24/06/21

X Marxes fílmicas (2021): Perú

A pesar de celebrar en varios anos consecutivos, un período de gran crecemento económico, (nos 90, chegou a ser comparado cos tigres de Asia) Perú sigue a sufrir a desigualdade e a inxustiza social.

Desde a segunda metade dos 90, podemos distinguir no cinema peruano, cinco campos: o primeiro dedicado a fórmulas comerciais que atraian ao público masivo; o segundo, que tamén busca a difusión pública pero sen pretensións de audiencia masiva e con temáticas ligadas ao cinema de autor; o terceiro, formado por cintas autoxestionadas que se estrean en espazos alternativos; o cuarto, relacionado co xénero documental e o quinto formado polas curtametraxes realizadas en universidades e institutos.

A selección realizada, busca un híbrido representativo sobre os diferentes campos mencionados, con autoras emerxentes e consagradas/os. É posible identificar unha tendencia para presentar personaxes que como consecuencia da expansión dunha economía neoliberal, vense obrigados a lidar coa cultura de transgresión que se fortaleceu no país durante os últimos vinte e cinco anos e que non atopan un lugar no sistema. Nos filmes seleccionados, existe unha énfase na informalidade e na constante violación ás normas que ten lugar no país e se condicen coas propostas académicas que indican que no Perú estendeuse unha cultura de transgresión pola ausencia dun Estado que impoña a lei. Pódese sinalar que contrapóñense ao discurso que indica que o ingreso do Perú ao mundo globalizado, realizado a través da implantación do modelo neoliberal, está a brindarlle oportunidades a todos os sectores sociais. Hai unha evidencia que diferentes segmentos da sociedade non se están a beneficiar do progreso que prometía o libre mercado. Pola contra, a tendencia é a sinalar que o modelo está a xerar individuos máis que cidadáns debido a que a cultura de transgresión empuxa ás persoas ao individualismo (evidentemente, isto sucede en máis países). Finalmente, en base á selección destas catro cintas poderíase dicir que o cinema peruano de autor está a manter a tradición de poñer en evidencia os problemas da sociedade e non se encola ao discurso do mercado.

Os filmes proxéctanse na segunda e terceira semana do mes de xullo, os luns e mércores, os días 5, 7, 12 e 14 de xullo do 2021 nunha única sesión, ás 22:00 h. en VOE e acceso de balde.

«Marxes Fílmicas 2021» realizado por Gael Carballo (cineclupePF)

Coma sempre antes do teatro da MIT, agardamos veros no patio do de

15/06/21

Sesións extraordinarias de xuño

A petición da comisión organizadora do Orgulho 2021 e do Colexio de médicos de Ourense, proxectaremos extraordinariamente dous filmes para tratar sobre a Lei de liberdade sexual e sobre a eutanasia (está última, vaise debatir en poucos días no Congreso). Atención aos días e horarios únicos, e diferentes, do acostumado.