27/07/13

Marxes fílmicas

Despois da estupenda repercusión do pasado ano, chega unha nova edición do ciclo adicado aos filmes que, sen distribución comercial, ou á marxe das narrativas convencionais, programamos de novo en Ribadavia, froito da complicidade co Museo Etnolóxico de Ribadavia, e nesta ocasión da inestimable colaboración do Instituto Goethe de Madrid.


As sesións serán todos os martes de agosto, ás 20:15 horas no Museo Etnolóxico de Ribadavia (cómo chegar? -mapa-).

A  entrada é gratuíta (Polo que pedimos a máxima puntualidade). 

Aqui o detalle do programado:

02/06/13

Queremos saber da túa opinión


Agradecemos moitísimo a túa asistencia, e queremos corrixir os erros cometidos, así como ter en conta os teus gustos e expectativas. Por iso -se non o fixeche no cine, na sesión de Holy Motors- estamos interesados en coñecer a vosa opinión como espectadores.

No seguinte ligazón da sala de máquinas do cineclube, temos unha enquisa para avaliar a programación do 2012-2013.

Moitas grazas anticipadas polo teu tempo.

Un saúdo da equipa do cineclube

27/04/13

Cinema de Autor (e II)


Co mes de maio, rematamos ciclo e tempada no Cinebox.

As cotas de entrada (4 euros xeral, e 3 euros reducida para estudantes universitarios con carné vixente, xubilados e parados) permancen invariables polo momento, do mesmo xeito que as sesións (18, 20:30 e 23 h.)

Este é o detalle do programado:

23/03/13

Cinema de Autor (I)

Deseño de Iñaki N Bastida
A pesar da decisión da Xunta de Galicia + Agadic, de non renovar o convenio que tiña suscrito, coa Federación de Cineclubes de Galicia, (Polo cal os cineclubes de toda Galicia proxectaban cine de calidade; 330 filmes o ano pasado, que foron vistas por máis de 25 mil persoas) continuamos coma sempre, no borde do precipio, ata a caída mortal.

A nivel local, tampouco soplan ventos ilusionantes, coa desaparición do consorcio do OUFF, e -sobre todo- dos traballadores do Festival internacional de cine, aos cales queremos darlle un GRAZAS moi grande, polo seu esforzo de profesionalidade, no máis adverso dos panoramas. (Nin que dicir ten, que no mesmo saco, metemos á oposición, pouco preocupada da política cultural da cidade)

Así pois, vitaminados da comedia, necesitamos reconstituíntes de carácter, para equilibrar a dose exacta de emocións que nos "iluminen" a realidade sucia que nos axexa.

Este é o noso repaso primaveral aos directores consagrados, xunto con autores novos nas pantallas do cineclube. Con eles, rematamos a primeira parte da témpada 2013 co ciclo denominado “CINE DE AUTOR”. 

As proxeccións, serán no Cinebox Ourense; Centro C. Pontevella, ás 18, 20:30 e 23 horas. (As cotas de entrada, de momento permanecen invariables, incluso para os descontos habituais)

Este é con detalle a programación de abril: