«ciclo Magníficos»
Filmoteca CGAI
Extra: III ciclo de Cinema e Medicina
Despois da primavera, podes escoller entre o que está a florecer, ou sexa; elixir entre as mellores flores, que agroman da primavera. Os mulsumáns o chaman Ihsan, e ven a ser tamén o areté grego, que significa elixir a unha persoa, coas aptitudes excepcionais para un fin.
Pak Chan-Wook, Jim Jarmusch, Robert Guédiguian, Asghar Farhadi, Jean Pierre e Luc Dardenne e Paolo Virzí, son os nosos magníficos, con aptitudes excepcionais e unha chea de premios na súa carreira, que conforman a nosa despedida da primavera, elixindo flores de paixón, poesía e ledicia, para saudar a chegada do verán.
Como sempre, podes consultar toda a programación no avance visual [.mp4 • 20'7 MB]