14/04/25

Primavera musical 2025


Chega a novena edición da Primavera musical aos bares habituais nos que programan concertos. Aparte da proxección na casa da cultura de Ourense (rúa Concello 11), hai música (e cine) no Café cultural Auriense, Café Pop Torgal, El Pueblo café cultural e como novidade, no Venrespirar que se celebra na praza da Estrela.

03/03/25

Programación de marzo e abril de 2025

Sesión maxistral infantil de filmoteca

Sesións de filmoteca

Sesións de ciclo

Sesión especial

Sesión maxistral

X Ciclo Colexio de médicos

Sesións extraordinarias [+]


Presentamos unha selección de filmes un pouco incompleta, que agardamos completar coa programación posterior á semana santa

Lamentablemente os avatares da distribución de filmes en España, non adoitan a facilitar o traballo altruista e voluntario dos cineclubistas... En calquera caso, agardemos gostedes da escolma de comedia, mesturada con documentais, sesións maxistrais, animación e drama. Atención á sesión especial coa que colaboramos na programación dos Amigos da república, así como das citas co X Ciclo do Colexio de médicos e algunha sesión extraordinaria máis pendente de fechar.

Como sempre tedes á vosa disposición as follas de sala e o avance en vídeo [.mp4 • 17'8 MB] que resume a programación que preparamos.




«Mar-Abr 2025»· (cineclupePF)

A continuación o detalle da programación que se estenderá até a semana santa.



Sesións de ciclo de marzo e abril de 2025

Dentro das habituais sesións dos mércores de ciclo, detallamos a continuación os filmes que proxectaremos entre marzo e abril de 2025, no salón de actos da Casa de Cultura (Rúa Concello núm. 11 de Ourense).


Podes consultar e descargar as follas de sala, aquí [Abre outra xanela]


Sesións de filmoteca de marzo e abril de 2025

Dentro das sesións de filmoteca, detallamos a continuación os filmes que proxectaremos entre o 15 de marzo e o 7 de abril de 2025, no salón de actos da Casa de Cultura (Rúa Concello núm. 11 de Ourense).


Podes consultar e descargar as follas de sala, aquí [Abre outra xanela]