Amosando publicacións coa etiqueta Centro histórico. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Centro histórico. Amosar todas as publicacións

14/04/14

programación abril—maio 2014 (I)

Neste mes de abril, cúmprense os 40 anos da revolta dos caraveis.
, cun pasado militar semellante a España, porén foi quen de reescribir dignamente unha parte da súa historia, cunha frase veraz apenas en uso: «O povo é quen máis ordena».


cartaz programación abril-maio 2014 · cineclubePF
Deseño do cartaz: Iñaki Nóvoa (cineclupePF)

Precisamente, Portugal, comeza a pesares dos seus atrancos na súa economía, a ser centro de olladas periféricas, atrapadas entre a tradición e novos discursos estéticos dos cineastas lusos, que lamentablemente son pouco coñecidos e distribuidos en España. Non podemos amosar todos os que nos gustarían, precisamente polos avatares da distribución cinematográfica, mais sirva o programa que os presentamos, para así descubrir que fixeron e que é o que está a acontecer.
Excepcionalmente neste ocasión, hai proxeccións fora do ciclo, varían horas, sumamos días, e novos lugares, polo que pregámosvos unha atención especial aos seguintes detalles…



Sesións: *
Os luns ás 20:30 e 23 h. — Cota de entrada xeral: 2 
Os mércores ás 18, 20:30 e 23 h — Cota de entrada xeral: 4 
Sesións na universidade: «Clásicos do cinema português» ás 18 h. — Entrada de balde.

* Agás o luns 28 de abril, unha única sesión ás 20:30 h.
O luns de filmoteca do 5 e 12 de maio a entrada ás sesións é de balde.
Os socios e socias que asistan á sesión do luns, na mesma semana, teñen desconto dun euro na sesión dos mércores.

Lugares:
(casa da Cultura), rúa Concello 11
, Facultade de Ciencias da Educación - edificio de ferro, sala Emilia Pardo Bazán

Proxeccións en VO e VOS; filmes non recomendados para menores de 16 anos.
Lembrade por favor, que NON se permite a entrada unha vez comezada a proxección e a utilización de móbiles.


E de seguido, velaquí tedes a segunda parte do noso intenso programa primaveral que dimos por chamar «Portugal no coração», Márcia e Dead Combo poñen o son ao noso avance visual [.mp4 • 10'3 MB]  e como din no seu tema «Visões Ficções»… «São tudo fantasias que o cinema projectou no meu olhar».

Obrigado pola vosa asistencia.



Sesións de Filmoteca · abril—maio 2014 (I)

Proxéctase durante o mes de abril/maio do 2014 na Casa de Cultura, salón de actos da de Ourense (rúa Concello 11), os luns ás 20:30 e 23 h. (agás o luns 28 de abril que só hai unha sesión ás 20:30); cota xeral de 2  (agás os días 5 e 12 de maio que é de balde) os filmes seguintes …