30/11/20

Programación de decembro de 2020


Ciclo 50

Filmoteca CGAI

Festival AMAL en ruta

Ciclo de Outono en Ribadavia

O documental do mes



Camiñamos cara o final deste longo ano, engadindo as últimas citas ás celebracións do 50 aniversario. Pregamos tamén atención ás datas do AMAL en ruta que coinciden no primeiro fin de semana co ciclo de outono en Ribadavia, retrasado polas circunstancias do COVID a este mes e con mudanza de lugar e horas. Agardamos o pasedes tan ben coa programación que festexam os 50 anos coma co resto.



Ciclo de outono en Ribadavia

Dadas as restriccións impostas a Ourense e Ribadavia co número de asistentes en espazos culturais, retrasamos a habitual cita de novembro no Museo etnolóxico de Ribadavia, para este mes de decembro e nun lugar e formato distinto.

Será en dous fins de semana na igrexa da Madalena, cun horario tamén alternativo para permitir cumprir outra das obrigas impostas, como é o toque de recolla.

Nesta caso o ciclo proposto é unha radiografia galega de cine que consideramos xa, uns clásicos. Pregamos atención ás medidas sanitarias para previr a expasión do COVID. As sesións teñen un aforo limitado, con profilaxis de mans no acceso, distancia de seguridade e obriga de máscara en todo momento.


O acceso é de balde e de seguido o detalle da programación.

30/10/20

Programación novembro de 2020


Ciclo 50

O documental do mes

Filmoteca CGAI



Comezamos un novo mes, engadindo novas citas ás celebracións do 50 aniversario. Pregamos atención ás posibles actualizacións que se poidan dar debido á evolución da pandemia en Ourense



Sesións de filmoteca de novembro e decembro 2020

Grazas á colaboración coa Axencia galega de industrias culturais (AGADIC); dentro da programación descentralizada do Centro Galego das Artes da Imaxe (CGAI - Filmoteca de Galicia), proxéctanse durante os meses de novembro e decembro os seguintes filmes; na Casa de Cultura, no salón de actos onde estaba a Biblioteca Pública, (rúa Concello 11 de Ourense)

Pregamos atención ás novas e actualizacións que se poidan dar pola evolución da pandemia en Ourense


05/10/20

Programación de outubro de 2020


Ciclo 50

O documental do mes

Filmoteca CGAI



Rematada a cita inevitable do pasado festival de cine na sala da Casa da cultura, retomamos o programación dos 50 anos, vixiando a evolución da pandemia en Ourense e reiterando a atención ás estrictas medidas de protección adoptadas fronte ao COVID polo cineclube; con aforo limitado ao 36% do total (só 40 butacas)*, espazo entre sesións para ventilación da sala, así como o prego de observar as recomendacións sanitarias. Pode consultarse o protocolo de seguridade adoptado polo cineclube, aquí [Abre outra xanela]


Actualmente (desde o 22/10/2020) o aforo máximo permitido non varia das 30 persoas para Ourense

**ACTUALIZACIÓN (26/10/20)
Diante da declaración do estado de alarma coa obriga do toque de recolla vixente, adiantamos a partir do martes 27 de outubro as sesións nunha hora (serán ás 17 e 20 horas), para así seguir mantendo a marxe de ventilación entre a primeira e segunda sesión da sala, e posibilitar o cumprimento das novas restriccións horarias, que se manterán até novo aviso, mentres dure a citada declaracións. A sesión do domingo será igualmente única, pero as 17 horas. Lamentamos loxicamente o incomodo e agardamos mentres sexa posible manter con seguridade e responsabilidade a programación planificada.


Sesión de filmoteca de outubro 2020

Grazas á colaboración coa Axencia galega de industrias culturais (AGADIC); dentro da programación descentralizada do Centro Galego das Artes da Imaxe (CGAI - Filmoteca de Galicia), proxéctanse durante o mes de outubro os seguintes filmes; na Casa de Cultura, no salón de actos onde estaba a Biblioteca Pública, (rúa Concello 11 de Ourense)



20/09/20

Programación de setembro 2020


Encontro de cineclubes

O documental do mes

Ciclo 50



A principios do curso 1970-71 naceu, como actividade cultural dentro da Escola de Maxisterio da que toma o seu nome; o Cineclube Padre Feijoo.

Herdeiro dunha tradición cineclubista na cidade que durante os sesenta foi representada polos cineclubes Ourense (de efémera vida, nado no verán de 1960 e fenecido pouco despois) e Miño (posto en marcha ao pouco de pechar o anterior, e aberto ata 1964).

O vídeo que resume brevemente a historía do cineclube, aquí. [Abre outra xanela]

Con esta efémeride, queríamos facer un encontro festivo de cineclubes de Galicia e doutras partes da península ibérica, porén as circunstancias e prudencia aconsellan unha celebración máis austera que imos programar para o vindeiro venres 18 e sábado 19 de setembro de 2020.

Presentaremos tamén as actividades conmemorativas que comezarán a partir do vindeiro martes 22 de setembro e esténdense ata o 22 decembro, sen apenas descanso e co ánimo de festexar medio século de existencia diante das adversidades.




«Encontro de cineclubes»· cartel deseñado por Leo Sousa


Invocamos unha atención ás estrictas medidas de protección adoptadas fronte ao COVID; con aforo limitado ao 36% do total (só 40 butacas) así como o prego de observar as recomendacións sanitarias. Pode consultarse o protocolo de seguridade adoptado polo cineclube, aquí [Abre outra xanela]



19/09/20

50 anos, 50 filmes



Cincuenta anos desde o inicio de todo na escola de maxisterio Padre Feijoo e cincuenta filmes para festexar medio século de existencia. A selección dolorosamente deixa moitas películas inesquecíbeis e abre unha luz sobre outras …grandes e oportunas para que as gocedes en pantalla grande (como debe ser).

Para que non perdas ningunha, podes descargar o seguinte arquivo [.ics · 98 kB] iCal e despois, terás que abrilo coa aplicación de calendario que dispoñas no teu trebello móbil (ou computadora).

Tamén tes a opción de descargar en PDF o listaxe completo [.pdf · 88 kB]



«50anos, 50 filmes» [ir.gl/50ccpf] cartaz deseñado por Leo Sousa (cineclupePF)


Dadas as particularidades deste magno ciclo festivo, pregamos unha atención especial aos días e horas de proxección, que se interpoñen ademais con outros ciclo previstos; Filmoteca do CGAI, o documental do mes e o ciclo de outono no Museo etnolóxico de Ribadavia, dos cales daremos cumprida información da programación mes a mes, tan axiña como sexa posible.

Deseguido o detalle da programación…



06/08/20

Cine de verán

Cumprindo o hábito estival, no verán da nova normalidade voltamos ao , nesta ocasión por avatares borbónicos máis actual e estimulante para as noites de verán; nunha única sesión, dos luns de agosto ás 21:30 h, acceso de balde e con limitación de aforo e obrigada separación de asentos.

(Podedes consultar o noso protocolo de seguridade; aquí)

«Cine de verán 2020» deseño de Iñaki Nóvoa (cineclupePF)



Tomen asento e sexan benvidas. As proxeccións serán na Praza da república (o novo espazo que hai entre a Biblioteca pública "Nós" e o Arquivo histórico provincial de Ourense), agás a primeira proxección que será na Asociación Andén primeiro; Av. Marín 23 de A Ponte.


De seguido o detalle da programación.

Protocolo de seguridade diante do COVID 19


Por mor da posible coincidencia masiva de persoas e da responsable prevención dos riscos asociados á transmisión da COVID-19, o Cineclube Padre Feijóo comunica o establecemento do seguinte protocolo e axusta os horarios de proxeccións co gallo de permitir unha organización na circulación de entrada e saída da sala.



PROTOCOLO E MEDIDAS DE HIXIENE DO CINECLUBE

Non se permite o acceso á sala ás persoas que presenten a seguinte sintomatoloxía: febre, calafríos, tos, sensación de falta de aire, diminución do olfacto e do gusto, dor de gorxa, dores musculares, dor de cabeza, debilidade xeral, diarrea ou vómitos.

Tampouco se permitirá o acceso a aquelas persoas que, sen presentaren os devanditos síntomas, estean á espera dun diagnóstico por ser consideradas caso sospeitoso ou probable de infección polo virus SARS-CoV-2 ou por ter infección respiratoria aguda grave con cadro clínico ou radiolóxico compatible con COVID-19, xa que deberían permanecer illadas ou en corentena.

De acordo co que se establece no apartado primeiro da Resolución do 25 de xuño de 2020 (DOG n.º 126 de 27 de xuño de 2020) do Acordo da XUNTA DE GALICIA de modificacións ao Acordo do 12 de xuño de 2020 sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada por COVID-19; é obrigatorio o uso de máscara hixiénica ou FFPP2/3 sen válvula exhalatoria durante o acceso, transcurso e saída da actividade de proxección.




Na cola de control de acceso á sala, disporase dunha distancia de seguridade de polo menos 1,5 metros de separación entre asistentes. Estes disporán de dispensadores de xel hidroalcohólico ou desinfectante con actividade virucida en condicións de uso.



Antes e despois de cada proxección, o Cineclube intensificará a limpeza e desinfección dos espazos comúns, tanto no acceso e saída da sala e baños, como butacas, portas e outros elementos de similares características.

Realizaranse tarefas de ventilación periódica nas instalacións e, como mínimo, entre cada sesión diaria e durante o tempo necesario para permitir a renovación do aire.

O uso dos aseos estará permitido soamente para unha persoa ao mesmo tempo, agás nos supostos de persoas que poidan precisar asistencia, que poderán levar un acompañante. Os aseos contan cun reforzo na limpeza e desinfección garantindo sempre o estado de salubridade e hixiene dos mesmos (para o que pregamos a colaboración das persoas usuarias).

Disporase de xabón e toallas de papel, así como de papeleiras nas que poder depositar panos e calquera outro material desbotable como as máscaras. Estas papeleiras serán limpadas de forma frecuente, e polo menos unha vez antes da sesión e ao rematar a mesma.

A apertura de portas realizarase con antelación dabondo para permitir un acceso gradual á sala, fixándose franxas horarias axeitadas para o acceso.






A saída do público ao termo do espectáculo debe realizarse de forma gradual por zonas, garantindo a distancia entre persoas.

Durante o proceso de atención e acomodación, gardarase entre o persoal do Cineclube e o público asistente a distancia de seguridade fixada polas autoridades sanitarias.

Aínda que as autoridades sanitarias recomendan a promoción da venda electrónica, dada a imposibilidade material da mesma para o Cineclube, as cotas de acceso ou tickets de sostemento da actividade realizaranse con despacho manual, garantíndose a hixiene cunha solución hidroalcohólica para a desinfección de mans. Existirá un panel de protección para garantir a separación entre o persoal do Cineclube e os espectadores.

A fin de minimizar os riscos, indicaremos un acceso á plataforma online desde onde se poden descargar as follas de sala de calquera sesión en dispositivos electrónicos.

Disporanse de carteis informativos nos puntos de acceso sobre as normas de obrigado cumprimento de a distancia mínima, uso de máscara e hixiene de mans (así como información da sintomatoloxía que previr e teléfonos de contacto das autoridades sanitarias).

O uso de luvas e máscaras será obrigatorio en tarefas de limpeza e desinfección. A secuencia será: limpeza (máis limpas a menos, de arriba a abaixo) e desinfección. Cambio periódico de dilucións e material de limpeza. Intensificaranse as tarefas nos baños e balcón de acceso ou punto de venda da entrada. 



O acceso á sala realizarase deseñando unha programación de pases escalada para asegurar unha distancia física de polo menos 1,5 metros no vestíbulo de entrada, reducindo o tempo de espera, de acordo coas recomendacións das autoridades sanitarias.

Durante os tránsitos de entrada e saída da sala, deberanse establecer normas para poder garantir o distanciamento físico dos asistentes: portas diferentes, disposición de tensores para independizar os percorridos, etc.

Aínda que a norma regula que para garantir a distancia de seguridade entre espectadores a capacidade máxima é do 75% da sala (84 butacas), o Cineclube reducirá a capacidade por sesión para salvagardar unha distancia de seguridade, facilitar a renovación de aire, limpeza e desinfección da sala, quedando afectado tan só 40 butacas dispoñibles por sesión (que pode reducirse dacordo a normativa vixente).



O control “in situ” na sala por persoal do Cineclube da correcta disposición dos asistentes, segundo os criterios de distanciamento físico anteriormente referidos, indicando o cambio de localización en caso de non cumprir coa distancia necesaria.

Antes da proxección, comunicaranse aos espectadores as medidas preventivas dispostas para mellorar a súa seguridade na sala, así como de normas que seguir para abandonala, respectando as medidas de distanciamento físico precisas. 

Pode descargar este protocolo, aquí [PDF - 115 Kb]

Tamén temos un vídeo, que resume as normas de comportamento para as sesións do cineclube. Podes velo, aquí

 








03/07/20

As clásicas Marxes Fílmicas

Volven nas noites de xullo as marxes fílmicas cunha selección de cine clásico de comedia que salpimente unha obrigada nova normalidade.

Esta só é unha pequena mostra dos filmes que avanzan os festexos que estamos a preparar para celebrar os 50 anos do cineclube. Coma sempre antes do teatro da MIT, agardamos veros no patio do de .

«Marxes Fílmicas 2020» deseño de Iñaki Nóvoa (cineclupePF)

Os filmes proxéctanse na segunda e terceira semana do mes de xullo, os luns e mércores, os días 6, 8, 13 e 15 de xullo do 2020 nunha única sesión, ás 22:00 h. en VOSE e acceso de balde.

De seguido o detalle da programación:

12/03/20

AVISO


ATENCIÓN: A pesar que o 12 de marzo de 2020, a Xunta de Galicia en relación a pandemia do COVID-19 (Coronavirus) dispón para os espazos pechados a reducción de aforo a 50 persoas e aínda que inicialmente pensamos en seguir as citadas instruccións, anunciamos con gran pesar o aprazamento de toda a programación prevista para marzo e abril como exercizo de prudencia e responsabilidade social.

Agardamos se comprenda, que entre todas as personas da cidade debemos reducir a exposición social, axudar a frear a curva de contaxios e con elo minimizar os riscos a outras personas máis débiles, coidando ademais así o sistema público de saúde para quen realmente o precisa.


Sentimos moitísimo o incomodo e tan pronto a cousa mellore, voltamos






#QuedamosNaCasa

20/02/20

Programación marzo - abril 2020


O documental do mes

Filmoteca

Sesións dos mércores

Sesión especial

VI Ciclo colexio de médicos

ATENCIÓN AVISO (12/03/2020)

A interrelación de causa-efecto dáse en todos os eventos da vida. Un pequeno cambio pode xerar grandes resultados ou, hipoteticamente, «o aleteo dunha bolboreta en Arxentina pode desatar unha tempestade en Arabia Saudi».

Presentamos unha selección de diversos e pequenos conflitos persoais que poden desembocar en grandes transformacións; só fai falta que aumente a intensidade ou os voos precisos para conseguilo.




«marzo/abril 2020»· cartel deseñado por Iñaki Nóvoa (cineclupePF)


Antes que comeze a fantasia primaveral, temos que soñar...o avance visual [.mp4 • 20'7 MB] convídavos á emoción da escuridade da sala, na procura de quiméricas viaxes desde a casa da cultura, onde estaba a Biblioteca.



Sesións dos mércores de marzo e abril de 2020

ATENCIÓN AVISO (12/03/2020)

Proxéctanse os mércores de marzo e abril de 2020, no salón de actos da Casa da cultura de Ourense, onde estaba a Biblioteca (rúa Concello núm. 11) os seguintes filmes:



Sesións de filmoteca de marzo de 2020

ATENCIÓN AVISO (12/03/2020)

Dentro das habituais sesións de filmoteca dos luns, proxectaremos os seguintes filmes durante o mes de marzo de 2020, no salón de actos da Casa de Cultura, onde estaba a Biblioteca (Rúa Concello núm. 11) de Ourense, os seguintes filmes…



16/01/20

Programación de xaneiro e febreiro de 2020

Filmoteca

VI Ciclo colexio de médicos

Sesións dos mércores

O documental do mes


Segundo Fellini, La Strada era un catálogo do seu mundo mítico, onde abundaban metáforas, poderosas e moitas veces irónicas. Para gañar a vida, Zampanó libérase das súas cadeas de aceiro, pero ten a súa asistente practicamente escravizada e tratada máis como un obxecto que como persoa. Nun nivel de obxectivación, podemos enseguida empatizar coa asistenta de Zampanó; pois cantas veces escoitamos aos libertadores das nosas opresión liberándonos, día e noite, coa complicidade dos medios de propaganda televisivos?

A televisión é o espello onde se reflicte a derrota de todo o noso sistema cultural. Comezamos a programación do ano, en que festexamos o noso 50 aniversario, gozosos de coincidir co centenario do nacemento de Fellini. Agardamos que a selección de filmes, que nunca verás nunha televisión privada, sirva para un punto de partida desta historia que comezou na escola de profesorado Padre Feijóo (na hoxe Escola Anexa) e onde o cineclube tomou o seu. Non hai final. Non hai comezo. É só a paixón infinita da vida.




«xaneiro/febreiro 2020»· cartel deseñado por Iñaki Nóvoa (cineclupePF)


Deixa que o ritmo do avance visual [.mp4 • 20'7 MB], atravese o teu corpo, da cabeza ata os pés...é tempo de soñar, bailar e brindar!



Sesións do mércores de xaneiro e febreiro de 2020

Proxéctanse os mércores de xaneiro e febreiro de 2020, no salón de actos da Casa da cultura de Ourense, onde estaba a Biblioteca (rúa Concello núm. 11) os seguintes filmes:



Sesións de filmoteca de xaneiro e febreiro de 2020

Dentro das habituais sesións de filmoteca dos luns, proxectaremos os seguintes filmes durante xaneiro e febreiro de 2020, no salón de actos da Casa de Cultura, onde estaba a Biblioteca (Rúa Concello núm. 11) de Ourense, os seguintes filmes…