 2,35:1 [+18] VOSE

Narra as aventuras de dous cirurxiáns do exército destinados a unha unidade móbil médica en Corea durante a guerra. Tanto eles como o seu equipo de enfermeiras tómanse o traballo moi en serio pero, no seu tempo libre, as bromas constantes e a ironía fan máis levadía a situación.

Premios
1970: Oscar: Mellor guion adaptado
1970: Festival de Cannes: Palma de ouro
1970: Globos de Ouro: Mellor película - Comedia o Musical

"A maioría de comedias queren que riamos de cousas que non son realmente divertidas: nesta, rimos precisamente porque non son divertidas. Rimos por non chorar"
(Roger Ebert, rogerebert.com)

+ [ INFO. do resto do ciclo ]


SESIÓN:
COTA:
  19:30 h. (CUT+1) «Casa da cultura - CCPF» de Ourense


Sesións dos mércores


  4 Feb. 2026
Mérc.

«Maspalomas»

e · (España, 2025) 115 min. Cor. RA 1,85:1 [+16] VOSE

Logo de romper coa súa parella, Vicente (76) leva a vida que quere en Maspalomas: o seu día a día pásao deitado ao sol, de festa e na procura de pracer. Un accidente inesperado obrígao a regresar a San Sebastián e reencontrarse coa súa filla (Nagore Aranburu) a quen abandonou anos atrás. Vicente terá que vivir nunha residencia onde se verá empurrado a volver ao armario e a ocultar unha parte de si propio que cría resolta. Nesta nova contorna, Vicente deberá preguntarse se aínda está a tempo de se reconciliar cos demais... e consigo mesmo

Filme especialmente recomendado para o fomento da igualdade de xénero (ICAA)

"Os directores vascos ofrecen o seu mellor filme"
(Javier Zurro, Eldiario.es)

SESIÓNS:
COTA:
 18 e 21:00h. (CUT+1) «Casa da cultura - CCPF» de Ourense
 




Sesión extraordinaria


+ información; sesión especial do venres 6 de febreiro.


Filmoteca


9 Feb. 2026
Lun.

«1982: La aventura del Arosa I»

· (España, 1982) 40 min. Cor. RA: 1,85:1 [ND] VO

Documenta a viaxe do buque pesqueiro Arosa I á fosa atlántica para rexistrar as protestas contra as verteduras nucleares que alí estaban a suceder e denunciar esta situación ante o mundo.

"Un pequeno buque chamado Xurelo foi o primeiro en lanzar o berro de socorro sobre as verteduras radioactivas no mar. Un ano despois, a admiración do emerxente movemento ecoloxista galego leváronlla o Pleamar e o Arousa I, fretados grazas ao apoio de varios concellos. A pesar da súa modestia, acudiron en apoio do Sirius de Greenpeace e gañáronse a simpatía da opinión pública, sobre todo o Arousa I, talvez polas vicisitudes que viviu durante a súa travesía cara á Fosa Atlántica"
(Xavier Navaza, El Corrreo Gallego 27/07/2007)


SESIÓN:
COTA:
  20:30h. (CUT+1) «Casa da cultura - CCPF» de Ourense
  De balde socios/as (3 euros non asociados/as; consultar cotas).


Sesións dos mércores


  11 Feb. 2026
Mérc.

«Nouvelle vague»

· (Francia-EUA, 2025) 105 min. B&N. RA 1,37:1 [+12] VOSE

A historia detrás da creación do movemento cinematográfico francés coñecido como Nouvelle Vague, centrándose na produción da revolucionaria película de Jean-Luc Godard “À bout de souffle” (Ao final da escapada) en 1959.

"Unha rendida, encantadora homenaxe. As simas profundas de "Nouvelle Vague", que se goza como unha comedia de lunáticos, é moito maior que a das súas aparencias. Unha xenuína festa do cinema"
(Carlos Reviriego, El Cultural)

SESIÓNS:
COTA:
 18 e 21:00h. (CUT+1) «Casa da cultura - CCPF» de Ourense
 









RENOVACIÓN CARNÉS:

> Media hora antes de cada sesión e ata 10 minutos antes, está dispoñible a inscripción e renovación de carnés de socios/as.

Todas as proxeccións son no salón de actos da Casa da Cultura, onde estaba a Biblioteca Pública (rúa Concello 11 - Ourense). A capacidade da sala está limitada a 110 persoas por sesión.
Pregamos puntualidade.


Lembramos usen a máscara de protección dentro da sala; se vostede presenta síntomas de catarro, gripe ou COVID.


Os símbolos desta web son; VO; Versión orixinal, VOS (Versión orixinal subtitulada, en castelán VOSE, en galego VOSG), VD; versión orixinal ou dobrada cos mesmos patróns E español /G galego / CAT catalán / EUS euskera / E-Aame español americano / PT portugués.

A calificación por idades de cada filme sigue o seguinte patrón; [A] apta para todos os públicos, [+7] recomendado para maiores de 7 anos, [+12] recomendado para maiores de 12 anos, [+18] recomendado para maiores de 18 anos, e [ND] Non dispoñible ou [SC] sen clasificación no ICAA.

Cando se proxecte en resolución 4096 × 2160 px, farase constar /4K/. Cando sexa en celuloide 35 ou 16 mm, /Nº mm/ e sen constancia explícita; ésta será en VXGA (DVD,BluRay ou mp4). A diferencia entre a resolución da primeira e a última son 8 millóns de px fronte a dous millóns de px.(1,9 K).


Tamén podes consultar aquí... a programación extraordinaria na que colabora o cineclube, o blog Sala de máquinas (que da acceso tamén ás follas de sala, organigrama e transparencia), clube de cine Nós #CCPF, a web da Biblioteca pública Nós, os cineclubes de Ourense (que da acceso tamén á Federación de cineclubes de Galicia), á base de datos do ICAA ou ás base de datos de filmaffinity e IMDB.



ADVERTENZAS:
Non se permite o acceso á sala unha vez comenzada a sesión. Tampouco se permite o uso do teléfono móbil unha vez comezada a proxección * sendo motivo en caso contrario de expulsión da sala, sen dereito á reclamación. (En caso de socio/-a será proposto de expulsión da asociación).

(*) Agás para os filmes con audiodescripción, así sinalizados [ AD))) ].

----------
(*) A audiodescripción estará disponible mediante a aplicación gratuita da fundación ONCE; "AUDESCMOBILE".

(Non é preciso software o hardware adicional. O/A usuario/a tan só ten que instalar a aplicación no seu móbil, descargar a audiodescripción da película que quere ver e unha vez na sala de cine, conectar os cascos e reproducir o arquivo. A audiodescripción comenzará e se sincronizará automáticamente coa película)




Horarios CUT+1



Ningún comentario: