Grazas á colaboración coa Axencia galega de industrias culturais (AGADIC); dentro da programación descentralizada do Centro Galego das Artes da Imaxe (CGAI - Filmoteca de Galicia), proxéctase durante os meses de novembro e decembro na Casa de Cultura, salón de actos da Biblioteca Pública de Ourense (rúa Concello 11), os luns ás 20:30 e 23 h. os seguintes filmes …
01/11/18
Cine de outono - Miradas etnográficas 2018
Durante o mes de novembro de 2018 a 6ª edición do Cine de Outono - Miradas Etnográficas está adicada ao pasado, tan vixente no actual presente. Serán cuatro miradas de directoras e directores españois sobre o presente das tradicións, do pasado e inevitablemente das cuestión futuras.
As proxeccións serán de balde os venres ás 20.00 h, no Museo Etnolóxico de Ribadavia; o 9, 16, 23 e 30 de novembro.
De seguido o detalle da programación.
20/09/18
Outubro de 2018
Comedias de outuno
Filmoteca CGAI
Do mesmo xeito que a Traxedia, a Comedia persegue provocar emoción no espectador. Pero mentres que na primeira -dito en palabras de Valle Inclán- o autor contempla aos seus personaxes como forzas superiores gobernadas polo destino, no espazo da comedia "autor e personaxes conviven, o primeiro como titiriteiro e os segundos como marionetas", que ata podendo chegar a situacións esperpénticas, móstranse como seres libres, donos do seu propio destino e xa que logo, capaces de conducir o fío da trama (ás veces moi enmarañado) cara a un desenlace feliz.
Esa liberdade esencial que impregna o xénero fai da comedia o paraíso da versatilidade, a sorpresa, a xenialidade, os cambios de ritmo e o disparate.
Así, veremos un rei sen reino, os desvaríos do amor, a loita de egos,e as inseguridades das relacións nunha sociedade no abismo da inmadurez. De seguido o avance visual [.mp4 • 20'7 MB] da programación que vos presentamos, ambientado coa música de Ramón Mirabet "Happy days", do que esperamos o mesmo... días felices para este outono.
(Atentos, ao horario do 15 de outubro)
Comedias de outono
Proxéctanse os mércores de outubro de 2018, no salón de actos da Biblioteca pública de Ourense #CasaDaCultura (rúa Concello núm. 11) os seguintes filmes:

