Grazas á colaboración coa Axencia galega de industrias culturais (AGADIC); dentro da programación descentralizada da Filmoteca de Galicia (CGAI), proxectamos durante o mes de xuño no salón de actos da Casa de Cultura (Rúa Concello núm. 11) de Ourense, o filme que segue…
(Atención ao horario diferente e a versión (dobrada) da película, dirixida principalmente ao público infantil.
28/05/21
Programación de xuño da Filmoteca de Galicia en Ourense
30/04/21
Programación de maio 2021
Filmoteca CGAI
Ciclo Wong Kar-Wai
A arte e a cultura non son un espello para reflectir a realidade, senón un martelo para darlle forma.
Na forxa do mes de maio temos principalmente 3 estilos, rubricados polas destacables figuras de Éric Rohmer e Wong Kar- Wai, xunto á novidade narrativa de Luís López Carrasco, premio Goya ao mellor documental, que pertence ao colectivo artístico Los Hijos.
O primeiro, caracterízase polo traballo con equipos domésticos, actores non profesionais, diálogos agudos e o naturalismo con que se presentan os problemas cotiáns, sobre todo afectivos, da xente moza.
O segundo, Wong Kar- Wai, é un cineasta de Hong Kong, recoñecido internacionalmente polo seu traballo altamente estilizado e emocionalmente resoante. As súas películas a miúdo presentan protagonistas que arelan o romance no medio dunha vida incompleta e digresiva. Wong Kar- Wai foi o primeiro director chinés en gañar o Premio ao Mellor Director do Festival de Cinema de Cannes.
Mentres a realizade é cincelada entre trincheiras, con algún necio gobernando e outros consentindo a morte cultural da cidade, sairemos sempre adiante, sairemos...da escura sala cantando por enriba dos sombríos tempos que estamos a vivir. A música que acompaña o
avance visual [.mp4 • 20'7 MB] deste mes, fala das agradables sombras que dan as maltratadas ábores. Sempre nos quedará a primavera, o vento e a poesía...xan ven o maio, de frores cuberto.
Ciclo Wong Kar-Wai
Proxéctanse os mércores de maio de 2021 (grazas ao convenio subscrito co AGADIC para recuperar a programación descentralizada do CGAI), no salón de actos da Casa da cultura de Ourense, onde estaba a Biblioteca (rúa Concello núm. 11) os seguintes filmes:
Sesións de filmoteca de maio do 2021
Grazas á colaboración coa Axencia galega de industrias culturais (AGADIC); dentro da programación descentralizada do Centro Galego das Artes da Imaxe (CGAI - Filmoteca de Galicia), proxéctanse os luns durante o mes de maio (aparte do ciclo de Wong Kar-Wai dos mércores) no salón de actos da Casa de Cultura (Rúa Concello núm. 11) de Ourense, os seguintes filmes…
(Atención ao horario diferente da primeira película co resto e das únicas sesións deste mes, ocasionado polas restriccións horarias da normativa sanitaria para facer fronte á pandemia do COVID)

