Podes consultar e descargar as follas de sala, aquí [Abre outra xanela]
21
Xan.
2026
Mérc.
«Sentimental value» Valor sentimental
Joachim Trier · (Noruega-Francia-Dinamarca-Alemania-Reino Unido, 2025) 135 min. Cor. Dolby dixital. RA 1,85:1 [+12] VOSE
As irmás Nora e Agnes reencóntranse co seu distanciado pai, o carismático Gustav, un antigo director de renome que lle ofrece á súa filla Nora, actriz de teatro, un papel na súa próxima película. Nora rexéitao e pronto descobre que lle deu o seu papel a unha nova e entusiasta estrela de Hollywood. De súpeto, as dúas irmás deben sortear a súa complicada relación co seu pai e lidar cunha estrela estadounidense que se atopa no medio da súa complexa dinámica familiar.
Premios
2025 Cannes; Gran Premio do Xurado
2025 Locarno; Variety Piazza Grande
"Trier e Renate Reinsve volven namorar nun drama bergmanián sobre as relacións paterno filiais"
(Luis Martínez, El Mundo)
28
Xan.
2026
Mérc.
«Flores para Antonio»
Unha filla disponse a buscar a verdade sobre quen foi seu pai, un músico lendario, falecido cando ela tiña 8 anos. El é Antonio Flores, ela a tamén célebre actriz Alba Flores. Alba deixou de cantar ao perder a Antonio e agora disponse a recuperar a súa voz e a súa historia, preguntando por vez primeira aos seus familiares e amigos.
"Consegue emocionar moito, pero moito, e de paso dar a coñecer mellor o universo dos Flores"
(Oti Rodríguez Marchante, ABC)
4
Feb.
2026
Mérc.
«Maspalomas»
Logo de romper coa súa parella, Vicente (76) leva a vida que quere en Maspalomas: o seu día a día pásao deitado ao sol, de festa e na procura de pracer. Un accidente inesperado obrígao a regresar a San Sebastián e reencontrarse coa súa filla (Nagore Aranburu) a quen abandonou anos atrás. Vicente terá que vivir nunha residencia onde se verá empurrado a volver ao armario e a ocultar unha parte de si propio que cría resolta. Nesta nova contorna, Vicente deberá preguntarse se aínda está a tempo de se reconciliar cos demais... e consigo mesmo
Filme especialmente recomendado para o fomento da igualdade de xénero (ICAA)
"Os directores vascos ofrecen o seu mellor filme"
(Javier Zurro, Eldiario.es)
11
Feb.
2026
Mérc.
«Nouvelle vague»
Richard Linklater · (Francia-EUA, 2025) 105 min. B&N. RA 1,37:1 [+12] VOSE
A historia detrás da creación do movemento cinematográfico francés coñecido como Nouvelle Vague, centrándose na produción da revolucionaria película de Jean-Luc Godard “À bout de souffle” (Ao final da escapada) en 1959.
"Unha rendida, encantadora homenaxe. As simas profundas de "Nouvelle Vague", que se goza como unha comedia de lunáticos, é moito maior que a das súas aparencias. Unha xenuína festa do cinema"
(Carlos Reviriego, El Cultural)
> Media hora antes de cada sesión e ata 10 minutos antes, está dispoñible a inscripción e renovación de carnés de socios/as, con actualización das cotas anuais.
O acceso ás sesións dos mércores permanece invariable e indistintamente en 5 euros. En sesións de alta demanda, os/as socios/as terán acceso preferente ata 15 minutos antes da hora en que estea fixada a sesión.
Todas as proxeccións son no salón de actos da Casa da Cultura, onde estaba a Biblioteca Pública (rúa Concello 11 - Ourense). A capacidade da sala está limitada a 110 persoas por sesión.
Pregamos puntualidade.
Lembre que se vostede presenta síntomas de catarro, gripe ou COVID, pregamos use a máscara de protección dentro da sala para.
Os símbolos desta web son; VO; Versión orixinal, VOS (Versión orixinal subtitulada, en castelán VOSE, en galego VOSG), VD; versión orixinal ou dobrada cos mesmos patróns E español /G galego / CAT catalán / EUS euskera / E-Aame español americano / PT portugués.
A calificación por idades de cada filme sigue o seguinte patrón; [A] apta para todos os públicos, [+7] recomendado para maiores de 7 anos, [+12] recomendado para maiores de 12 anos, [+18] recomendado para maiores de 18 anos, e [ND] Non dispoñible ou [SC] sen clasificación no ICAA.
Cando se proxecte en resolución 4096 × 2160 px, farase constar /4K/. Cando sexa en celuloide 35 ou 16 mm, /Nº mm/ e sen constancia explícita; ésta será en VXGA (DVD,BluRay ou mp4). A diferencia entre a resolución da primeira e a última son 8 millóns de px fronte a dous millóns de px.(1,9 K).
A continuación, pode consultar aquí... a programación extraordinaria na que colabora o cineclube, o blog Sala de máquinas (que da acceso tamén ás follas de sala, organigrama e transparencia), clube de cine Nós #CCPF, a web da Biblioteca pública Nós, os cineclubes de Ourense (que da acceso tamén á Federación de cineclubes de Galicia), á base de datos do ICAA ou ás base de datos de filmaffinity e IMDB.
ADVERTENZAS:
Non se permite o acceso á sala unha vez comenzada a sesión. Tampouco se permite o uso do teléfono móbil unha vez comezada a proxección * sendo motivo en caso contrario de expulsión da sala, sen dereito á reclamación. (En caso de socio/-a será proposto de expulsión da asociación).
(*) Agás para os filmes con audiodescripción, así sinalizados [ AD))) ].
----------
(*) A audiodescripción estará disponible mediante a aplicación gratuita da fundación ONCE; "AUDESCMOBILE".
(Non é preciso software o hardware adicional. O/A usuario/a tan só ten que instalar a aplicación no seu móbil, descargar a audiodescripción da película que quere ver e unha vez na sala de cine, conectar os cascos e reproducir o arquivo. A audiodescripción comenzará e se sincronizará automáticamente coa película)
Horarios CUT+1

Ningún comentario:
Publicar un comentario