06/06/24

XIII Marxes fílmicas 2024: Mirando a Palestina

Marxes fílmicas filisteas: Mirando a Palestina


Na décimo terceira edición das Marxes fílmicas filisteas miramos a Palestina, cuxo territorio a historiografía o sitúa en torno ao 1200 a. C. a aparición duns pobos, denominados «pobos do mar», grazas ás fontes exipcias, que ocasionaron a crise e desaparición de diferentes culturas, imperios e reinos que existiran durante o Bronce Recente, xurdindo así novas entidades políticas como é o caso dos filisteos cuns hábitos culturais novos. A actual rexión, recibíu diferentes nomes; Os exipcios chamáronlle Canaán, os hebreos Israel, e os romanos dividírona en tetrarquías, entre as que estiveron as de Galilea e Xudea para logo darlle o nome de Palestina. Pola súa banda, os cruzados denominárona Terra Santa que dicían defender a sangue e lume...e que aínda hoxe segue a ser fonte de conflicto permanente.




«Marxes fílmicas 2024»· cartel realizado por Gael Carballo (cineclubePF)


As Marxes fílmicas 2024, son en calquera caso catro miradas a Palestina sobre a poboación e os habitantes que sofren ese conficto eterno, os luns e mércores da segunda quincena de xuño, no patio do Museo etnolóxico de Ribadavia






17 Xuñ. 2024
Lun.

«Omar»

· (Palestina, 2013) 98 min. Cor. Dolby dixital. AR 2,35:1 [+16] VOSE

Omar está afeito esquivar as balas dos vixiantes cando agatuña polo muro para ir ver a Nadia, o seu amor secreto. Pero na Palestina ocupada non se pode amar abertamente nin facer a guerra de fronte. Alén do muro, o mozo panadeiro chamado Omar convértese nun guerreiro da liberdade que deberá enfrontarse a dolorosas decisións de vida ou morte. Cando é capturado despois dunha acción de resistencia, empeza un letal xogo do gato e o rato coa policía militar. As sospeitas e a traizón fan perigar a relación cos seus dous amigos de infancia, Amjad e Tarek, o irmán de Nadia. Os sentimentos de Omar acaban tan divididos como Palestina. Pero é obvio que todas as súas accións están guiadas polo seu amor a Nadia.

Premios
2013: Festival de Cannes: Premio do Xurado (Sección "Un Certain Regard")

"O filme está ben ambientado e producido e resulta moi eficaz na formulación dos seus conflitos, quizais precisamente por esquematizarlos un pouco. Ademais logra unha oportuna tensión nas escenas de persecución e encarceramento, conta con potentes interpretacións por parte dos seus novos actores, e termina dunha maneira tan inesperada como lóxica"
(Ignacio Navarro, elantepenultimomohicano.com)


SESIÓN:
COTA:
  22:00h. (CUT+2) «Museo etnolóxico» de Ribadavia
  De balde, até completar a capacidade




  19 Xuñ. 2024
Mérc.

«Etz limon» Os limoeiros

· (Israel, 2008) 106 min. Cor. Dolby dixital. AR 1,85:1 [+7] VOSE

Historia de ficción que consegue erixirse nun microcosmos das diverxencias entre palestinos e xudeus, debuxando as disputas pola terra, o medo, a protección e a negativa ao desprazamento. Unha muller palestina apela nos tribunais para evitar que tallen os limoneros da súa casa; as Árbores ameazan a seguridade do seu novo veciño, o ministro de defensa israelí.

Premios
2008: BERLINALE; Premio do público

"Ao través dunha pequena anécdota, a película logra con paciencia e perseveranza esbozar e humanizar a gravidade da situación en Oriente Próximo desde a mirada de dúas mulleres fortes, atractivas e valentes"
(Laura Montero Plata, filasiete.com)

SESIÓNS:
COTA:
 22:00h. (CUT+2) «Museo etnolóxico» de Ribadavia
  De balde, até completar a capacidade





24 Xuñ. 2024
Lun.

«La strada del Samouni» A familia Samuni

· (Italia, 1993) 128 min. Cor/B&N. Dolby dixital. AR 1,78:1 [+12] VOSG

Na periferia rural da cidade de Gaza, unha pequena comunidade de agricultores, a familia Samuni, disponse a celebrar unha voda. É a primeira festa desde a última guerra. Amal, Fuad, os seus irmáns e curmáns perderon a seus pais, os seus fogares e as súas oliveiras. O barrio no que viven está a ser reconstruído. Replantan as árbores e aran os campos, pero unha tarefa aínda máis difícil recae sobre estes mozos superviventes: reconstruír a súa propia memoria. A través dos seus recordos, A familia Samuni traza un profundo retrato dunha familia antes, durante e despois dos tráxicos sucesos que mudaron as súas vidas para sempre.

Premios
2019: Festival de Cannes; Mellor documental

"Un documental cheo de esperanza"
(Camillo de Marco, Cineuropa)


SESIÓN:
COTA:
  22:00h. (CUT+2) «Museo etnolóxico» de Ribadavia
  De balde, até completar a capacidade




  26 Xuñ. 2024
Mérc.

«Private» Domicilio privado

· (Italia, 2004) 90 min. Cor. Dolby Sr. AR: 1,85:1 [+12] VOSE

Mohamed é profesor de literatura nun dos institutos máis progresistas de Palestina. Vive nunha aldeíña coa súa esposa e os seus cinco fillos. A súa casa está illada de todo e situada a medio camiño entre un pobo palestino e un asentamento xudeu. A casa non tarda en converterse nun punto estratéxico e o exército israelí decide invadila.
O filme baséase en feitos reais, dos que o director foi testemuña.

Premios
2005: SEMINCI; Espiga de prata

"Domicilio privado como todo bo conto, suxire o xusto e sabe calar a tempo. O seu maior acerto, con todo, reside en mostrar de forma clara que o camiño da paz pasa inexorablemente por un exercicio de coñecemento entre invasores e invadidos"
(José Miguel Campos, filasiete.com)

SESIÓNS:
COTA:
 22:00h. (CUT+2) «Museo etnolóxico» de Ribadavia
  De balde, até completar a capacidade







As proxeccións das Marxes fílmicas son no patio do Museo Etnolóxico de Ribadavia (Rúa Santiago núm. 16, 32400 Ribadavia).

Pregamos puntualidade.

Os símbolos desta web son; VO; Versión orixinal, VOS (Versión orixinal subtitulada, en castelán VOSE, en galego VOSG), VD; versión orixinal ou dobrada cos mesmos patróns E español /G galego / CAT catalán / EUS euskera / E-Aame español americano / Pt portugués.

A calificación por idades de cada filme sigue o seguinte patrón; [A] apta para todos os públicos, [+7] recomendado para maiores de 7 anos, [+12] recomendado para maiores de 12 anos, [+18] recomendado para maiores de 18 anos, e [ND] Non dispoñible ou [SC] sen clasificación no ICAA.



Tamén podes consultar aquí... a programación extraordinaria na que colabora o cineclube, o blog Sala de máquinas (que da acceso tamén ás follas de sala, organigrama e transparencia), clube de cine Nós #CCPF, a web da Biblioteca pública Nós, os cineclubes de Ourense (que da acceso tamén á Federación de cineclubes de Galicia), á base de datos do ICAA ou ás base de datos de filmaffinity e IMDB.



ADVERTENZAS:
Como sempre no cine ao aire libre, a programación pode verse condicionada polas circunstancias meteorolóxicas.





Horarios CUT+2



Ningún comentario: