Durante os mércores de outubro a decembro de 2022 proxectaremos o ciclo comedias de outono que a continuación detallamos; lembrando, que podedes consultar e descargar as follas de sala, aquí [Abre outra xanela]
12/10/22
Comedias de outono 2022
Luns de filmoteca de outubro a decembro de 2022
Grazas á colaboración coa Axencia galega de industrias culturais (AGADIC); dentro da programación descentralizada da Filmoteca de Galicia - CGAI, detallamos a continuación os filmes que proxectaremos entre outubro e decembro de 2022, no salón de actos da Casa de Cultura (Rúa Concello núm. 11 de Ourense).
Podes consultar e descargar as follas de sala, aquí
[Abre outra xanela]
X Miradas etnográficas. A terra que habitamos. Cine de outono en Ribadavia
No lonxano 2286 o señor Spock será o responsable de rescatar planeta das perturbacións que o alteran. A clave para estabilizalo será o canto das baleas, unha especie extinta séculos atrás. Para iso, embarcará na nave intergaláctica Enterprise rumbo ao San Francisco do ano 1986 cunha misión: salvar a terra.
A cuarta entrega Star Trek, dirixida polo propio Leonard Nimoy -o actor tras o entrañable Spock- en 1986, xa alertaba sobre os perigos que axexaban ao planeta. Estes foron en aumento a tal punto que, hoxe en día, os gobernos de medio mundo inclúen entre os seus programas "protocolos", "plans de acción" "alianzas estratéxicas" e outro tipo de analoxías para preservar os recursos da terra perante o irreversible cambio climático.
As voces da ciencia, da filosofía ou da socioloxía moderna urxen un cambio no pacto social. Avanzar cara a sociedades más xustas que garantan un reparto equitativo dos recursos. O cine, porén, só pode falar a través das imaxes en movemento. E iso é o que nos ofrece este ciclo de películas, que se celebra por décimo outono no Museo Etnolóxico de Ribadavia: catro 'miradas' sobre o noso planeta, a nosa relación con el e a que mantemos con nós mesmos.
Como será a vida en 2286? O certo é que en 2022 andamos enleados en guerras, que só fan ilustrar o noso fracaso.
Encomendémonos á misión do señor Spock.
28/06/22
XI Marxes fílmicas: Vietnam
A crúa guerra vivida en Vietnam no século pasado foi motivo de guión e argumento para moitas cintas. Se hai un título que a todo o mundo lle vén á cabeza nese sentido, é a inesquecible «Apocalypse Now» (Francis Ford Coppola, 1979), rodada porén en Filipinas. Ademais, outras moi famosas foron «Good Morning Vietnam» (Barry Levinson, 1987), «A chaqueta metálica» (Stanley Kubrick, 1987) ou «O cazador» (Michael Cimino, 1978). Con todo, pouco máis se sabe da historia deste país, onde sempre se contaron os relatos desde os ollos occidentais e que pouco a pouco foi quen de gañarse un oco na sétima arte asiática.
Algunhas das mellores películas dos últimos anos son as seguintes, e agardamos se aventuren connosco nesta viaxe ao sueste asiático desde o patio do Museo Etnolóxico de Ribadavia.
Os filmes proxéctanse na segunda e terceira semana do mes de xullo, luns e martes, os días 4, 5, 11 e 12 de xullo do 2022 nunha única sesión, ás 22:00 h., en VOSE (acceso de balde); no patio do Museo Etnolóxico de Ribadavia

